Garda Civil

corpo de seguridade pública español, de natureza militar

A Garda Civil[1], popularmente coñecida como A Benemérita[2], é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Garda Civil
Tipoxendarmaría e policía
Campo de traballoxendarmaría, policía e forzas armadas
Data de fundación18 de maio de 1844 e 1844
Fundador(es)Francisco Javier Girón
Presidente/aFélix Vicente Azón Vilas (-) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizMinisterio do Interior
Organización subsidiariaCivil Guard (Philippines)
PremiosCruz Laureada de São Fernando, Garabata da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
SedeCalle de Guzmán el Bueno, Madrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.guardiacivil.es/
Facebook: GuardiaCivil.es Twitter: guardiacivil Instagram: guardiacivil062 BNE: XX131253 Dialnet: 3846103 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emblemas e signos distintivos

editar

Uniformidade

editar

A cor característica do uniforme é o verde, dende a reforma da uniformidade realizada no ano 1943. Anteriormente, dende a época fundacional, a cor tradicional foi o azul. O elemento da uniformidade que caracterizou á Garda civil é o tricorne, malia que actualmente, ademais deste, úsanse outras pezas de cabeza: teresianas e boinas.

Casas cuartel

editar
 
Casa-cuartel

Os acuartelamentos da Garda civil dispoñen, na meirande parte dos casos, de vivendas para os membros do Corpo e as súas familias. De aí a súa denominación de Casa cuartel, cuxa razón de ser é a dispoñibilidade inmediata dos Gardas ante as necesidades da sociedade que requiran da súa presenza con prontitude.

Na entrada das Casas cuartel atópase a "tablilla", gravada ou inscrita na parede, coa lenda "Casa cuartel da Garda civil". Posteriormente, incluíuse o lema "Todo por la Patria", ó ser un corpo militar.

O lema da Garda civil é "A honra é a miña Divisa", extraído do Artigo 1º do Regulamento para o Servizo escrito polo seu fundador, que di literalmente: "A honra é a principal Divisa da Garda civil. Debe, por tanto, conservarse sen tacha. Unha vez perdido, non se recobra xamais", e que reflicte o espírito que rexe ó Instituto e a calidade máis valorada por este. Outra característica particular deste corpo, é que os cuarteis poden ser tamén vivendas das familias dalgúns dos seus compoñentes: as casas cuartel. Na entrada das mesmas hai un cartel no que está escrito: "Todo por la Patria".

Padroado

editar

O 8 de febreiro de 1913, a Virxe do Pilar foi declarada mediante Real Decreto a súa excelsa patroa.

Alcume

editar

A denominación "Benemérita" acadou a oficialidade cando se lle outorgou, por Real Decreto do 4 de outubro de 1929, a 'Gran Cruz da Beneficencia'.

Dependencias

editar

Ten unha dobre dependencia:

  • Do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios.
  • Do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar, así como en «Estado de Sitio» e en «tempo de guerra».

Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativos ao Resgardo Fiscal do Estado.

Especialidades

editar
Uniforme actual da Garda civil
   
Seguridade na estrada
Gala e oficial

A fin de dar o maior servizo posible á sociedade, a Garda civil, ó longo da súa historia, foi creando diversas especialidades que cubrisen dun xeito máis eficaz as competencias asignadas:

Unidades Operativas
Unidades de Apoio
  • Automobilismo
  • GATI: Grupo de Apoio en Tecnoloxías da Información
  • Armamento
  • Unidade de Música da Dirección Xeral
Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.
Viva España, Viva el Rey,
Viva el Orden y la Ley,
Viva honrada la Guardia Civil.
Benemérito Instituto,
Guarda fiel de España entera,
que llevas en tu Bandera
el Lema de Paz y Honor.
Por glorificar el nombre,
que el Gran Ahumada te diera,
con tu sangre noble y fiera,
has bordado tu blasón.
Vigor, firmeza y constancia,
valor en pos de la gloria,
amor, lealtad y arrogancia,
ideales tuyos son.
Por Ti cultivan la tierra,
la Patria goza de calma,
por tu conducta en la guerra,
brilla airoso tu Pendón.
Instituto, gloria a Ti,
por tu honor quiero vivir.
Viva España, Viva el Rey,
Viva el Orden y la Ley,
Viva honrada la Guardia Civil.

Galería de imaxes

editar
  1. "Garda". Real Academia Galega. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  2. benemérito Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., entrada no dicionario da RAG.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar