Requián, Frades, A Estrada
Requián é un lugar da parroquia de Frades no concello pontevedrés da Estrada na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Tiña 29 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 14 eran homes e 15 mulleres.
Requián | |
---|---|
Parroquia | Frades |
Concello | A Estrada |
Coordenadas | 42°41′25″N 8°35′29″O / 42.69027778, -8.59138889 |
Poboación | 29 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita con Cuntis, outras parroquias da Estrada, Valga e Pontecesures. Antigamente era un lugar de paso cara a Caldas de Reis, Pontecesures, A Estrada e Santiago de Compostela.
Patrimonio
editarA capela de Requián comezou a construírse en 1744 por un párroco da zona, coa idea de que os comerciantes, peregrinos, e a propia veciñanza tivese un sitio de oración. En 1748 foi consagrada. A súa primeira imaxe foi a Virxe da Piedade, de pedra, que aínda segue na capela. Máis adiante pasou a adorarse a Virxe dos Milagres, figura de madeira.
Festas
editarCelébrase a romaría da Virxe dos Milagres o 28 de agosto, con novena e procesión.
Lugares e parroquias
editarLugares de Frades
editarLugares da parroquia de Frades no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Casalpaio | Chaín | Frades | Requián | Subión | O Vilar | Vilariño |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 31.xaneiro.2014.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – A Estrada – Frades" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 31.xaneiro.2014.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada. RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7.