John William Strutt
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
John William Strutt, terceiro Barón de Rayleigh, nado en Langford Grove, Essex, o 12 de novembro de 1842 e finado en Witham, Essex, o 30 de xuño de 1919, foi un físico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1904.
John William Strutt ![]() | |
---|---|
![]() John William Strutt, 3er Barón de Rayleigh | |
Datos persoais | |
Nacemento | 12 de novembro de 1842 |
Lugar | ![]() |
Falecemento | 30 de xuño de 1919 (76 anos) |
Lugar | ![]() |
Soterrado | Terling (All Saints) Churchyard |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe | Evelyn Strutt, Baroness Rayleigh of Terling Place |
Fillos | Robert Strutt, Arthur Strutt, Julian Balfour Strutt e William Maitland Strutt |
Actividade | |
Campo | Termodinámica, óptica, electromagnetismo |
Alma máter | Universidade de Cambridge |
Director de tese | Edward Routh e George Stokes |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | argon, Dispersão de Rayleigh, convecção de Bénard e Rayleigh wave |
Premios | ![]() |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
En 1873, á morte do seu pai, John James Strutt, herdou o título de barón. Nos primeiros anos da súa vida sufriu fraxilidade física e mala saúde. Estudou matemáticas no Trinity College da Universidade de Cambridge en 1861, graduándose en 1865. Comezou a traballar en 1879 como profesor de física experimental na devandita universidade e como director do Laboratorio Cavendish de física experimental (1879-1884).
En 1887 trasladouse a Londres, onde foi profesor de filosofía natural da Real Institución ata 1905. Foi tamén secretario da Real Sociedade de Londres (1887-1896) e presidente da mesma (1905-1908). Desde 1892 ata 1901 actuou como gobernador do condado de Essex por expreso desexo do rei e foi chanceler da Universidade de Cambridge desde 1908 ata 1919.
Investigacións científicasEditar
As primeiras investigacións de Rayleigh recóllense na súa obra The Theory of Sound (2 vols., 1877-78), na que se describe un novo procedemento para medir as vibracións acústicas. No campo da óptica realizou unha serie de traballos sobre a polarización da luz, contribuíu á teoría da radiación do corpo negro e logrou dar unha explicación da cor azul do ceo. Ademais foi o responsable da determinación de unidades eléctricas de medida e realizou traballos sobre a luz, a cor, a electricidade, a dinámica da resonancia, as vibracións de gases e sólidos elásticos.
Tamén fixo estudos acerca da capilaridade e do electromagnetismo e achegou ideas á teoría da formación e estabilidade das veas líquidas. Pero probablemente o seu labor científico máis importante consistiu na coidadosa determinación das densidades dos gases atmosféricos. Buscando unha explicación á diferenza de densidades do nitróxeno do aire e do obtido a partir do nitrato amónico, descubriu, en colaboración con Sir William Ramsay, o elemento argon (1894).
Ingresou na Orde do Mérito con motivo da coroación de Eduardo VII e en 1904 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas investigacións sobre a densidade dun bo número de gases así como polo descubrimento do argon.
RecoñecementosEditar
Na súa honra denominouse o "cráter Rayleigh" da Lúa e o "cráter Rayleigh" de Marte.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Henri Becquerel Marie Curie e Pierre Curie |
Premio Nobel de Física 1904 |
Sucesor: Philipp Lenard |