Manuel Bárcena Franco

empresario e político galego

Manuel Bárcena Franco, I conde de Torrecedeira, nado en Vigo o 27 de agosto 1834 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1908[1], foi un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Bárcena Franco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1834 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1908 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1879 – 1881 – Jacobo Domínguez Iglesias →
Presidente da Deputación de Pontevedra
6 de abril de 1874 – 1874
← Francisco Fernández AncilesBenito María de Oca →
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondado de Torrecedeira (1891–1908) Editar o valor en Wikidata
FillosManuel Bárcena Andrés Editar o valor en Wikidata


Traxectoria

editar
 
Casas de Bárcena.

Fillo de Manuel Bárcena de la Concha Bustillo e de María del Pilar Franco Menéndez Colwel. Educouse en Gran Bretaña. Mantivo e aumentou os negocios de curtidos fundados polo seu pai en Barreiro (Lavadores) e fundou os seus propios como consignatario de buques, gandeiro e promotor de vivendas. Tivo a súa propia casa de banca e foi fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo en 1880. Tamén construíu importantes edificios como o da Caixa de Aforros por el fundada e o Edificio El Moderno.

No Sexenio Democrático foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872 e foi reelixido en 1884. O 6 de abril de 1874 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Na Restauración foi alcalde de Vigo (1879-1881) e foi elixido senador por Pontevedra en 1886, sendo reelixido en 1891, 1896 e 1903.

Vida persoal

editar

Casou con Dolores de Andrés-García López e tivo tres fillos, o primoxénito dos cales foi Manuel Bárcena Andrés.

Distincións

editar

O 3 de xaneiro de 1891 a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena outorgoulle o título de conde de Torrecedeira, en referencia ao Pazo de Torre Cedeira, situado en Cedeira, Redondela.[2].


Predecesor:
Francisco Fernández Anciles
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1874
Sucesor:
Benito María de Oca
Predecesor:
?
  
Alcalde de Vigo
 
1879 - 1881
Sucesor:
Jacobo Domínguez Iglesias
  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 15-1-1908, p. 3.
  2. López-Chaves Meléndez, Juan Manuel e Amor Moreno, Grato Ernesto (1998). Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-09-02.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar