Falange Española
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo do ditador Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.
Falange Española | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | partido político español ![]() |
Ideoloxía política | nacionalismo español, catolicismo, nacionalsindicalismo, nacionalismo, monarquismo, fascismo e falanxismo ![]() |
Posición política | Terceira posición ![]() |
Persoas e organizacións | |
Fundador/a | José Antonio Primo de Rivera, Rafael Sánchez Mazas e Julio Ruiz de Alda ![]() |
Presidente/a
| |
Data | |
Fundación | 29 de outubro de 1933 ![]() |
Disolución | 15 de febreiro de 1934 ![]() |
Cronoloxía | |
Sucedido por | Falange Española ![]() |
Substitúe a | Movimento Espanhol Sindicalista (pt) ![]() ![]() |
Substituído por | Falange Española ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Lugar de formación | Teatro de la Comedia (pt) ![]() ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia e características
editarFE recollía os intentos realizados durante o comezo da Segunda República Española para crear un partido fascista[1] español, así do pequenísimo Frente Español (FE) colleu as siglas e os seus estatutos mais tamén as súas ideas orteguianas: a nación como comunidade de destino e a necesidade de vertebrar España. A Falange tamén mantivo boas relacións cos monárquicos de Renovación Española e cos carlistas. Contaba cunhas milicias do partido dirixidas por Ricardo de Rada.
O partido non se presentou ás eleccións de 1933 pero José Antonio Primo de Rivera presentouse como deputado por Cádiz nunha lista monárquica, saíndo elixido cun 18,5% dos votos.
Desde o primeiro momento a Falange intentou integrar ás JONS de Ramiro Ledesma Ramos pero este era remiso a pactar con Primo de Rivera, con todo ao final chegouse a un acordo e o 15 de febreiro de 1934 fusionábanse as dúas organizacións dando lugar á Falange Española de las JONS.
Notas
editar- ↑ Slaven, James (2018). "The Falange Española: A Spanish Paradox". Proceedings of the 10th International RAIS Conference on Social Sciences and Humanities (Atlantis Press) 211: 235. ISSN 2352-5398. doi:10.2139/ssrn.3266916. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2019.
On October 29, 1933, José Antonio Primo de Rivera founded a fascist political party in Madrid, Spain, called Falange Española (FE). (...) The FE was a distinctly fascist movement, containing “nearly all the general qualities and characteristics… of generic thirdpotitionist (Payne 1995, 261).