O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Unha moeda de prata ―de 16 mm, 2.2 gramos― do rei Rudrasena I (200-222), da Satrapía occidental. Esta moeda leva a data en saka en escritura brahmi no reverso: 131 saka, que corresponde a 209 d. C.
Mohar do rei gorkhali Prithvi Narayan Shah, datado no 1685 saka (1763 d. C.).

Á marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

Estrutura do calendario

editar
Mes Duración Inicio
(cal. gregoriano)
Chaitra 30/31 22 de marzo
Vaisakha 31 21 de abril
Jyaistha 31 22 de maio
Asadha 31 22 de xuño
Sravana 31 23 de xullo
Bhadra 31 23 de agosto
Asvina 30 23 de setembro
Kartika 30 23 de outubro
Agrahayana 30 22 de novembro
Pausa 30 22 de decembro
Magha 30 21 de xaneiro
Phalguna 30 20 de febreiro

En anos bisestos, Chaitra ten 31 días e comeza o 21 de marzo en lugar do 30. Os meses da primeira metade do ano teñen todos 31 días, para ter en conta o movemento máis lento do sol a través da eclíptica neste tempo.

Os nomes dos meses derivan de calendarios hindús lunisolares máis antigos, polo que existen variacións no deletreo, o que é unha fonte posíbel da confusión en canto a que calendario pertence unha data.

Os anos cóntanse na era Saka, a que comeza o seu ano 0 no 78.