Felipe Bárcena Castro

enxeñeiro galego

Felipe Bárcena Castro, IV Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en maio de 1906[1] e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1984[2], foi un político galego.

Modelo:BiografíaFelipe Bárcena Castro
Biografía
Nacementomaio de 1906 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Bárcena Andrés Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Bárcena Castro Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Bárcena Andrés, II Conde de Torrecedeira. Oficial do Banco de España en Vigo. Xefe local de Falange Española de Vigo, foi detido en Vilagarcía de Arousa o 1 de xullo de 1936 cando participaba con outros falanxistas nunha reunión clandestina co xefe de Falange de Galicia Daniel Buhigas.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou voluntario no exército sublevado,[4] e déronlle o mando dunha centuria de falanxistas pontevedreses que se uniu á Legión Gallega de Falange.[5] Foi ferido na fronte de Aragón en novembro de 1936.[6] Foi nomeado inspector nacional do servizo de excombatentes en novembro de 1939.[7] Coronel de Infantaría. Herdou o título nobiliario do seu irmán Manuel Bárcena Castro en 1962.

Vida persoal

editar

Casou con Pilar Varela de Limia País e foi pai de Felipe, María del Carmen, Obdulia, María Teresa, Inmaculada, María Isabel e Alfredo Bárcena Varela de Limia.

  1. Noticiero de Vigo, 9-5-1906, p. 3.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-8-1984, p. 50.
  3. El Compostelano, 2-7-1936, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 9-8-1936, p. 5.
  5. El Progreso, 27-8-1936, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 29-11-1936, p. 5.
  7. El Pueblo Gallego, 17-10-1939, p. 6.