Concellos de Galicia

entidade territorial administrativa en Galicia

En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.

Con respecto aos demais concellos do Estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021

Historia editar

En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime e desapareceron concellos (por exemplo, o de Cereixa na actual Pobra do Brollón[2]), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904), Teis e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña[3]. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Vilaoudriz. En 1853 o concello de Silleda tomou este nome ao mudarse a esta vila a capital desde Chapa. Entre 1840 e 1874 o concello do Incio tivo a súa capital en Rendar, con ese nome[4]. En 1904 o concello de Setados pasou a ter a capital nas Neves.

En 1916 un Real Decreto provocou o cambio de nome de quince concellos galegos, para evitar homonimias con outros de todo o Estado español.[5]. É o caso de Oza (Oza dos Ríos), Paderne (Paderne de Allariz), Vilameá (Villameá de Ramiranes, Vilameá de Ramirás), Antas (Antas de Ulla), Campo (Campo Lameiro), Cea (San Cristóbal de Cea, San Cristovo de Cea), Malpica (Malpica de Bergantiños), Monforte (Monforte de Lemos), Salceda (Salceda de Caselas), Viana (Viana del Bollo, Viana do Bolo), Acevedo (Acebedo del Río, Acevedo do Río), Nogales (Los Nogales, As Nogais), Salvaterra (Salvaterra de Miño), Vilamartín (Villamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras) e Vilanova dos Infantes (Vilanova).

En 1924 Mondariz-Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade, e en 1945 o concello de Trasparga pasou a chamarse Guitiriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Val do Dubra toma este nome ao mudarse alí a capital desde Buxán. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza-Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo-Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[6]

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz ou O Saviñao.

Lista de concellos editar

(Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación)

Concello Habitantes
(2017)
Superficie
(km²)
Capital[7] Comarca Provincia Alcaldía
Abadín 2.490 196 Abadín A Terra Chá Lugo Xosé María López Rancaño (PPdG; 1983-)
Abegondo 5.467 83,9 San Marco A Coruña A Coruña José Antonio Santiso Miramontes (PPdG; 2009-)
Agolada 2.431 147,8 Agolada O Deza Pontevedra Luís Calvo Miguélez (PAY; 2019-)
Alfoz 1.782 77,5 A Seara A Mariña Central Lugo Jorge Val Díaz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Allariz 6.026 86 Allariz Allariz - Maceda Ourense María Cristina Cid Fernández (BNG; 2019-)
Ames 30.835 80 Bertamiráns Santiago A Coruña José Miñones Conde (PSdeG; 2015-)
Amoeiro 2.231 39,7 Amoeiro Ourense Ourense Jose Luís González López (PSdeG; 2019-)
Antas de Ulla 2.059 103,6 Antas de Ulla A Ulloa Lugo Javier Varela Pérez (PPdG; 1999-)
Aranga 1.935 119,6 Ponte Aranga Betanzos A Coruña Alberto Platas (PPdG; 2011-)
Arbo 2.711 42,9 Arbo A Paradanta Pontevedra Horacio Gil (PPdG; 2014-)
Ares 5.658 18,3 Ares Ferrol A Coruña Julio Iglesias Redondo (PSdeG; 2007-)
A Arnoia 1.013 20,7 Outeiro Cruz O Ribeiro Ourense Rodrigo Aparicio Santamaría (PPdG; 2015-)
Arteixo 31.534 93,4 Arteixo A Coruña A Coruña Carlos Calvelo (PPdG; 2011-)
Arzúa 6.123 155,4 Arzúa Arzúa A Coruña Xosé Luís García López (BNG 2011-2015; AA 2015-)
Avión 1.860 120,5 San Xusto O Ribeiro Ourense Antonio Montero Fernández (PPdG; 2005-)
Baiona 12.169 34,5 Baiona Vigo Pontevedra Carlos Gómez Prado (PSdeG; 2015-)
Baleira 1.296 168,8 O Cádavo A Fonsagrada Lugo Ángel Martínez-Puga (PPdG; 2013-)
Baltar 957 94 Baltar A Limia Ourense José Antonio Feijoo Alonso (PPdG; 2007-)
Bande 1.618 99 Bande A Baixa Limia Ourense Sandra Quintás Vázquez (PPdG; 2019-)
A Baña 3.541 98 San Vicenzo A Barcala A Coruña José Antonio Pereira Gil (PSdG; 2019-)
Baños de Molgas 1.623 67,6 Baños de Molgas Allariz - Maceda Ourense Xaime Iglesias Pérez (BNG; 2015-)
Baralla 2.630 141,2 Baralla Os Ancares Lugo Miguel González Piñeiro (PPdG; 2019-)
Barbadás 10.791 30,2 Barbadás Ourense Ourense Xosé Carlos Valcárcel Doval (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Barco de Valdeorras 13.581 85,7 O Barco Valdeorras Ourense Alfredo García Rodríguez (PSdeG; 1999-)
Barreiros 2.948 72,4 San Cosme A Mariña Oriental Lugo Ana Belén Ermida Iglesias (BNG; 2019-)
Barro 3.699 37,6 Santo Antoniño Pontevedra Pontevedra Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG; 2015-)
Beade 411 6,4 Beade O Ribeiro Ourense Senén Pousa (PPdG; 1974-)
Beariz 982 56 Beariz O Carballiño Ourense Manuel Prado López (PPdG; 1983-)
Becerreá 2.856 172,1 Becerreá Os Ancares Lugo Manuel Martínez Núñez (PSdeG; 2007-)
Begonte 3.071 126,8 Begonte A Terra Chá Lugo José Ulla Rocha (PPdG; 2011-)
Bergondo 6.623 32,7 Carrio A Coruña A Coruña Alejandra Pérez Máquez (PSdeG; 2008-)
Betanzos 12.941 24,2 Betanzos Betanzos A Coruña María Barral Varela (PSdeG; 2019-)
Os Blancos 812 47,6 Os Blancos A Limia Ourense José Manuel Castro Blanco (APG 2011-2015, PPdG 2015-)
Boborás 2.375 87,8 Boborás O Carballiño Ourense Ana Patricia Torres Madureira (PPdG; 1991-)
Boimorto 2.040 82,4 Vilanova Arzúa A Coruña María Jesús Novo Gómez (PPdG; 2016-)
Boiro 18.885 86,6 Boiro A Barbanza A Coruña Jose Ramón Romero García (PSdG; 2019-)
A Bola 1.251 34,9 Campo de Veiga A Terra de Celanova Ourense María Teresa Barge Bello (IPB 2003-2007, BNG 2007-2015, PPdG 2015-)
O Bolo 938 91,2 O Bolo Valdeorras Ourense Manuel Corzo Macías (PPdG; 1999-)
Boqueixón 4.242 73,2 O Forte Santiago A Coruña Manuel Fernández Munín (PPdG; 2016-)
Bóveda 1.527 91,1 Bóveda Terra de Lemos Lugo José Manuel Arias López (PPdG; 1999-)
Brión 7.699 74,9 Pedrouzos Santiago A Coruña Pablo Lago Sanmartín (PSdeG; 2019-)
Bueu 12.145 30,8 Bueu O Morrazo Pontevedra Félix Juncal Novas (BNG; 2007-)
Burela 9.524 7,3 Burela A Mariña Central Lugo Alfredo Llano García (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Cabana de Bergantiños 4.347 99,8 A Carballa Bergantiños A Coruña José Muíño Domínguez (PPdG; 2003-)
Cabanas 3.314 30,3 Cabanas O Eume A Coruña Carlos Ladra Brage (PSdG; 2019-)
Caldas de Reis 9.825 68,2 Caldas de Reis Caldas Pontevedra Juan Manuel Rey Rey (PSdeG; 2007-)
Calvos de Randín 818 97,7 Calvos A Limia Ourense Aquilino Valencia Salgado (PSdeG; 2007-)
Camariñas 5.419 51,9 Camariñas A Terra de Soneira A Coruña Sandra Ínsua Rial (PSdeG; 2019-)
Cambados 13.900 23,4 Cambados O Salnés Pontevedra Fátima Abal Roma (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cambre 24.348 40,7 Cambre A Coruña A Coruña Óscar Alfonso García Patiño (UxC; 2015-)
Campo Lameiro 1.867 63,8 A Lagoa Pontevedra Pontevedra Carlos Costa Domínguez (PPdG; 2019-)
Cangas 26.490 38,1 Cangas O Morrazo Pontevedra Victoria Portas[8] (ACE-SON; 2021-)
A Cañiza 5.233 108,1 A Cañiza A Paradanta Pontevedra Luís Antonio Gómez Piña (PsdG; 2019-)
A Capela 1.247 58 As Neves O Eume A Coruña Manuel Meizoso López (PSdeG; 2011-)
Carballeda de Avia 1.356 47 Carballeda de Avia O Ribeiro Ourense Luís Milia Méndez (PSdeG; 2001-)
Carballeda de Valdeorras 1.623 222,7 Sobradelo Valdeorras Ourense María Carmen González Quintela (PPdG; 1991-)
Carballedo 2.266 138,8 A Barrela Chantada Lugo Julio Yebra-Pimentel (PPdG; 1983-)
O Carballiño 13.854 54,4 O Carballiño O Carballiño Ourense Francisco Fumega Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carballo 31.195 186,8 Carballo Bergantiños A Coruña Evencio Ferrero Rodríguez (BNG; 2003-)
Cariño 4.004 46,8 Cariño Ortegal A Coruña José Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carnota 4.060 70,9 Carnota Muros A Coruña Juan Manuel Saborido Rama (PSdG; 2019-)
Carral 6.237 48 Carral A Coruña A Coruña Francisco Javier Gestal Pose (AV; 2019-)
Cartelle 2.683 94,3 Outomuro A Terra de Celanova Ourense Jaime Sousa Seara (PPdG; 2017-)
Castrelo de Miño 1.445 39,7 Barral O Ribeiro Ourense Avelino Pazos Pérez (PPdG; 2019-)
Castrelo do Val 1.028 122 Castrelo do Val Verín Ourense Vicente Gómez García (PSdeG; 2007-)
Castro Caldelas 1.298 87,6 O Castro de Caldelas A Terra de Caldelas Ourense Sara Inés Vega Núñez (PSdeG-PSOE; 2014-)
Castro de Rei 5.013 177 Castro de Rei A Terra Chá Lugo Francisco Balado Teijeiro (PPdG; 2011-)
Castroverde 2.676 174,2 Castroverde Lugo Lugo Xosé María Arias Fernández (PSdeG; 1999-)
Catoira 3.337 29,4 Catoira Caldas Pontevedra Alberto García García (PSdeG; 1989-)
Cedeira 6.888 85,4 Cedeira Ferrol A Coruña Pablo Diego Moreda Gil (PSdeG; 2015-)
Cee 7.539 57,5 Cee Fisterra A Coruña Margarita Lamela Louzán (PSOE; 2019-)
Celanova 5.455 67,3 Celanova A Terra de Celanova Ourense Antonio Puga Rodríguez (CD; 2019-)
Cenlle 1.176 29 Cenlle O Ribeiro Ourense José Manuel Rodríguez Lamas (PPdG; 2019-)
Cerceda 4.992 110,9 Cerceda Ordes A Coruña Juan Manuel Rodríguez García (PSdG; 2019-)
Cerdedo-Cotobade 6.107 214,50 A Chan Pontevedra - Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Jorge Cubela López [9] (PP; 2016-)
Cerdido 1.170 52,7 As Felgosas Ortegal A Coruña Benigno Galego Castro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cervantes 1.423 277,6 San Román Os Ancares Lugo Benigno Gómez Tadín (PSdeG; 2007-)
Cervo 4.274 78,3 Cervo A Mariña Occidental Lugo Alfonso Villares Bermúdez (PPdG; 2007-)
Chandrexa de Queixa 494 171,8 Celeiros A Terra de Trives Ourense Francisco Rodríguez Rodríguez (PPdG; 1991-)
Chantada 8.371 176,7 Chantada Chantada Lugo Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (INTA; 2011-2019; PPdG 2019-)
Coirós 1.801 33,9 Coirós Betanzos A Coruña Francisco Quintela Requeijo (PPdG; 1991-)
Coles 3.077 38,1 Vilarchao Ourense Ourense Manuel Rodríguez Vázquez (PSdeG; 2007-)
Corcubión 1.592 6,5 Corcubión Fisterra A Coruña Manuel Insua Insua (PSdeG; 2015-)
O Corgo 3.523 157,3 O Corgo Lugo Lugo Felipe Labrada Reija (PPdG; 2019-)
Coristanco 6.313 141,1 San Roque Bergantiños A Coruña Juan Carlos García Pose (PPdG; 2019-)
Cortegada 1.125 26,9 Cortegada O Ribeiro Ourense Avelino de Francisco Martínez (PSdeG-PSOE 2007-2015, PPdG 2015-)
A Coruña 244.099 37,83 A Coruña A Coruña A Coruña Inés Rey (PSdeG/PSOE; 2020-)
Cospeito 4.665 144,8 A Feira do Monte A Terra Chá Lugo Armando Castosa Alvariño (PPdG; 1991-)
Covelo 2.505 125,3 Santiago de Covelo A Paradanta Pontevedra Pablo Castillo (PPdG; 2014-)
Crecente 2.082 57,5 Crecente A Paradanta Pontevedra Julio César García-Luengo Pérez (PPdG; 2007-2014 e 2015-)
Cualedro 1.721 117,6 Cualedro Verín Ourense Luciano Rivero Cuquejo (PPdG; 2006-)
Culleredo 29.982 62,3 Tarrío A Coruña A Coruña José Ramón Rioboo Castro (PSdeG; 2019-)
Cuntis 4.750 79,8 Cuntis Caldas Pontevedra Manuel Campos Velay (PSdeG-PSOE; 2015-)
Curtis 3.968 116,6 Teixeiro Betanzos A Coruña Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdG; 2001-)
Dodro 2.832 36,1 Tallós O Sar A Coruña Francisco Xabier Castro Tourís (PSdG; 2019-)
Dozón 1.179 74,2 O Castro O Deza Pontevedra Adolfo Campos Vázquez (PPdG; )
Dumbría 3.053 124,7 Dumbría Fisterra A Coruña José Manuel Pequeño Castro (PSdeG; 1983-)
Entrimo 1.184 85,4 A Terrachá A Baixa Limia Ourense Ramón Alonso López (PSdeG; 2003-)
Esgos 1.154 37,8 Esgos Ourense Ourense Mario Rodríguez González (PPdG; 2011-)
A Estrada 20.700 281,8 A Estrada Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra José Carlos López Campos (PPdG; 2011-)
Fene 13.110 26,3 Fene Ferrol A Coruña Juventino Trigo Rey (BNG; 2015-)
Ferrol 67.569 82,6 Ferrol Ferrol A Coruña Ángel Manuel Mato Escalona (PSdeG; 2015-)
Fisterra 4.734 29,4 Fisterra Fisterra A Coruña José Marcote Suárez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Folgoso do Courel 1.025 192,8 Folgoso do Courel Quiroga Lugo Dolores Castro Ochoa (PPdG; 2009-)
A Fonsagrada 3.670 438,4 A Fonsagrada A Fonsagrada Lugo Carlos López López (PSdeG)
Forcarei 3.523 168,4 Forcarei Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Verónica Pichel Guisande (PSdG; 2012-)
Fornelos de Montes 1.694 83,1 Fornelos de Montes Vigo Pontevedra Emiliano Lage Rodríguez (PSdeG; 2011-)
Foz 9.931 100,3 Foz A Mariña Central Lugo Javier Jorge Castiñeira (PPdG; 2011-)
Frades 2.422 81,7 Cimadevila Ordes A Coruña Roberto Rey Martínez (PPdG; 2012-)
Friol 3.842 292,3 Friol Lugo Lugo José Ángel Santos Sánchez (PPdeG; 2015-)
Gomesende 778 28,3 Sobrado A Terra de Celanova Ourense Pura Rodríguez Álvarez (PPdG; 2007-)
Gondomar 14.233 74,5 Gondomar Vigo Pontevedra Juan Francisco Ferreira González (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Grove 10.746 21,9 O Grove O Salnés Pontevedra José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
A Guarda 10.051 20,5 A Guarda O Baixo Miño Pontevedra Antonio Lomba Paz (PSdeG-PSOE; 2015-)
A Gudiña 1.360 171,4 A Gudiña Viana Ourense José María Lago Cabo (PP; 2016-)
Guitiriz 5.512 293,7 Guitiriz A Terra Chá Lugo María Sol Morandeira Morandeira (PSdeG-PSOE; 2019-)
Guntín 2.780 154,8 Guntín de Pallares Lugo Lugo Mª José Gómez Rodríguez (PPdG; 2019-)
A Illa de Arousa 4.968 7 Arousa O Salnés Pontevedra Carlos Iglesias Cores (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Incio 1.667 146,2 A Cruz do Incio Sarria Lugo Héctor Manuel Corujo González (PPdeG; 2019-)
O Irixo 1.519 121 O Irixo O Carballiño Ourense Susana Iglesias Nogueira (XPI; 2023-)
Irixoa 1.361 68,6 O Pazo de Irixoa Betanzos A Coruña Antonio Deibe Sanmartín (PPdG; 2005-)
Lalín 20.075 326,8 Lalín O Deza Pontevedra José Crespo Iglesias (PPdG; 2019-)
A Lama 2.478 111,8 A Lama Pontevedra Pontevedra Jorge Canda Martínez (PPdG; 1999-)
Láncara 2.696 121,7 A Pobra de San Xiao Sarria Lugo Darío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE; 2007-2009 e 2015-)
A Laracha 11.281 125,8 A Laracha Bergantiños A Coruña José Manuel López Varela (PPdG; 1999-)
Larouco 472 23,7 Larouco Valdeorras Ourense Patricia Lamelas Rodríguez (PPdG; 2019-)
Laxe 3.090 36,9 Laxe Bergantiños A Coruña José Luis Pérez Añón (PPdeG; 2019-)
Laza 1.331 215,9 Laza Verín Ourense José Ramón Barreal (PPdG; 2011-)
Leiro 1.601 38,3 Leiro O Ribeiro Ourense Francisco José Fernández Pérez (PPdG; 1995-)
Lobeira 825 68,9 A Vila A Baixa Limia Ourense Antonio Iglesias Álvarez (PPdG; 2015-)
Lobios 1.795 168,4 Fondevila A Baixa Limia Ourense María del Carmen Yáñez Salgado (PPdG; 2011-)
Lourenzá 2.224 62,6 Lourenzá A Mariña Central Lugo Rocío López García (PSdeG-PSOE; 2015-)
Lousame 3.447 93,6 Portobravo Noia A Coruña Teresa Villaverde Pais (PPdG; 2012-)
Lugo 97.995 329,78 Lugo Lugo Lugo Lara Méndez López (PSdeG-PSOE; 2015-)
Maceda 2.924 101,9 Maceda Allariz - Maceda Ourense Rubén Quintas Rodríguez (PPdG; 2015-)
Malpica de Bergantiños 5.518 61,4 Malpica Bergantiños A Coruña Walter Pardo Añón (PSdeG-PSOE; 2019-)
Manzaneda 906 114,6 Manzaneda A Terra de Trives Ourense Amable Fernández Basalo (PSdeG-PSOE; 2019- )
Mañón 1.391 82,2 Caión Ortegal A Coruña Alfredo Dovale Pereira (PPdG)
Marín 24.637 36,7 Marín O Morrazo Pontevedra María Pilar Ramallo Vázquez (PPdG; 2011-)
Maside 2.797 40 Maside O Carballiño Ourense José/Juan Manuel Iglesias Araújo (PSOE)
Mazaricos 4.014 187,3 A Picota O Xallas A Coruña Juan José Blanco Riveiro (BNG; 2015-)
Meaño 5.318 27,8 As Covas O Salnés Pontevedra Carlos Viéitez Fernández (PPdG)
Meira 1.726 46,5 Meira Meira Lugo Antonio de Dios Álvarez (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Meis 4.788 52,4 O Mosteiro O Salnés Pontevedra Marta Giráldez Barral (PSdG)
Melide 7.503 101,3 Melide A Terra de Melide A Coruña José Manuel Pérez Penas (AMLD)
Melón 1.254 53,4 Melón O Ribeiro Ourense Emilio Luís Díaz Vidal (PSdG)
A Merca 1.924 51 Merca A Terra de Celanova Ourense José Manuel Garrido Sampedro (PPdG; 2003-)
Mesía 2.637 106,8 A Pobra Ordes A Coruña Mariano Iglesias Castro (PSdeG; 2007-)
A Mezquita 1.034 104,3 A Mezquita Viana Ourense Rafael Pérez Vázquez (BNG; 2011-)
Miño 5.905 33 A Carreira Betanzos A Coruña Manuel Vázquez Faraldo (PSdG)
Moaña 19.439 35,1 Moaña O Morrazo Pontevedra Leticia Santos Paz (BNG; 2015-)
Moeche 1.230 48,5 San Ramón Ferrol A Coruña Beatriz Bascoy Maceiras (BNG; 2015-)
Mondariz 4.548 85,1 Mondariz O Condado Pontevedra Xosé Emilio Barros Bello (BNG)
Mondariz-Balneario 627 2,3 Mondariz-Balneario O Condado Pontevedra José Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdG; 1983-)
Mondoñedo 3.722 142,7 Mondoñedo A Mariña Central Lugo Manuel Ángel Otero Legide (PPdG)
Monfero 1.985 171,7 Rebordelo O Eume A Coruña Andrés Feal Varela (PSdeG-PSOE; 1987-2011 e 2015-)
Monforte de Lemos 18.783 199,5 Terra de Lemos Lugo José Tomé Roca (PSdeG-PSOE; 2015-)
Montederramo 760 135,6 A Terra de Caldelas Ourense Antonio Rodríguez Álvarez (PPdG; 1991-)
Monterrei 2.655 119,1 Monterrei Verín Ourense José Luís Suárez Martínez (PPdG; 2015-)
Monterroso 3.678 114,6 Monterroso A Ulloa Lugo Rocío Seijas Vázquez (independente)
Moraña 4.246 41,3 Santa Lucía de Moraña Caldas Pontevedra José Cela Camiño (PPdG)
Mos 15.132 53,2 Reguengo Vigo Pontevedra Nidia Arévalo (PPdG; 2008-)
Mugardos 5.303 12,8 Mugardos Ferrol A Coruña Juan Domingo de Deus Fonticoba ([PPdG)
Muíños 1.514 109,7 Mugueimes A Baixa Limia Ourense Plácido Álvarez Dobaño (PPdG; 1995-)
Muras 648 163,8 Muras A Terra Chá Lugo Manuel Requeijo Arnejo (BNG; 2015-)
Muros 8.792 72,9 Muros Muros A Coruña María Inés Monteagudo Romero (PPdG)
Muxía 4.852 121,3 Muxía Fisterra A Coruña Santiago Manuel Toba Campaña (PSdeG)
Narón 39.280 67 Narón Ferrol A Coruña Marian Ferreiro Díaz (TEGA)
Navia de Suarna 1.140 242,6 A Proba Os Ancares Lugo José Fernández Fernández (PSdeG; 2007-)
Neda 5.165 23,8 Neda Ferrol A Coruña Ángel Alvariño Saavedra (PSdeG-PSOE; 2015-)
Negreira 6.883 115,1 Negreira A Barcala A Coruña Manuel Ángel Leis Míguez (PSdeG-PSOE)
Negueira de Muñiz 219 72,3 Negueira A Fonsagrada Lugo José Manuel Braña (PSdeG; 2003-)
As Neves 3.968 65,5 As Neves O Condado Pontevedra Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG; 2015-)
Nigrán 17.622 34,8 Nigrán[10] Vigo Pontevedra Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE; 2015-)
As Nogais 1.146 110,3 As Nogais Os Ancares Lugo Jesús Núñez Díaz (PPdG; 2011-)
Nogueira de Ramuín 2.033 98,3 Luíntra Ourense Ourense César Parente Pérez (PPdG; 2011-)
Noia 14.295 37,2 Noia Noia A Coruña José Santiago Freire Abeijón (PP; 2016-)
Oia 3.004 83,3 O Arrabal O Baixo Miño Pontevedra Cristina Correa Pombal (PPdG; 2015-)
Oímbra 1.818 71,9 Verín Ourense Ana María Villarino Pardo (PPdG; 2015-)
Oleiros 35.198 43,8 A Coruña A Coruña Ángel García Seoane (AV; 2003-)
Ordes 12.580 157,3 Ordes A Coruña José Luis Martínez Sanjurjo (PPdG; 2015-)
Oroso 7.452 72,1 Sigüeiro Ordes A Coruña Luis Rey Villaverde (PSdeG)
Ortigueira 5.966 210 Ortegal A Coruña Juan Vicente Penabad Muras (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ourense 105.636 84,5 Ourense Ourense Ourense Gonzalo Pérez Jácome (DO; 2019-)
Ourol 1.016 142,1 A Mariña Occidental Lugo José Luis Pajón Camba (PSdeG-PSOE; 2015-)
Outeiro de Rei 5.063 134,2 Lugo Lugo José Pardo Lombao (PPdG; 1998-)
Outes 6.514 99,7 A Serra de Outes Noia A Coruña Manuel González López (CO)
Oza-Cesuras 5.133 151,8 Oza Betanzos A Coruña José Pablo González Cacheiro (PPdG; 2013-)
Paderne 2.441 39,8 O Consistorio Betanzos A Coruña César Longo Queijo (PSdeG; 1999-)
Paderne de Allariz 1.414 38,8 Allariz - Maceda Ourense José Manuel Fernández Gómez (PPdG; 2007-)
Padrenda 1.838 57 A Terra de Celanova Ourense Manuel Pérez Pereira (PPdG; 1991-)
Padrón 8.463 48,4 O Sar A Coruña Antonio Fernández Angueira (PPdG; 2011-)
Palas de Rei 3.489 199,7 A Ulloa Lugo Pablo José Taboada Camoira (PPdG; 2011-)
Pantón 2.565 143,2 O Castro de Ferreira Terra de Lemos Lugo José Luis Álvarez Blanco (PPdG; 2007-)
Parada de Sil 593 62,4 A Terra de Caldelas Ourense Aquilino Domínguez Díaz (PSdeG-PSOE)
Paradela 1.851 121,1 Sarria Lugo José Manuel Mato Díaz (PPdG; 1979-)
O Páramo 1.420 74,8 O Campo da Feira Sarria Lugo José Luis López López (Todo Polo Páramo)
A Pastoriza 3.133 175 A Terra Chá Lugo Primitivo Iglesias Sierra (PSdeG; 2007-)
Pazos de Borbén 2.991 50 Pazos Vigo Pontevedra Andrés Iglesias Rodríguez (PPdG; 1999-)
Pedrafita do Cebreiro 1.070 104,9 Os Ancares Lugo José Luis Raposo Magdalena (PSdeG; 1986-)
O Pereiro de Aguiar 6.228 60,9 Ourense Ourense Luís Menor Pérez (PPdG)
A Peroxa 1.902 54,5 Ourense Ourense Manuel Seoane Rodríguez (PPdG; 1979-)
Petín 921 30,5 Valdeorras Ourense Miguel Bautista Carballo (PSdeG; 1999-)
O Pino 4.644 131,9 Arzúa A Coruña Manuel Taboada Vigo (PPdG; 1995-)
Piñor 1.172 52,7 O Carballiño Ourense José Luís González Rodríguez (PPdG; 2015-)
A Pobra de Trives 2.150 84,2 A Terra de Trives Ourense Patricia Domínguez Barja (PSdG-PSOE)
A Pobra do Brollón 1.709 176,7 Terra de Lemos Lugo Xosé Lois Maceda Vilariño (BNG; 2007-)
A Pobra do Caramiñal 9.440 32,4 A Barbanza A Coruña Xosé Lois Piñeiro García (Nós Pobra; 2015-)
Poio 16.871 33,9 Pontevedra Pontevedra Luciano Sobral (BNG; 1995-)
Pol 1.663 125,9 Meira Lugo Lino Rodríguez Ónega (PSdeG; 2007-)
Ponte Caldelas 5.562 87 Pontevedra Pontevedra Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ponteareas 22.893 125,6 Ponteareas O Condado Pontevedra María Cristina Fernández Davila (BNG)
Ponteceso 5.613 91,9 Bergantiños A Coruña Lois García Carballido (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontecesures 3.037 6,7 Caldas Pontevedra Juan Manuel Vidal Seage (PP; 2016-)
Pontedeume 7.937 29,3 O Eume A Coruña Bernardo Fernández Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontedeva 570 9,9 A Terra de Celanova Ourense José Carlos Guerrero Salgado (PPdG)
A Pontenova 2.330 135,8 A Mariña Oriental Lugo Darío Campos Conde (PSdeG; 2007-)
As Pontes de García Rodríguez 10.324 249,4 O Eume A Coruña Valentín González Formoso (PSdeG; 2007-)
Pontevedra 82.671 118,3 Pontevedra Pontevedra Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores (BNG; 1999-)
Porqueira 848 43,4 A Limia Ourense Susana Vázquez Dorado (PPdG; 2003-)
O Porriño 19.600 61,2 O Porriño Vigo Pontevedra Alejandro Lorenzo Alonso (PPdG; 2021-)
Portas 3.016 22,6 Caldas Pontevedra Ricardo Martínez Chantada (PPdG)
Porto do Son 9.271 94,6 Noia A Coruña Luís Oujo (PPdG; 2011-)
Portomarín 1.508 115,1 Lugo Lugo Pablo Rivas (PPdeG); 2021-
Punxín 713 17,1 O Carballiño Ourense Manuel Vázquez Fernández (PPdG; 2011-)
Quintela de Leirado 615 31,3 A Terra de Celanova Ourense José Antonio Pérez Cortés (PPdG; 1979-)
Quiroga 3.328 317,4 Quiroga Lugo Julio Álvarez Núñez (PPdG; 1987-)
Rábade 1.519 5,2 Lugo Lugo Francisco Fernández Montes (IR; 1999-)
Rairiz de Veiga 1.330 72,4 A Limia Ourense Josefa Asunción Morgade Rúa (PPdG; 2015-)
Ramirás 1.550 40,7 O Picouto A Terra de Celanova Ourense Isabel Gil Álvarez (PSdeG-PSOE)
Redondela 29.392 52,1 Redondela Vigo Pontevedra Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE)
Rianxo 11.188 58,8 A Barbanza A Coruña Adolfo Muíños (BNG; 2011-)
Ribadavia 5.095 25,2 O Ribeiro Ourense Noelia Rodríguez Travieso (PSdeG-PSOE)
Ribadeo 9.962 108,9 A Mariña Oriental Lugo Fernando Suárez Barcia (BNG; 2007-)
Ribadumia 5.081 19,7 Barrantes O Salnés Pontevedra David Castro Mougán (IR; 2015-)
Ribas de Sil 980 67,8 Quiroga Lugo Miguel Ángel Sotuela Vega (PSdeG; 1997-)
Ribeira 27.159 69 A Barbanza A Coruña Manuel Ruiz Rivas (PPdG; 2011-)
Ribeira de Piquín 554 73 O Chao de Pousadoiro Meira Lugo Roberto Fernández Rico (PSdeG-PSOE; 2015-)
Riós 1.609 114,4 Verín Ourense Francisco Armando Veiga Romero (PPdG; 1995-)
Riotorto 1.288 66,3 As Rodrigas Meira Lugo Clemente Iglesias González (PPdG; 2015-)
Rodeiro 2.567 154,9 O Deza Pontevedra Rubén Porfirio Quintá Quintá (PPdG)
Rois 4.627 92,8 Samil O Sar A Coruña Ramón Tojo Lens (PPdG; 2007-)
O Rosal 6.328 44,1 O Baixo Miño Pontevedra Ánxela Fernández Callis (BNG)
A Rúa 4.459 35,9 Valdeorras Ourense Álvaro José Fernández López (PPdG)
Rubiá 1.462 100,7 Valdeorras Ourense Elías Rodríguez Núñez (PPdG; 2003-)
Sada 15.242 27,4 A Coruña A Coruña Benito Portela Fernández (Sadamaioría; 2015-)
Salceda de Caselas 9.017 35,9 Vigo Pontevedra Verónica Tourón Domínguez (PSdeG-PSOE)
Salvaterra de Miño 9.657 62,5 O Condado Pontevedra Marta Valcárcel Gómez (PPdG)
Samos 1.343 136,6 Sarria Lugo Julio Gallego Moure (PSdeG; 2007-)
San Amaro 1.112 28,9 O Carballiño Ourense Rubén Gómez González (PSdeG-PSOE)
San Cibrao das Viñas 5.184 39,5 Ourense Ourense Manuel Pedro Fernández Moreiras (PPdG; 2011-)
San Cristovo de Cea 2.241 93,9 O Carballiño Ourense José Luís Valladares Fernández (PPdG; 1991-)
San Sadurniño 2.877 99,7 Ferrol A Coruña Secundino García Casal (BNG; 2007-)
San Xoán de Río 561 61,1 A Terra de Trives Ourense José MiguelPérez Blecua (RÍO)
Sandiás 1.261 52,8 A Limia Ourense Felipe Traveso García (AGRELSAN; 2015-)
Santa Comba 9.477 203,7 O Xallas A Coruña Alberto Romar Landeira (PSdG; 2023-)
Santiago de Compostela 96.456 220,6 Santiago de Compostela Santiago A Coruña Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)
Santiso 1.630 67,4 A Terra de Melide A Coruña Manuel Adán López (BNG; 2015-)
Sanxenxo 17.241 45,1 O Salnés Pontevedra Telmo Martín González (PP; 1999-2006 e 2017-)
Sarreaus 1.220 77,3 A Limia Ourense Gumersindo Lamas Alvar (PPdG; 1991-)
Sarria 13.359 184,6 Sarria Lugo Claudio Melquíades Garrido Martínez (Camiña Sarria)
O Saviñao 3.832 196,6 Escairón Terra de Lemos Lugo Juan Carlos Armesto Quiroga (PPdG)
Silleda 8.669 168 O Deza Pontevedra Manuel Cuíña Fernández (PSdeG-PSOE; 2013-)
Sober 2.338 133,3 Terra de Lemos Lugo Luis Fernández Guitián (PPdG; 2011-)S
Sobrado 1.847 120,6 Sobrado A Terra de Melide A Coruña Luis Lisardo Santos Ares (PSdeG-PSOE)
As Somozas 1.128 70,9 A Igrexa Ferrol A Coruña Juan Alonso Tembrás (PPdG; 2014-)
Soutomaior 7.242 25 Vigo Pontevedra Agustín Reguera Ocampo (PPdG; 1995-)
Taboada 2.862 146,7 Chantada Lugo Ramiro Moure Ansoar (PPdG; 2009-)
Taboadela 1.458 25,2 Ourense Ourense Álvaro Vila Araújo (PSdeG-PSOE)
A Teixeira 339 27,6 A Terra de Caldelas Ourense Miguel Antonio Cid Álvarez (PPdG; 1995-)
Teo 18.478 79,3 A Ramallosa Santiago A Coruña Lucía Calvo de la Uz (PPdG; 2023-)
Toén 2.377 58,3 Ourense Ourense Ricardo González Gómez (PPdG)
Tomiño 13.585 106,6 O Seixo O Baixo Miño Pontevedra Sandra González (BNG; 2007-)
Toques 1.173 77,9 A Terra de Melide A Coruña José Ángel Penas García (BNG; 2015-)
Tordoia 3.433 124,5 Ordes A Coruña Antonio Pereiro Liñares (PPdG; 1999-)
Touro 3.693 115,3 Arzúa A Coruña Ignacio Codesido Barreiro (PPdG; 1992-)
Trabada 1.117 82,7 A Mariña Oriental Lugo Mayra García Bermúdez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Trasmiras 1.327 56,7 A Limia Ourense Emilio Pazos Ojea (PPdG; 2007-)
Trazo 3.186 101,4 Ordes A Coruña Josefina Suárez López (PPdG)
Triacastela 658 51,2 Sarria Lugo Olga Iglesias (PPdG; 2011-)
Tui 16.860 68,3 O Baixo Miño Pontevedra Enrique Cabaleiro González (PSdeG; 2015-)
Val do Dubra 3.931 108,7 Bembibre Santiago A Coruña Diego Luis Díaz Méndez (PSdG; 2023-)
O Valadouro 2.002 110,5 A Mariña Central Lugo Edmundo Maseda (PSdG; 2013-)
Valdoviño 6.594 88,2 Ferrol A Coruña Alberto González Fernández (PSdeG-PSOE; 2015-)
Valga 5.986 40,6 Caldas Pontevedra José María Bello Maneiro (PPdG; 1999-)
Vedra 5.051 52,8 Santiago A Coruña Carlos Martínez Carrillo (PPdG; 2011-)
A Veiga 907 290,5 Valdeorras Ourense Juan Anta Rodríguez (PPdG; 2015-)
Verea 956 94,2 A Terra de Celanova Ourense José Antonio Pérez Valado (BNG)
Verín 13.889 94,1 Verín Verín Ourense Gerardo Seoane Fidalgo (PSdeG-PSOE; 2015-)
Viana do Bolo 2.964 270,4 Viana Ourense Abelardo Carballo Alonso (Non adscrito)
O Vicedo 1.747 76 A Mariña Occidental Lugo José Jesús Novo Martínez (PPdG; 2001-)
Vigo 292.986 109,1 Vigo Vigo Pontevedra Abel Caballero (PSdeG; 2007-)
Vila de Cruces 5.389 155 Vila de Cruces O Deza Pontevedra Luis Celso Taboada Sánchez (XPC)
Vilaboa 6.023 36,9 O Toural Pontevedra Pontevedra César Poza González (PSdeG-PSOE)
Vilagarcía de Arousa 37.479 44,2 Vilagarcía de Arousa O Salnés Pontevedra Alberto Varela Paz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Vilalba 14.354 379 Vilalba A Terra Chá Lugo María Elba Veleiro Fernández (PSdeG-PSOE)
Vilamarín 1.940 56,1 Vilamarín Ourense Ourense Amador Vázquez Vázquez (PPdG; 1983-)
Vilamartín de Valdeorras 1.771 88,3 Valdeorras Ourense Enrique Álvarez Barreiro (PSdeG-PSOE; 2011-2013 e 2015-)
Vilanova de Arousa 10.361 33,7 O Salnés Pontevedra Gonzalo Durán (PPdG; 1995-)
Vilar de Barrio 1.360 106,7 A Limia Ourense Manuel Conde Gómez (BNG)
Vilar de Santos 850 20,7 A Limia Ourense Xoán Xardón ((XUNTOSVILARDESANTOS; 2019-)
Vilardevós 1.971 152,1 Verín Ourense Manuel Cardoso Pérez (PPdG; 2011-)
Vilariño de Conso 558 200,2 Viana Ourense Melisa Macía Domínguez (PPdG; 2017-)
Vilarmaior 1.249 30,3 Betanzos A Coruña Carlos Vázquez Quintián (PPdG; 2003-)
Vilasantar 1.241 59,2 Ru Betanzos A Coruña Fernando Pérez Fernández (PPdG; 2011-)
Vimianzo 7.270 187,4 A Terra de Soneira A Coruña Mónica Rodríguez Ordóñez (PSdeG-PSOE; 2019-)
Viveiro 15.550 109,3 A Mariña Occidental Lugo María Loureiro (PSdeG-PSOE; 2013-)
Xermade 1.884 166,6 A Terra Chá Lugo Roberto García Pernas (PSdeG-PSOE; 2015-)
Xinzo de Limia 9.875 132,7 A Limia Ourense Elvira Lama Fernández (PSdeG-PSOE; 2019-)
Xove 3.342 89,1 A Mariña Occidental Lugo Demetrio Salgueiro Rapa (PPdG; 2007-)
Xunqueira de Ambía 1.438 60,2 Allariz - Maceda Ourense José Luis Gavilanes (PPdG; 1979-)
Xunqueira de Espadanedo 756 27,6 Allariz - Maceda Ourense Carlos Gómez Blanco (PPdG; 2011-)
Zas 4.671 133,2 A Terra de Soneira A Coruña Manuel Muíño Espasandín (BNG; 2007-)

Listas de concellos por provincias editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar