Aurora Artiaga

historiadora galega
(Redirección desde «Aurora Artiaga Rego»)

María Aurora Artiaga Rego, nada en Mondoñedo en 1960, é unha historiadora galega.

Aurora Artiaga
Nacemento1960
Lugar de nacementoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriadora
Na rede
Dialnet: 80481
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989 coa tese A desamortización da provincia de Pontevedra, 1855-1900. É profesora titular do Departamento de Historia da USC dende 1991. Foi profesora visitante no Departamento de Lingua e civilización españolas da Universidade de Rennes 2 (Haute-Bretagne) (1988-1989). Foi vicedecana de Asuntos Académicos da USC. As súas liñas de investigación son a historia agraria, a historia contemporánea, a historia de Galicia, a Historia do medio ambiente, o mundo rural, o nacemento e consolidación do réxime franquista e a violencia desenvolvida nos primeiros anos da guerra civil e ditadura.

ObrasEditar

  • A desamortización na provincia de Pontevedra (1855-1900), 1991.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar