Fernando Cabeza Quiles


Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Modelo:BiografíaFernando Cabeza Quiles
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Ponferrada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPolígrafo, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1137630 Dialnet: 632457

Traxectoria

editar

Nado en Ponferrada, pero ligado toda a súa vida a Galicia, Cabeza Quiles diplomouse primeiramente en Maxisterio e despois licenciouse en Filoloxía Hispánica. Bergantiñán por residencia, viviu primeiro na Estrada e Ribeira, e actualmente mora en Carballo (A Coruña). Colaborador en prensa e radio, é socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Tamén pertence á Asociación Galega de Onomástica. É sobriño-bisneto de Salvador Cabeza de León.

Nos anos da década de 1980 comezou a publicar artigos monográficos escritos en castelán no suplemento cultural de La Voz de Galicia, normalmente sobre un topónimo determinado de Galicia, cunha metodoloxía en que adoitaba expor paralelos polo normal peninsulares e engadía documentación, ao tempo que fornecía unha explicación etimolóxica. Estes artigos foron recollidos posteriormente en libro en 1992. Por eses anos redactou tamén artigos para a Gran Enciclopedia Gallega.

Cabeza Quiles, paralelamente ás súas investigacións toponímicas, desde mediados da década de 1990 publicou varios libros de relatos en galego, especialmente de narrativa infantil ou xuvenil. Escribe tamén poesía e forma parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

Algúns dos seus traballos desenvolven temática etnográfica, histórico-ensaística e mesmo xacobea.

Obra en galego

editar

Toponimia

editar

Ensaio

editar

Relatos

editar

Poesía

editar
  • AA. VV., Nós. Corcubión. Concello de Corcubión. 1997.
  • AA. VV., Rumbo ás illas. Ponteceso. Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso. 1997.

Varios

editar
  • "A toponimia de Santa Uxía" en O Imo, Revista Cultural da Barbanza. Ribeira. Asociación Cultural Vionta, 1984.
  • "A pesca da balea nos mares de Bergantiños", en A Regueifa nº 4, Revista Cultural de Bergantiños. Carballo. Agrupación Cultural Lumieira, 1988.
  • "As preocupacións mariñeiras no folklore popular", en Coloquio de Etnografía Marítima (Santiago, 1984). Santiago. Consellería de Pesca. 1988, páxs. 149-161.
  • "A toponimia dalgunhas romarías galegas, un exemplo de etnolingüística", en As Linguas e as Identidades, Universidade de Santiago de Compostela. 1997, páxs. 291-294.
  • O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte). Asociación Neria, Vimianzo e Asociación Cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso, 1997.
  • "Os xalleiros na olería de Buño", en De propostas. Concello de Malpica de Bergantiños. 2000.
  • "Sobre o nome da Estrada", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 4, 2001, páxs. 11-22.
  • "Sobre o topónimo Brea", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 5, 2002, páxs. 123-132.
  • "En torno ó topónimo Toedo", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 6, 2003, páxs. 155-161.
  • "Borobó en Bergantiños", en Homenaxe a Borobó. Sada. Ediciós do Castro. 2003, páxs. 111-115.
  • "O topónimo Baloira", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 7, 2004, páxs. 149-153.
  • "Algúns topónimos da parroquia de Guimarei", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 8, 2005, páxs. 21-29.
  • "Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo" en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 9, 2006, páxs. 115-133.
  • "A toponimia das parroquias de Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo", en Andando por Bergantiños 9. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2006, páxs.49-56.
  • "Toponimia ribadaviense", en A Fundación, Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, Boletín nº 11 (xullo-decembro), 2006.
  • "Algúns topónimos das parroquias de Sabucedo, Liripio, Codeseda e Souto", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 10, 2007, páxs. 147-156.
  • "Olives, un topónimo singular", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 13, 2010, páxs. 171-178.
  • "As pegadas xacobeas do concello da Estrada (I)", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 14, 2011, páxs. 199-223.
  • Follas de Carballo (relatos). Carballo. Asociación Cultural Lumieira, 2011.
  • "A toponimia das parroquias de Artes, Sofán e Berdillo", en Andando por Bergantiños 12. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2011, páxs. 27-32.
  • "A toponimia das parroquias de Barizo, Mens e Vilanova", en Andando por Bergantiños 13. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2012, páxs. 21-30.
  • "As pegadas xacobeas do concello da Estrada (e II)", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 15, 2012, páxs. 261-281.
  • "Meavía, A Estrada e outros topónimos viarios e xacobeos de Tabeirós-Terra de Montes", en A Estrada. Miscelánea histórica e cultural, Museo do Pobo Estradense "Manuel Reimóndez Portela", nº 16, 2013, páxs. 107-126.
  • Contos da taberna. Ferrol, Edicións Embora, 2014.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, Alvarellos, 2017.
  • O río Anllóns, arteria principal da comarca de Bergantiños, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña). 2020.
  • O Chan da Embarrada, conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco), Concello de Coristanco. 2021.
  • Monte Neme. O Olimpo bergantiñán, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Carballo (A Coruña). 2023.

Obra en castelán

editar

Ensaio

editar

Varios

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar