Sophia de Mello Breyner

Sophia de Mello Breyner Andresen, nada no Porto o 6 de novembro de 1919 e finada en Lisboa o 2 de xullo de 2004[1], foi unha das máis importantes poetisas portuguesas do século XX.

Sophia de Mello Breyner Andresen
Nacemento6 de novembro de 1919
 Porto, Portugal
Falecemento2 de xullo de 2004
 Lisboa, Portugal
SoterradoIgreja de Santa Engrácia
NacionalidadePortugal
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupaciónpoeta, tradutora, escritora de literatura infantil, escritora e política
CónxuxeFrancisco Sousa Tavares
FillosMiguel Sousa Tavares
PremiosGran Premio de Poesía, pola Sociedade Portuguesa de Escritores, Premio Camões en 1999
Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana
Na rede
IMDB: nm0210248 Discogs: 1013425 WikiTree: Mello_Breyner-1 Find a Grave: 182433032 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Distinguida co Premio Camões, en 1999, converténdose na primeira muller portuguesa en recibi-lo máis importante galardón literario da lingua portuguesa. Así mesmo, foi membro da Academia das Ciencias de Lisboa.

Foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia no 2000.[2]

Traxectoria editar

Estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Lisboa, pero non chegou a terminar. Casou, en 1946, co xornalista, político e avogado Francisco Sousa Tavares e foi nai de cinco fillos: unha misioneira laica, unha profesora universitaria de Letras, un avogado e xornalista de renome, (Miguel Sousa Tavares), un pintor e ceramista e, para rematar, unha filla que herdou o nome da nai. Os fillos motivárona a escribir contos infantís.

Ten orixes danesas por parte paterna: o seu avó Jan Henrik Andresen desembarcou un día no Porto e non abandonou xamais esta rexión. Cara ao ano 1890, ao mesmo tempo que tivo o seu fillo João Henrique, comprou a leira do Campo Alegre. Como afirmou na entrevista "Sophia e a Palavra", publicada no número 26 da revista Noesis (1993), esa leira "foi um território fabuloso com uma grande e rica família servida por uma criadagem numerosa".

Criada na vella aristocracia portuguesa, educada nos valores tradicionais da moral cristiá, dirixente de movementos universitarios católicos, converteuse nunha das figuras máis representativas dunha posición política liberal, denunciando os falsos criterios do réxime salazarista e os seus seguidores máis radicais [3]. En 1975, foi electa para a Asemblea Constituínte pola circunscrición do Porto nunha lista do Partido Socialista, mentres o seu marido se inclinaba polo Partido Social Demócrata.

Tamén se distinguiu como novelista (Contos Exemplares) e autora de libros infantís (A Menina do Mar, O Cavaleiro da Dinamarca, A Floresta, O Rapaz de Bronze, A Fada Oriana etc.).

Foi tamén tradutora de Dante Alighieri e de Shakespeare.

En 1964 recibiu o Grande Premio de Poesia pola Sociedade Portuguesa de Escritores polo seu libro Livro sexto. Foi distinguida co Premio Camões en 1999, no ano 2000 co Premio Rosalía de Castro, do Pen Club Galego e co Premio Reina Sofía en 2003.

Sophia de Mello Breyner morreu aos 84 anos o día 2 de xullo de 2004 no Hospital da Cruz Vermella.

O 2 de xullo de 2014, o corpo de Sophia de Mello Breyner Andresen é trasladado ao Panteón Nacional de Portugal [4].

Obra editar

Da súa infancia e xuventude, a autora recorda sobre todo a importancia das casas, lembranza que terá grande impacto na súa obra, ao describi-las casas e os obxectos dentro delas, dos cales se lembra. Explica iso do seguinte modo: "Tenho muita memória visual e lembro-me sempre das casas, quarto por quarto, móvel por móvel e lembro-me de muitas casas que desapareceram da minha vida (…). Eu tento «representar», quer dizer, «voltar a tornar presentes», as coisas de que gostei e é isso o que se passa com as casas: quero que a memória delas não vá à deriva, não se perca"[5]

Está presente en Sophia tamén unha idea da poesía como valor transformador fundamental. A súa produción corresponde a ciclos específicos, co cume da actividade da escrita durante a noite: "Não consigo escrever de manhã, (…) preciso daquela concentração especial que se vai creando pela noite fora.".[6] A vivencia nocturna da autora é subliñada en varios poemas ("Noite", "O luar", "O jardim e a noite", "Noite de Abril", "Ó noite"). Aceptaba a noción de poeta inspirado, afirmaba que a súa poesía lle acontecía, como a Fernando Pessoa: "Fernando Pessoa dicía: «Aconteceume un poema». A miña maneira de escribir fundamental é moi próxima deste «acontecer». (…) Encontrei a poesía antes de saber que había literatura. Pensaba mesmo que os poemas non eran escritos por ninguén, que existían en si mesmos, por si mesmos, que eran como un elemento natural, que estaban suspensos inmanentes (…). É difícil describir o facer dun poema. Hai sempre unha parte que non consigo distinguir, unha parte que se pasa na zona onde eu non vexo.".[7] A súa propia vida e as súas propias lembranzas son unha inspiración para a autora, pois, como refire Dulce Maria Quintela, ela "fala de si, a través da súa poesía".

Sophia de Mello fíxose poeta xa na súa infancia, cando, tendo apenas tres anos, aprendeu "A Nau Catrineta" (Quintela, op.cit:112):

"Havia em minha casa uma criada, chamada Laura, de quem eu gostava muito. Era uma mulher jovem, loura, muito bonita. A Laura ensinou-me a "Nau Catrineta" porque havia um primo meu mais velho a quem tinham feito aprender um poema para dizer no Natal e ela não quis que eu ficasse atrás… Fui un fenómeno, a recitar a "Nau Catrineta", toda. Mas há mais encontros, encontros fundamentais com a poesia: a recitação da "Magnífica", nas noites de trovoada, por exemplo. Quando éramos un pouco mais velhos, tínhamos uma governanta que nessas noites queimava alecrim, acendia uma vela e rezava. Era um ambiente misto de religião e magia… E de certa forma nessas noites de temporal naceram muitas cousas. Inclusivamente, uma certa preocupação social e humana ou a minha primeira consciência da dureza da vida dos outros, porque essa governanta dizia: «Agora andam os pescadores no mar, vamos rezar para que eles cheguem à terra» (…)."[8]

Baseándonos nas observacións de Luísa Pessoa (2006), imos desenvolver algúns dos tópicos máis relevantes na súa creación literaria:

A infancia e xuventude – constitúen para a autora un espazo de referencia ("O jardim e a casa", Poesia, 1944; "Casa", Geografia, 1967; "Casa Branca", Poesia, 1944; "Jardim Perdido", Poesia, 1944; "Jardim e a Noite", Poesia, 1944).

O contacto coa natureza tamén marcou profundamente a súa obra. Era para a autora un exemplo de liberdade, beleza, perfección e de misterio e é largamente citada na súa obra, quer citada polas alusións á terra (árbores, paxaros, o luar), quer polas referencias ao mar (praia, conchas, ondas).

O mar é un dos conceptos-chave na creación literaria de Sophia de Mello Breyner: "Desde a orla do mar/ Onde tudo começou intacto no primeiro dia de mim".[9] O efecto literario da inspiración no mar pode observarse en varios poemas, como por exemplo, "Homens à beira-mar" ou "Mulheres à beira-mar". A autora comenta iso do seguinte modo:

"Eses poemas teñen que ver coas mañás da Granja, coas mañás da praia. E tamén cun cadro de Picasso. Hai un cadro de Picasso chamado Mulleres á beiramar. Ninguén dirá que a pintura de Picasso e a poesía de Lorca teñan tido unha enorme influencia na miña poesía, sobre todo na época do Coral… E unha das influencias do Picasso en min foi levarme a deslocar as imaxes."

Outros exemplos en que claramente se percibe o motivo do mar son "Mar" en Poesia, 1944; "Inicial" en Dual, 1972; "Praia" en No Tempo dividido; "Praia" en Coral, 1950; "Açores" en O Nome das Coisas, 1977. Neles exprésase a obsesión do mar, da súa beleza, da súa serenidade e dos seus mitos. O mar xorde aquí como símbolo da dinámica da vida. Todo vén del e todo a el regresa. É o espazo da vida, das transformacións e da morte.

A cidade constitúe outro motivo frecuentemente repetido na obra de Sophia ("Cidade" en Livro Sexto, 1962; "Há Cidades Acesas", Poesia, 1944; "Cidade" en Livro Sexto, 1962; "Fúrias", Ilhas, 1989). A cidade é aquí un espazo negativo. Representa o mundo frío, artificial, hostil e deshumanizado, o contrario da natureza e da seguridade.

Outro tópico acentuado con frecuencia na obra de Sophia é o tempo: o dividido e o absoluto que se opoñen. O primeiro é o tempo da soidade, medo e mentira, mentres o tempo absoluto é eterno, une a vida e é o tempo dos valores morais ("Este é o Tempo", Mar Novo, 1958; "O Tempo Dividido", No Tempo Dividido, 1954). Segundo Eduardo Prado Coelho,[10] o tempo dividido é o tempo do exilio da casa, asociado coa cidade, porque a cidade é tamén feita polo torcer de tempo, pola degradación.

Sophia de Mello era admiradora da literatura clásica. Nos seus poemas aparecen frecuentemente palabras de grafía antiga (Eurydice, Delphos, Amphora). O culto pola arte e tradición propias da civilización grega sonlle próximos e inclúense na súa obra ("O Rei de Ítaca", O Nome das Coisas, 1977; "Os Gregos", Dual, 1972; "Exílio", O Nome das Coisas, 1977; "Soneto de Eurydice", No Tempo Dividido, "Crepúsculo dos Deuses", Geografia; "O Rei de Ítaca", O Nome das Coisas, 1977; "Ressurgiremos", Livro Sexto, 1962).

Alén dos aspectos temáticos referidos, varios autores (Pessoa, op.cit:64-71; Quintela, 1981:112-114; Sena, 1988:174; Berrini, 1985[11]) subliñan a enorme influencia de Fernando Pessoa na obra de Sophia de Mello Breyner. O que os dous autores teñen en común é a influencia de Platón, o apelo ao infinito, a memoria da infancia, o sebastianismo e o mesianismo, o ton formal que evoca Álvaro de Campos. A figura de Pessoa encóntrase evocada múltiplas veces nos poemas de Sophia ("Homenagem a Ricardo Reis", Dual, 1972; "Cíclades (evocando Fernando Pessoa)", O Nome das Coisas, 1977).

De modo xeral, o universo temático da autora é abranxente e pode ser representado polos seguintes puntos resumidos (Besse, 1990, 11,13; Pessoa, 2006:15):

En canto ao estilo de linguaxe de Sophia de Mello Breyner, podemos constatar que, como refire Besse (op.cit: 14), Sophia de Mello Breyner ten un estilo característico, cuxas marcas máis evidentes son o valor hierático da palabra, a expresión rigorosa, o apelo á visión clarificadora, riqueza de símbolos e alegorías, sinestesias e ritmo evocador dunha dimensión ritual. Nótase unha "transparencia da palabra na súa relación da linguaxe coas cousas, a luminosidade dun mundo onde intelecto e ritmo se harmoniza na forma melódica, perfecta".[12]

A opinión sobre ela dalgúns dos máis importantes críticos literarios portugueses é a mesma: o talento da autora é unanimemente apreciado. Eduardo Lourenço afirma que Sophia de Mello Breyner ten unha sabedoría "mais funda do que o simples saber", que o seu coñecemento íntimo é inmenso e a súa reflexión, por máis profunda que sexa, está exposta nunha simplicidade orixinal.[13] Seguen algúns exemplos doutros estudosos que comparten esa opinión:

"A súa sensibilidade de poeta oscila entre o modernismo de expresión e un clasicismo de ton, caracterizado por unha sobriedade extremadamente dominada e por unha lucidez dialéctica que coloca moitas das súas composicións na liña dos nosos mellores clásicos." (Álvaro Manuel Machado, Quem é Quem na Literatura Portuguesa)

"Sophia de Mello Breyner Andresen é,canto a nós, un caso sen par na poesía portuguesa, non só pola difusa sedución dos temas ou polos rigores da expresión, mais sobre todo por calquera cousa, anterior a iso todo, en que todo iso se reflicte: unha rara esixencia de esencialidade". (David Mourão-Ferreira, Vinte Poetas Contemporâneos)

"A poesía de Sophia de Mello Breyner Andresen é (…) unha das voces máis nobres da poesía portuguesa do noso tempo. Entendamos, por so a música dos seus versos, un apelo xeneroso, unha comuñón humana, unha calor de vida, unha franqueza ruda no amor, un clamor irredutíbel de liberdade – aos cales, como o poeta ensina, debemos erguernos sen compromisos nin vacilacións." (Jorge de Sena, "Alguns Poetas de 1938" en Colóquio Artes e Letras, nº 1, xaneiro de 1959)

Obras editar

 
Busto de Sophia de Mello Breyner no Xardín Botánico do Porto.

Homenaxes editar

 
Placa toponímica do miradoiro.

Notas editar

  1. Nova do falecemento en A Folha de São Paulo
  2. "Valente, Gimferrer, Lertxundi e De Melo, premios Rosalía de Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 2000-07-14. Consultado o 2020-12-12. 
  3. Biografía en As Tormentas
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 03 de xullo de 2014. 
  5. Entrevista concedida a Eduardo do Prado Coelho, en ICALP REVISTA, nº 6, 1986, 60-61.
  6. Ibídem, p.62.
  7. Sophia de Mello Breyner, en rev. Crítica, 1972
  8. Entrevista de Maria Armanda Passos, "Sophia, um retrato", no Jornal de Letras, nº 26, febreiro de 1982
  9. Sophia de Mello Breyner Andresen, en "Dual"
  10. "Sophia, a Lírica e a Lógica" en Coloqio, nº 57, 1981
  11. Beatriz Berrini, "Referencia a Sophia" en Eça e Pessoa, Regra de Jogo, Lisboa, 1985
  12. "Sophia de Mello Breyner deu vigor à poesia sobre o homem moderno" (en portugués). Consultado o 05.05.2009. 
  13. Eduardo Lourenço, prefacio á Antologia, Figueirinhas, Porto, 1985, pp.7-8

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar