Miguel Gila

humorista español

Miguel Gila, nado en Chamberí o 12 de marzo de 1919 e finado en Barcelona o 14 de xullo de 2001, foi un humorista madrileño.

Miguel Gila
Nome completoMiguel Gila Cuesta
AlcumeGila
Nacemento12 de marzo de 1919
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento13 de xullo de 2001
Lugar de falecementoBarcelona
Causadoenza respiratoria
SoterradoLes Corts Cemetery
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, artista de banda deseñada, actor de cinema e caricaturista
PremiosPremio Gato Perich, FAD Sebastià Gasch Award e Medalla ó Mérito no Traballo
Na rede
IMDB: nm0317888 Allocine: 148249
Musicbrainz: 572f3ca0-0cce-434e-8962-f1876aefdcda Find a Grave: 6956531 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Falla homenaxe a Gila.

Quedou orfo de pai sendo cativo e debido a dificultades económicas tivo que deixar os estudos con 13 anos. O seu primeiro traballo foi pintor de coches. Uns anos despois retomou os seus estudos, chegando até o segundo grao de aprendiz de mecánica de aviación traballando nos Talleres Elizalde de Barcelona. Posteriormente foi fresador en Construcciones Aeronáuticas SA (CASA), en Xetafe.

Ao comezo da guerra civil, sendo militante das Xuventudes Socialistas de España, participou como voluntario (xullo de 1936) no Quinto Rexemento de Enrique Líster. Pouco despois, en decembro de 1938, foi apresado e internado até maio de 1939 nun campo de prisioneiros, onde coincidiu co poeta Miguel Hernández. Pasou logo polos penais de Yeserías, Carabanchel e Torrijos, e despois cumpriu cun servizo militar de catro anos.

Comezou o seu traballo como humorista gráfico en La Exedra, revista editada en Salamanca por un grupo de universitarios cara aos anos 1943-1944, e, máis adiante, en La Codorniz e en Hermano Lobo, aínda que, segundo a súa propia autobiografía, acadou o éxito en 1951 cando actuou en Madrid como espontáneo no teatro de Fontalba, onde contou un monólogo improvisado sobre a súa experiencia de voluntario nunha guerra. Na década dos cincuenta actuou na radio. A finais dos anos 1950 participou en xiras visitando campamentos militares en África[1]. En 1968 autoexiliouse a Buenos Aires. Fixo varias xiras por América Latina e dende 1977 tamén por España, onde regresou definitivamente en 1985.

O modo máis frecuente co que expresaba o seu humor era mediante diálogos figurados (en realidade monólogos) ao teléfono, cuxo costumismo inxenuo achegábase ás veces ao surrealismo.

Faleceu en 2001 en Barcelona, por unha insuficiencia respiratoria debida a unha enfermidade pulmonar crónica que sufría había algún tempo.

Obras editar

  • De Gila con humor, Madrid: Editorial Fundamentos (1985)
  • Yo muy bien ¿y usted?, Madrid: Ediciones Temas de Hoy, S.A. (1994)
  • Y entonces nací yo, Madrid, Ediciones Temas de Hoy, S.A. (1995)
  • Un libro libre, Promoción Popular Cristiana (1996)
  • Memorias de un exilio, Salamanca. Ediciones Universidad Salamanca (1998)
  • Encuentros en el más allá, Madrid: Ediciones Temas de Hoy, S.A.,(1999).
  • Siempre Gila: Antología de sus mejores monólogos, Madrid: Aguilar, (2001)
  • Cuentos para dormir mejor, Barcelona, Planeta, (2001)
  • Tipologilas, Barcelona: Círculo de Lectores, (2002).

Notas editar

  1. NoDo (ed.). "Antifranquistas: Miguel Gila (0:36), 1958.". Consultado o 3 de setembro de 2013.