Jesús Suevos
Jesús Suevos Fernández-Jove, nado en Ferrol o 12 de decembro de 1907 e finado en Madrid o 19 de maio de 2001,[1] foi un político e xornalista galego. En 1955 foi nomeado presidente do Atlético de Madrid.
Jesús Suevos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de decembro de 1907 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 19 de maio de 2001 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
Premios | Gran Cruz da Orde de Cisneros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Jesús Suevos licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras.[2] En marzo de 1935 foi un dos fundadores da Falange en Galiza, sendo nomeado presidente territorial directamente por José Antonio Primo de Rivera, do que era amigo persoal[1], e foi membro do I Consello Nacional de Falange.
Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 sumouse ao pronunciamento contra a República. Durante a Guerra Civil actuou como xefe de Centuria das Milicias de Falange nos combates da serra de Guadarrama. Foi nomeado director do xornal El Pueblo Gallego, que fora incautado polas autoridades franquistas, e en xaneiro de 1937, Xefe de Falange da provincia de Pontevedra, para substituír o defenestrado Manuel Castro Pena.
Foi representante de Falange en Portugal, agregado de Prensa en 1943 e durante a segunda guerra mundial foi correspondente, no París ocupado polos nazis, da prensa do Movemento. Tamén ocupou importantes postos no Servicio de Información e Investigación e no Servicio Exterior de Falange.[3]
En 1957 foille concedido o Premio Nacional de Xornalismo Francisco Franco. Foi nomeado Director Xeral de Radiodifusión en 1960 e Director Xeral de Cinematografía en 1961. Foi o primeiro Director de Televisión Española. Tamén foi xefe do Sindicato Nacional do Espectáculo, como substituto de David Jato,[4] e procurador en Cortes (1943-1977). Durante varios anos foi Tenente de Alcalde de Madrid, ocupando provisionalmente a alcaldía entre os mandatos de Carlos Arias Navarro e Miguel Ángel García-Lomas.
En maio de 1955, tras cesar como presidente do Atlético de Madrid Luis Benítez de Lugo, Marqués de la Florida, Suevos foi nomeado presidente, cargo que ostentou até decembro dese mesmo ano, cando foi substituído por Javier Barroso. En xuño de 1975 integrouse no Frente Nacional Español,[5] xunto a outros falanxistas «históricos» como Manuel Valdés Larrañaga, José Antonio Elola, Agustín Aznar e Raimundo Fernández-Cuesta.[6]
Segundo publicou o xornal Público, na década dos setenta, Suevos organizou en Ferrol unhas patrullas de inspiración paramilitar, coñecidos como "cadeneros" que se dedicaban a amedrentar sindicalistas e demócratas con paus, cadeas e pistolas. Deses grupos formou parte o despois deputado e director da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, tras ser adoptado intelectual e ideoloxicamente por Suevos.[7]
ObrasEditar
- La luna y sus complices, 1948.
- Vida, obra y muerte de José Antonio, 1949.
- Antonio Failde, 1960.
- Madrid Y Azorín, 1971.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "A cara televisiva de Falanxe Arquivado 30 de abril de 2010 en Wayback Machine.", obituario en La Voz de Galicia, 21 de maio de 2001.
- ↑ Thomàs (1999), páx. 76
- ↑ Rodríguez Puértolas (2008), páx. 844.
- ↑ Vandaele (2015), páx. 60
- ↑ Logo dunha batalla legal con outros grupos, o Frente Español adoptou o nome de Falange Española de las JONS (1976).
- ↑ Rodríguez Jiménez (1994), páx.196.
- ↑ "Fernández de Mesa: de patrullar con falangistas a consejero de Red Eléctrica pasando por la Guardia Civil". Consultado o 31-05-2017.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- López de Zuazo Algar, Antonio (1981). Catálogo de periodistas españoles del siglo XX. Madrid: Fundación Universidad - Empresa. ISBN 84-86227-81-X. (en castelán)
- Rodríguez Jiménez, José Luis (1994). Reaccionarios y golpistas: la extrema derecha en España: del tardofranquismo a la consolidación de la democracia, 1967-1982. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07442-4.
- Rodríguez Puértolas, Julio (2008). Historia de la literatura fascista española II. Madrid. Akal. ISBN 978-84-460-2954-0
- Thomàs, Joan Maria (1999). Lo que fue la Falange. La Falange y los falangistas de José Antonio, Hedilla y la Unificación. Franco y el fin de la Falange Española de las JONS. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-53032-6
- Vandaele, Jeroen (2015). Estados de Gracia. Billy Wilder y la censura franquista (1946-1975). Leiden: Brill NV. ISBN 9789004297333