A Estrada
Coordenadas: 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.68917, -8.48722
A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés»[8] (forma oficial), estradense[9] (forma popular) ou estratense (forma culta).[10]
A Estrada | |
---|---|
![]() Concello da Estrada. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | estradés/estradesa estratense estradense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Tabeirós - Terra de Montes |
Poboación | 20.106 hab. (2022)[2][3] |
Área | 281,8 km²[3] |
Densidade | 71,35 hab./km² |
Entidades de poboación | 458[4] |
Capital do concello | A Estrada |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | José Carlos López Campos (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 13 PSdeG-PSOE: 5 Outros: MÓVETE 1 |
Eleccións municipais na Estrada | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 66,42% |
Na rede | |
aestrada.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
Demografía Editar
Censo total (2018) | 20 661 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 2455 (11.88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 12 477 (60.39 %) |
Maiores de 65 anos | 5 729 (27.73 %) |
Evolución da poboación da Estrada Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
23.916 | 26.623 | 28.169 | 25.719 | 22.217 | 21.828 | 21.759 | 21.657 | 21.464 | 21.197 | 21.025 | 20.891 | 20.700 | 20.661 | 20.479 | 20.351 | 20.261 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia Editar
A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro. A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.
En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.
O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.
O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Afonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Afonso XIII, o de Excelentísimo.
Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.
Cultura Editar
Toponimia Editar
O nome procede[10] do latín strata ("terra pisada por onde se anda; camiño")[11]. Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a Terra de Montes, Ourense e Portugal, que seguían os arrieiros e peregrinos cara Santiago de Compostela, e de leste a oeste, desde o Deza, Trasdeza e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.
Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles [12] baséase na escaseza documental da voz estrada (fronte a strata) nos tombos de Sobrado dos Monxes, Samos ou Oseira observada por Pensado Tomé, así como a súa ausencia tamén de datos en Mondoñedo, Celanova, San Pedro de Ramirás ou San Pedro de Rocas e na antiga lexicografía do padre Sarmiento, do padre Sobreira, Xoán Manuel Pintos, Cornide e Cuveiro. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de estrada, hipótese compartida por Benigno Fernández Salgado. Como topónimo da actual capital de concello, utilizábase inicialmente Tabeirolos (que deu Tabeirós) e logo contra 1600 San Paio de Figueroa, ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do latín (via) strata (participio do verbo sternere, "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo no participio do verbo galego estrar ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").
Goberno e política Editar
- Artigo principal: Eleccións municipais na Estrada.
Actualmente, o alcalde do concello da Estrada é José Carlos López Campos do PPdeG. O anterior alcalde foi José Antonio Dono López, do Partido Socialista Obrero Español, quen lle arrebatou a alcaldía ao popular Manuel de la Calle, sucesor do anterior alcalde Ramón Campos Durán, tralas eleccións de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do BNG, son o Partido Popular, cuxo portavoz no pleno foi Miguel Ramón de la Calle Amaro, o Bloque Nacionalista Galego con Xosé Magariños Maceiras e Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE) con María del Mar Blanco Casais.
O concello da Estrada estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.
A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente por 9 concelleiros do PPdG. A corporación municipal está formada por 21 membros, 11 do PPdeG, 8 do PSdeG-PSOE, 1 de Móvete e 1 do BNG.
Eleccións municipais de 2019 Editar
Partido Político | Escanos | Diferenza escanos | Votos | Repartimento de escanos |
---|---|---|---|---|
PPdeG | 12 | +1 | 6.585 | 12 / 21 |
PSdeG-PSOE | 6 | -2 | 3.427 | 6 / 21 |
MOVETE | 2 | +1 | 1.511 | 2 / 21 |
BNG | 1 | = | 826 | 1 / 21 |
CxG | 0 | novo | 118 | 0 / 21 |
Outras eleccións municipais Editar
|
|
Galería de imaxes Editar
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Estrada
Festividades Editar
Son famosas a Festa do Salmón e a rapa das bestas de Sabucedo. As festas patronais son na honra a San Paio e celébranse a última semana de xuño, sendo o día grande o 26 de xuño.[15]
A Estrada na literatura popular Editar
Parroquias Editar
Lugares da Estrada Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Estrada vexa: Lugares da Estrada.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Estrada".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ (Costas González 2016, p. 48)
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estradense.
- ↑ 10,0 10,1 (Costas González 2016, p. 19)
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2006). Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo (PDF). A estrada, Miscelánea histórica e cultural 9. p. 115.
- ↑ Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) Toponimia de Galicia. Vigo:Editorial Galaxia
- ↑ Eleccións municipais de 2003
- ↑ Eleccións municipais de 2007
- ↑ aestraga.gal (ed.). "Festas". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. Santa María de Paradela é unha parroquia do concello da Estrada.
- ↑ Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236.
- ↑ Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. No orixinal: danlle o són.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Estrada |
Bibliografía Editar
- Bouza-Brey, F (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", Nós.
- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 12 de abril de 2019.
- Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 66. ISBN 978-84-8158-706-7.
- Varela Castro, Pedro (1923). La Estrada (en castelán). Tipografía de «El Eco de Santiago». p. 252.