Escola Naval Militar de Marín

academia militar da armada española

A Escola Naval Militar é o centro de instrución para a futura oficialidade da Armada Española e atópase no concello pontevedrés de Marín, no seu núcleo urbano. Está adscrita á Universidade de Vigo.

Escola Naval Militar de Marín
Tipoacademia militar e Officer Candidate School
Data de fundación1717
Organización subsidiariaCampus Universitario de Pontevedra
PremiosNecktie of the Civil Order of Alfonso X the Wise
EnMarín
PaísReino de Galicia
42°23′41″N 8°42′19″O / 42.3946, -8.70535
Na rede
http://www.armada.mde.es/esp/EmpleoFormacion/Oficiales/OficialesBAIngresarVida.asp?SecAct=06419
Dialnet: 3809972
editar datos en Wikidata ]
Entrada á Escola Naval Militar.
Vista en segundo plano da Escola Naval Militar.

Historia editar

Foi trasladada a Marín en xullo de 1943 dende San Fernando, e integrouse nas instalacións da Armada que xa existían no lugar, a canda o polígono de tiro naval e a Escola de Artillería e Tiro Naval. A inauguración oficial tivo lugar o 15 de agosto (véspera do día do Carme) de 1943 coa presenza do Xefe do Estado[1].

O seu director en 2011 é Marcial Gamboa Pérez-Pardo.

Características editar

O seu recinto ten unha superficie 241.000 m², sen contar a illa de Tambo que pertence a ela. O río Lameira circula soterrado por parte do recinto e desemboca no peirao da escola. O seu actual comandante director é José Luis Urcelay. As instalacións da Escola emprégaas non só a Armada Española, senón tamén patrulleiras tanto do servizo marítimo da Garda Civil, como do Servizo de Vixilancia Aduaneira e remolcadores de Salvamento Marítimo.

O himno da Escola coincide co himno da Armada Española.

A carreira militar editar

A carreira militar é cursada de maneira bastante similar ás licenciaturas e diplomaturas universitarias. En cinco cursos para a Escala Superior de Oficiais e tres para a Escala de Oficiais. Cursando nela aspirantes de todas as armas da Armada (Infantería de Mariña, Enxeñeiros, Intendencia...) O alumno ou alumna é aspirante durante os dous primeiros anos, Gardamariña durante o terceiro e o cuarto e Alférez de Fragata Alumno ou Alférez Alumno (se é Infante) durante o quinto.

Na Escola impera un ambiente de disciplina típica militar con prácticas constantes no mar e no campo, dependendo da especialidade.

Datas importantes editar

Un dos días máis importantes na Escola Naval é o 16 de xullo, día da patroa da Armada e das xentes do mar, a Virxe do Carme, e tamén festa local en Marín. Ese día celébrase a entrega de reais despachos ós alumnos que finalizan os estudos, e as novas promocións xuran bandeira. Adoitan asistir ao acto os reis de España ou os príncipes, así como altos representantes do goberno estatal, autonómico e local. Con motivo destes actos o buque escola Juan Sebastián Elcano atraca no peirao da Escola Naval e navíos de guerra fondean na ría. Á noite realízase un baile de gala en honor dos alumnos.

Outra data importante é a celebración do baile do "ciento": con motivo da seu pronto embarque no buque escola Juan Sebastián Elcano os gardamariñas de segundo organizan un baile no casino de alumnos, ó que asisten tanto civís como militares de tódalas armas e varias nacións.

Buques editar

 

Os buques que teñen como base a Escola Naval son[2]:

  • Veleiros escola:
    • Arosa
    • Giralda
    • Sálvora
  • Lanchas de instrución:
    • Salas
    • Godínez
    • Rull
    • Lamadrid
    • Barrutia
    • Chereguini
  • Patrulleiros
    • Tabarca
    • Colimbo III (Servizo de Vixilancia Alfandegueira)

Repercusión editar

A Escola Naval e os aspirantes a oficias foron protagonistas de varias películas, entre elas:

Galería de imaxes editar

 
Remolcador A-51 Mahón atracado no peirao da Escola.
Remolcador A-51 Mahón atracado no peirao da Escola. 
 
Patrulleiro da Armada P-75 Descubierta na Escola.
Patrulleiro da Armada P-75 Descubierta na Escola. 
 
Pau de sinais, onde os alumnos son castigados se cometen algunha falta.
Pau de sinais, onde os alumnos son castigados se cometen algunha falta. 
 
Acto de xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos.
Acto de xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos. 
 
Buque Escola Juan Sebastián Elcano.
Buque Escola Juan Sebastián Elcano. 
 
Gardas civís saudando á Bandeira durante unha xura.
Gardas civís saudando á Bandeira durante unha xura. 
 
Compañía de alumnos a paso lixeiro.
Compañía de alumnos a paso lixeiro. 
 
Elcano ancorado no peirao da Escola.
Elcano ancorado no peirao da Escola. 

Notas editar

  1. "La Escuela Naval Militar de Marín". ABC. 17 de agosto de 1943. 
  2. "Lista oficial de buques da Armada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 06 de xaneiro de 2009.