1919
ano do calendario
1919 (MCMXIX) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
1919 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1919 MCMXIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2672 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1368 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4615 – 4616 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5679 – 5680 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1974 – 1975 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1841 – 1842 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5020 – 5021 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1297 – 1298 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1338 – 1339 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2169 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 1 de xaneiro, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebknecht e Guillerme Pieck.
- 2 de xaneiro - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava.
- 5 de xaneiro - Fúndase o Partido Alemán dos Traballadores (DAP), ao que máis tarde pertenceu Adolf Hitler e ao que este cambiará o seu nome polo de NSDAP (Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores)
- 6 de xaneiro - Fracasa un levantamento comunista -espartaquista- dirixido por Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e Georg Ledebour.
- 7 de xaneiro - Agrávase a situación gremial dos talleres Vasena; comenza en Buenos Aires a "Semana Tráxica".
- 15 de xaneiro - Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, dirixentes da Liga Espartaquista e da infrutuosa Revolución Alemá, son asasinados.
- 18 de xaneiro - Comenzan as sesións da Conferencia de Paz de París.
- 3 de febreiro - Forzas soviéticas ocupan Ucraína e fórmase en Kíiv un Goberno mixto.
- 5 de febreiro
- Iníciase en Barcelona a Folga da Canadiense.
- David W. Griffith, Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, forman United Artists.
- 6 de febreiro - En Luxemburgo as mulleres obteñen o dereito de voto a partir dos 21 anos.
- 11 de febreiro - Logo de gañar as eleccións, Friedrich Ebert convértese no primeiro presidente da República de Weimar.
- 16 de febreiro:
- Prorrógase o tratado de armisticio entre Alemaña e os Aliados, que fixan provisionalmente a liña fronteiriza entre Alemaña e Polonia, polo que Posen (Poznan) convértese en polaca, e Prusia Occidental permanece no Reich alemán.
- 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades.
- 19 de febreiro:
- Atentado frustrado contra Georges Clémenceau, presidente do Consello de Ministros francés, polo anarquista Louis Cottin.
- Aparece o Manifiesto Ultraísta na revista Grecia e diversos periódicos, firmado por Guillermo de Torre e Pedro Garfias, entre outros.
- 21 de febreiro:
- Folga xeral en Barcelona iniciada pola protesta dos traballadores da empresa La Canadiense.
- Kurt Eisner, primeiro ministro da República de Baviera, asasinado.
- 23 de febreiro - Benito Mussolini funda o Partido Fascista italiano en Italia.
- 1 de marzo:
- 3 de marzo - O Goberno de Polonia pide a Alemaña a reconstitución das fronteiras polacas de 1722.
- 22 de marzo - Proclamación da República soviética de Hungría.
- 2 de abril - Deteñen ao director de Solidaridad Obrera, Ángel Pestaña.
- 7 de abril - En Bélxica 160 000 mulleres firman unha petición polo sufraxio universal aos 21 anos.
- 10 de abril - Emiliano Zapata morre nunha emboscada das forzas gobernamentais mexicanas.
- 28 de xuño - Firma do Tratado de Versalles
- 4 de xullo - O presidente peruano José Pardo y Barreda é derrocado e iníciase o que se coñece como "Oncenio de Leguía".
- 7 de xullo - Sae á rúa o último número d'O Tío Marcos d'a Portela, fundado en 1876.
- 12 de setembro - Adolf Hitler asiste como observador a un mitin do DAP. Durante a tertulia coa que finalizaba o acto, tomou a palabra para rebater os argumentos dun separatista bávaro. A súa elocuencia e argumentos chamaron a atención dos dirixentes do partido e pedíronlle que se afiliase.
- 17 de outubro - O rei Afonso XIII inaugura oficialmente a primeira liña do metro de Madrid.
- 1 de decembro - Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento británico.
- 22 de decembro - O ministro de Xustiza norteamericano, Palmer, ordena a detención de comunistas e anarquistas ante o temor de que se produzan desordes.
Acontecementos de maior duración
editar- Holocausto helénico (1914-1922)
Nacementos
editar- 1 de xaneiro - J. D. Salinger, escritor estadounidense.
- 7 de xaneiro - Julián Gallego Serrano, historiador español.
- 7 de xaneiro - Alessandro Natta, político italiano (m. 2001).
- 17 de xaneiro - Antonio Mingote, humorista gráfico español e académico da lingua española.
- 19 de xaneiro - Joan Brossa, poeta e dramaturgo español.
- 12 de marzo - Miguel Gila, humorista español
- 17 de marzo - Nat King Cole, músico de jazz estadounidense.
- 18 de marzo - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica.
- 8 de abril - Ian Smith, primeiro ministro de Rodesia.
- 15 de abril - Alberto Breccia, historietista arxentino de orixe uruguaia.
- 17 de abril - Chavela Vargas, cantante costarriqueño.
- 21 de abril - Rosario Sánchez Mora, miliciana republicana da Guerra Civil Española.
- 3 de maio - Pete Seeger, cantante de folk estadounidense.
- 7 de maio - Eva Perón, política arxentina.
- 6 de xullo - Ernst Haefliger, tenor suízo.
- 16 de xullo - Choi Kyu-hah, Presidente de Corea do Sur.
- 31 de xullo - Primo Levi, escritor italiano.
- 8 de agosto - Óscar Hurtado, escritor cubano, pai da ciencia ficción cubana.
- 9 de agosto - Emilio Vedova, pintor e gravador italiano.
- 21 de agosto - Mario Bunge, filósofo arxentino.
- 25 de agosto - George Wallace, político estadounidense.
- 3 de setembro - Mary Midgley, filósofa británica (m. 2018).
- 26 de setembro - Matilde Camus, poeta española (m. 2012).
- 3 de outubro - James M. Buchanan, economista estadounidense.
- 12 de outubro - André Casanova, compositor francés.
- 18 de outubro - Pierre Trudeau, primeiro ministro do Canadá.
- 22 de outubro - Doris Lessing, escritora, Premio Nobel de Literatura en 2007.
- 26 de outubro - Mohammad Reza Pahlavi, gobernante de Irán.
- 1 de novembro - Hermann Bondi, físico e matemático austríaco.
- 6 de novembro - Sophia de Mello Breyner Andresen, poeta portuguesa.
- 10 de novembro - Mijail Kalashnikov, militar e deseñador de armas soviético.
- 17 de decembro - Leopoldo Nóvoa, pintor galego (m. 2012).
Mortes
editar- 6 de xaneiro - Theodore Roosevelt, 26º presidente dos Estados Unidos.
- 15 de xaneiro - Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg, dirixentes socialistas alemáns.
- 3 de febreiro - Edward Charles Pickering, astrónomo estadounidense.
- 10 de abril - Emiliano Zapata, revolucionario mexicano.
- 14 de maio - Henry John Heinz, empresario estadounidense.
- 17 de maio - José Santos Zelaya, Presidente de Nicaragua.
- 4 de xuño - Augusto González Besada, político español.
- 30 de xuño - John William Strutt, físico británico, premio Nobel de Física en 1904.
- 29 de xuño - Karl Brugmann, lingüista alemán (n. 1849).
- 1 de xullo - Vicente Fraiz Andón, mestre e pedagogo galego (n. 1859)
- 15 de xullo - Hermann Emil Fischer, químico alemán, premio Nobel de Química en 1902.
- 29 de xullo - José Gregorio Hernández, médico e científico venezolano.
- 9 de agosto - Ruggiero Leoncavallo, compositor italiano.
- 11 de agosto - Andrew Carnegie, industrial e filántropo escocés-estadounidense.
- 24 de agosto - Amado Nervo, escritor mexicano.
- 2 de outubro - Victorino de la Plaza, presidente da Arxentina (1914-1916).
- 6 de outubro - Ricardo Palma, escritor peruano.
- 13 de outubro - Karl Adolph Gjellerup, dramaturgo e novelista danés, premio Nobel de Literatura en 1917.
- 2 de novembro - Abraham Valdelomar, periodista e escritor peruano.
- 15 de novembro - Alfred Werner, químico suízo, premio Nobel de Química en 1913.
- 22 de novembro - Francisco Pascasio Moreno, científico, naturalista e explorador arxentino.
- 5 de decembro - Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista.
- 3 de decembro - Pierre-Auguste Renoir, pintor francés.
- Física: Johannes Stark
- Química: Non concedido
- Fisioloxía ou Medicina: Jules Bordet
- Literatura: Carl Spitteler
- Paz: Woodrow Wilson
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1919 |