Abrir o menú principal

Conde de Torrecedeira é un título nobiliario concedido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena en Real Despacho de 3 de xaneiro de 1891[1] a Manuel Bárcena Franco, que foi alcalde de Vigo e fundador da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo.

Conde de Torrecedeira
Corona de conde.svg
Primeiro titularManuel Bárcena y Franco
ConcesiónAfonso XIII
3 de xaneiro de 1891
Actual titularFelipe Bárcena y Varela de Limia
Rúa do Conde de Torrecedeira de Vigo.

DescendenciaEditar

O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García López, tivo tres fillos, pasando o título de conde ao seu primoxénito, Manuel Bárcena Andrés-García, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro Montenegro.

Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena de Castro, casado con Mercedes Iñíguez Galíndez, faleceu en 1962 sen descendencia.

Obtivo carta de sucesión o seu irmán, Felipe Bárcena de Castro, casado con María del Pilar Varela de Limia y Pais. Ó pasamento pasou a ser o quinto conde o primeiro fillo, Felipe Bárcena Varela de Limia, naturalista nado en Madrid en 1946 e primeiro presidente da Asociación de Amigos de los Pazos.[2]

Condes de TorrecedeiraEditar

Casou con Dolores de Andrés López. Sucedeuno, en 1908, o seu fillo:
Casou con Obdulia de Castro Montenegro. Sucedeuno, en 1930, o seu fillo:
Casou con Mercedes Iñíguez Galíndez. Sucedeuno, en 1966, o seu irmán:
  • Felipe Bárcena de Castro (1906-1984), IV conde de Torrecedeira.
Casou con María del Pilar Varela de Limia País. Sucedeuno, en 1985, o seu fillo:
  • Felipe Bárcena Varela de Limia (n. en 1946), V conde de Torrecedeira.
Casou con Rosa María de Labra Morán.

EscudoEditar

O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.

NotasEditar

  1. López-Chaves Meléndez, Juan Manuel y Amor Moreno, Grato Ernesto, Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra, 1998, ISBN 84-86845-09-02.
  2. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo.

Véxase taménEditar