Forcarei

concello da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°35′31″N 8°21′3″O / 42.59194, -8.35083

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2019 tiña 3.388 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é forcareiés[1].

Forcarei
Bandeira de Forcarei
Escudo de Forcarei
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[2]Forcareiés[1]
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación3.194 hab. (2022)[3][4]
Área168,4 km²[4]
Densidade18,97 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[5]
Capital do concelloForcarei
Política (2023 [6])
AlcaldesaVerónica Pichel (PSdeG[7])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Forcarei
Uso do galego[8] (2011)
Galegofalantes85,70%
Na rede
http://www.forcarei.net
editar datos en Wikidata ]

Xeografía Editar

Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.

Evolución da poboación de Forcarei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
7751 8987 9040 7114 4616 4108 4044 {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 3.388 (2019)
Menores de 15 anos 250 (7,38 %)
Entre 15 e 64 anos 1.702 (50.24 %)
Maiores de 65 anos 1.436 (42,38 %)

No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo.

Historia Editar

En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Patrimonio Editar

Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.

Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.

A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.

Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.

Política Editar

Dende o ano 2023 o concello esta gobernado pola coalición formada polo PSdeG-PSOE e o BNG, con Verónica Pichel (PSdeG-PSOE) como alcaldesa.

Eleccións municipais de 2023 Editar

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
5 / 11
= 1.082
PSdeG-PSOE
5 / 11
= 932
BNG
1 / 11
novo 212

Votación de investidura

Candidato Votos       Total Votos
Verónica Pichel
(PSdeG-PSOE)
Si 5 1
6 / 11
NON 5
5 / 11
INVESTIDA: Si

Maioría Absoluta (6/11): Si

ABSTENCIÓN
0 / 11

Eleccións municipais de 2019 Editar

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
5 / 11
-1 1.098
PSdeG-PSOE
5 / 11
+2 946
BNG-FORO FORCAREI
1 / 11
novo 315
Votación de investidura
Candidato Votos       Total Votos
Verónica Pichel
(PSdeG-PSOE)
Si 5 1
6 / 11
NON 5
5 / 11
INVESTIDA: Si

Maioría Absoluta (6/11): Si

ABSTENCIÓN
0 / 11

Eleccións municipais 2015 Editar

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
6 / 11
= 1.289
PSdeG-PSOE
3 / 11
-1 690
BNG
1 / 11
= 193
Foro Forcarei
1 / 11
novo 286

Eleccións municipais 2011 Editar

Partido Político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
6 / 11
-1 1.432
PSdeG-PSOE
4 / 11
= 888
BNG
1 / 11
+1 385

Eleccións municipais 2007 Editar

Partido Político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
7 / 11
-2 1.740
PSdeG-PSOE
4 / 11
+2 1.006
BNG
0 / 11
= 221

Sendeirismo Editar

Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".

A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.

A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín

Forcarei na literatura popular Editar

  • No convento de Aciveiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [9].

Galería de imaxes Editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.

Parroquias Editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Lugares de Forcarei Editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega Arquivado 04 de novembro de 2018 en Wayback Machine., páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Forcarei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  5. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  6. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  8. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  9. Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.