Deputación de Pontevedra

organismo que representa os concellos da provincia de Pontevedra
(Redirección desde «Deputación Provincial de Pontevedra»)

A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. Dende 2023 o presidente é Luís López Diéguez (do PPdG).

Deputación de Pontevedra

Sede da deputación no pazo provincial.
Fundación:1836
Provincia:Pontevedra
Enderezo:Gran Vía de Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra
Presidente:Luís López Diéguez (PPdG)
Orzamento:161 millóns de € (2020)[1]
Número de empregados:871 (2012)[2]
Concellos que atende:61
Boletín oficial:www.boppo.depo.gal
Na rede
https://www.depo.gal/
Twitter: depo_es Instagram: deputacionpontevedra Telegram: depo_es LinkedIn: deputación-pontevedra Youtube: UCujBUE-qr_p5K5CMVUPhMGg BNE: XX128453 Dialnet: 4456350 Editar o valor en Wikidata

Corporación

editar

Lexislatura 2023-2027

editar
Composición da Deputación tras as eleccións de 2023
Partido Político Votos (%) Deputados
 
Partido Popular de Galicia (PPdeG)
180.832 36,67%
14 / 27
 
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE)
167.368 33,94%
9 / 27
 
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
89.394 18,13%
4 / 27

Distribución de escanos por circunscricións

editar
Circunscrición      
Cambados
1 / 3
2 / 3
0 / 3
A Estrada
0 / 1
1 / 1
0 / 1
Lalín
0 / 1
1 / 1
0 / 1
Ponteareas
0 / 1
1 / 1
0 / 1
Pontevedra
2 / 7
3 / 7
2 / 7
Tui
1 / 3
1 / 3
1 / 3
Vigo
9 / 11
2 / 11
0 / 11

O Pazo provincial

editar

O Pazo provincial de Pontevedra sitúase na Gran Vía de Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.

Institucións

editar

Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:

Presidentes

editar
 
Rafael Louzán, presidente da Deputación de 2003 a 2015.
 
Carmela Silva, presidenta de 2015 a 2023.

Período dos Gobernadores Civís

editar

Período dun presidente da Deputación para cada sesión

editar

O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".

Período inicial do Sexenio Revolucionario

editar

Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.

Período dun presidente da Deputación para todas as sesións

editar

A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".

Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.

Nomeados polo Gobernador Civil

editar

Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.

Nomeados pola corporación

editar

Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.

Directorio militar

editar

O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.

Estatuto provincial

editar

O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.

  • Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
  • Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).

Elixidos polo gobernador civil

editar

Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.

O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.

O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.

Presidentes por designación

editar

O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.

Lei de réxime local

editar

O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.

Período contemporáneo

editar
 
Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Eduardo Chao.

Trala promulgación da Constitución española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar