Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

golpe militar contra a Segunda República Española

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polo bando sublevado, foi unha insurrección de carácter militar perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu a unha guerra civil. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Áreas controladas polos sublevados en xullo do 36 en marrón. Acostúmase dar o 20 de xullo como final da sublevación e comezo da guerra civil

Desenvolvemento en Vigo editar

O capitán Antonio Carreró Vergés foi o militar que leu na Porta do Sol de Vigo un bando que declaraba o estado de guerra o 18 de xullo de 1936[1][2].

Outros cargos daquela época foron:[Cómpre referencia]:

  • O alcalde (aínda que aparece como Comisario de Guerra), José Giménez García, quen tivo tamén o cargo de Presidente da Comisión Gestora Municipal. O 31 de xaneiro de 1938, coa guerra sen rematar, foi nomeado alcalde Luis Suárez-Llanos Menacho, que se converteu no primeiro alcalde franquista de Vigo. A cidade contaba daquela con 73.566 habitantes e xunto co que era daquela o concello de Lavadores xuntaban case 110.000. En setembro de 1939 sucedeuno na alcaldía Estanislao Durán Gómez[3]. Recuperou o bastón de mando o 24 de xuño de 1940 e mantívoo até 1949. Nesta nova xeira, gobernaría a 85.272 vigueses e 38.462 de Lavadores, e 135.327 cidadáns xa dende 1941, coa anexión do concello de Lavadores por parte do de Vigo.
  • O gobernador civil da provincia de Pontevedra: Francisco García Alted.
  • O comandante militar Felipe Sánchez, alcumado O Capillitas, porque consideraba as diverxencias políticas entre a dereita coma capeliñas e que o que había que facer era dejarse de capillitas y construir una gran catedral, ademais de ridiculizar a súa curta estatura. Co seu nome bautizouse a avenida do Areal. O seu cargo no remate da Guerra Civil foi levado por Miguel Cuervo, coronel xefe da 82ª División.
  • O xefe provincial do Movemento e conselleiro nacional da FET y de las JONS, Jesús Suevos.

Notas editar

  1. "Diario Atlántico". Consultado o 17-04-2017. 
  2. Carballa (2012), pp.97-98
  3. "Faro de Vigo". Consultado o 15-04-2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.