Serra de Guadarrama
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
A Serra de Guadarrama (en castelán: Sierra de Guadarrama) é unha aliñación montañosa pertencente á metade leste do Sistema Central (sistema montañoso do centro da Península Ibérica) situada entre as serras de Gredos (Ávila) e de Ayllón (Segovia - Guadalaxara). Esténdese en dirección suroeste-nordeste e nas provincias de Madrid, ao sur, e Ávila e Segovia, ao norte. Esta serra mide aproximadamente 80 km. de lonxitude e o seu cumio máis alto é Peñalara con 2.430 metros sobre o nivel do mar.
(es) Sierra de Guadarrama | ||||
Tipo | cordilleira serra | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Río Guadarrama | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional da Serra de Guadarrama, Parque Natural de Peñalara, Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares e Sierra Norte de Guadarrama Natural Park (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Castela e León, España e Comunidade de Madrid, España | |||
| ||||
Cordilleira | Sistema Central | |||
Composto por | Cuerda Larga (en) Q23995471 Sierra de Ojos Albos (en) Sierra del Hoyo (en) Montes Carpetanos (en) La Mujer Muerta (pt) Sierra de la Morcuera (en) Sierra de la Cabrera (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.430 m | |||
Dimensións | 80 () km | |||
Punto máis alto | Peñalara (2.428 m ) | |||
Material usado | granito Gneis | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
30 de novembro de 1808 | Batalla de Somosierra | |||
6 de xuño de 1937 | Ofensiva de Segóvia (pt) | |||
24 de xullo de 1936 | Batalha de Guadarrama (pt) | |||
A flora desta serra caracterízase pola abundancia de bosques de piñeiros e a presenza de carballeiras e aciñedos en zonas máis baixas. Nos cumes predominan os pastos e arbustos de alta montaña. Nestes ecosistemas abundan mamíferos como cervos, xabaríns, corzos, gamos, teixugos, varios mustélidos, gatos monteses, raposos, lebres etc.; unha gran cantidade de especies de aves acuáticas nos encoros, e grandes aves de rapina como a aguia imperial ibérica ou o voitre negro, entre outras.
A proximidade a Madrid (60 km) desta serra fixo que teña un papel importante na historia de España e que hoxe sexa atravesada por bastantes portos e vías ferroviarias. Desde o monte da Almenara, en Robledo de Chavela, por exemplo, durante a invasión musulmá os árabes acendían laradas para avisar a Madrid de que se achegaban tropas cristiás.
Estas montañas teñen unha grande afluencia de xente, o que fai que as infraestruturas para o turismo e os deportes de montaña estean moi desenvolvidas. Esta afluencia ten un impacto ambiental na serra.[Cómpre referencia]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serra de Guadarrama |