Daniel Buhigas

político galego

Daniel Buhigas Olavarrieta, nado en Vilagarcía de Arousa c. 1901, foi un político galego.

Modelo:BiografíaDaniel Buhigas
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Juan Buhigas Abad. Incorporouse a Falange Española en abril de 1934.[1] Foi Xefe local de Falange de Vilagarcía. Interveu no acto fundacional da Falange en Galicia con José Antonio Primo de Rivera o 17 de marzo de 1935. Foi detido en xuño de 1935 polas súas actividades fascistas.[2] Foi nomeado por José Antonio xefe rexional de Falange Española en Galicia e membro do Consello Nacional de Falange en outubro dese ano. Encarcerado en abril de 1936 con Carlos e Felipe Bárcena Castro, volveu ser detido a finais de maio dese ano cando se atopaba agochado en Vilagarcía, na casa da súa tía Matilde Buhigas Abad.[3] A raiz da súa detención nomeou xefe provincial de Falange a Manuel Castro Pena.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado conselleiro nacional de Falange. Enfrontado a Manuel Castro Pena, foi detido o 26 de novembro a raíz do tiroteo entre falanxistas no Bar Nueva España de Vilagarcía, e traslado á prisión provincial. Procesado xunto con José Vaello Pastrana, finalmente foi absolto o 9 de setembro de 1937. En decembro de 1939 participou na organización dunha Xunta Política clandestina da Falange Auténtica que se opuña ao decreto de unificación, presidida polo xeneral Emilio Rodríguez Tarduchy, con Patricio González de Canales, Ricardo Sanz, Ventura López Coterilla, Luis de Caralt, José Antonio Pérez de Cabo, Gregorio Ortega Gil e Ramón Cazañas.[4] En 1942 instruíuse expediente para a concesión da Medalla da Vieja Guardia.[5] En 1943 era xefe de propaganda oral da Vicesecretaría de Educación Popular.[6] Foi reclamado polo Xulgado de Instrucción número 1 de Xixón en maio de 1946 acusado de estafa na causa 82/44.[7] Colaborou nas revistas 17 de Marzo e Mire.[8]

Vida persoal

editar

Casou en Valencia con Josefina Roglá Aliaga en outubro de 1949,[9] e foi pai de Josefina Buhigas Roglá.

  1. "Como y cuando se fundó la Falange en Villagarcía", El Pueblo Gallego, 17-3-1957, p. 7.
  2. El Pueblo Gallego, 15-7-1935, p. 3.
  3. El Diario de Pontevedra, 1-7-1936, p. 2.
  4. Los falangistas que quisieron matar a Franco
  5. ABC, 9-7-1942, p. 110.
  6. ABC, 27-2-1943, p. 10.
  7. Boletín Oficial de la Provincia de Madrid, 9-5-1946, p. 4.
  8. Mire, 16-2-1946, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 30-10-1949, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar