Ponteceso
Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».
Ponteceso | |
---|---|
![]() Vista xeral de Ponteceso dende o Monte Branco. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | pontecesán |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Bergantiños |
Poboación | 5.429 hab. (2022)[2][3] |
Área | 91,97 km²[3] |
Densidade | 59,03 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | José Manuel Mato Martínez (PP[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 Outros: GLG: 2 AXP: 1 ESCO:1 |
Eleccións municipais en Ponteceso | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 86,78% |
Na rede | |
www.ponteceso.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situación editar
Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.
Demografía editar
Censo total | 5.789 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 515 (8.9 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.481 (60.13 %) |
Maiores de 65 anos | 1.793 (30.97 %) |

Evolución da poboación de Ponteceso Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
6.987 | 8.517 | 9.323 | 8.714 | 6.810 | 6.302 | 6.134 | 6.065 | 5.964 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{2022}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura editar
Toponimia editar
O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]
O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[8]
Etnografía editar
Festas e celebracións editar
En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.
Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e a segunda fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.
Entre as festas destacan:
- Na parroquia de Brantuas:
- San Xulián o día 7 de xaneiro, este santo é o patrón da parroquia.
- Romaría da Virxe do Faro, celebrase o 8 de setembro,
- O Sacramento que se celebra o primeiro domingo de agosto
- Na parroquia de Cospindo:
- Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.
- Festa da Barquiña que é a segunda fin de semana de setembro, esta é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
- Na parroquia de Corme Porto:
- Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe.
- O 16 de xullo (con véspera o 15 ) celébrase a Festa do Carme.
- O último domingo de agosto (con véspera o sábado) e o luns e martes seguintes celébrase a festa de San Roque.
- O 24 de setembro (con véspera o 23) celébranse as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
- Na parroquia da Graña:
- San Bernardo da Graña, celebrase o 20 de agosto
Economía editar
A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ponteceso.
-
Ponte sobre o río Anllóns
-
Pazo Pondal
-
Capela da Virxe do Faro
-
Praia de Balarés
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ponteceso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España. "Variaciones de los municipios de España desde 1842." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014.(en castelán)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponteceso |
Outros artigos editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |