Frades, A Estrada
parroquia civil do concello da Estrada
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Frades.
Santa María de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 a súa poboación era de 180 persoas (95 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 172 persoas.
Frades | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Frades. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′57″N 8°34′05″O / 42.71596325, -8.56801703 |
Poboación | 180 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Igrexa de Santa María de Frades, é románica do século XII. Consta dunha ampla nave dividida en tres tramos por tres pares de columnas que serven de apoio aos arcos de directriz apuntada sobre os que se atopa a bóveda.
- Cruceiro da igrexa de Frades.
Festas
editarA romaría dos milagres de Requián celébrase o 28 de agosto en Requián. Hai misas pola mañá e pola tarde, e procesión da Virxe.
Lugares e parroquias
editarLugares de Frades
editarLugares da parroquia de Frades no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Casalpaio | Chaín | Frades | Requián | Subión | O Vilar | Vilariño |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.