Prusia

histórico estado alemán de Europa Central (1525-1947)

Prusia (en alemán: Preußen ou Preussen; en polaco: Prusy; en ruso: Пру́ссия; en latín: Borussia, Prutenia) foi un Estado do mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu dende finais da idade media. Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de Brandeburgo-Prusia, que finalmente abrangueu case toda a Alemaña do norte, e existiu ata o final da segunda guerra mundial. Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da Ilustración. Iniciu progresivas reformas no século XIX e finalmente converteuse na forza impulsora detrás da fundación do estado nación alemán.[1]

Modelo:Xeografía políticaPrusia
Preußen (de) Editar o valor em Wikidata

HimnoPreußenlied (en) Traducir (1830-1840) Editar o valor em Wikidata

Lema«Gott mit uns (pt) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalKönigsberg (1525–1701)
Berlín (1701–1947) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación41.915.040 (1939) Editar o valor em Wikidata (141,12 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie297.007 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1525 Editar o valor em Wikidata
Disolución25 de febreiro de 1947
1933 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAlemaña nazi e Alemaña Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía (1525–1918)
república (1919–1947) Editar o valor em Wikidata

Orixinariamente, o nome Prusia só se refería ao núcleo do estado da Orde Teutónica na antiga área tribal dos prusios, un pobo báltico occidental, e os territorios que xurdiron fóra do Sacro Imperio Romano Xermánico. Despois de que o elector Hohenzollern de Brandeburgo (como Duque de Prusia en 1701) asumise o título de rei en Prusia, a designación xeral do reino de Prusia converteuse na norma para todas as posicións da súa casa dentro e fóra do imperio.[2]

De ser un estado membro da Confederación Alemá dende 1815, o reino de Prusia converteuse no poder supremo da Confederación Alemá do Norte en 1866 e do Imperio Alemán en 1871. En 1918, transformouse no Estado Libre Republicano de Prusia, considerado o "baluarte da democracia" na República de Weimar.[3] Porén, despois do golpe de estado de Prusia de 1932 e do Gleichschaltung durante a era nazi, o Estado libre perdeu a súa autonomía. Finalmente en 1947, o Consello de Control Aliado declarou a disolución de iure de Prusia.[4]

Dende 2004, todos os territorios que unha vez perceron a Prusia, agás Kaliningrado, forman parte da Unión Europea.[5]

Notas editar

  1. Winkler, Heinrich August (14 de setembro de 2018). "La fundación del Imperio". Deutschland. Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. Kaufmann, Sabine (29 de abril de 2020). "Preußen". Planet Wissen (en alemán). Consultado o 16 de maio de 2020. 
  3. Möller, Horst (2015). "III". La República de Weimar: Una democracia inacabada. ISBN 849114076X. 
  4. Solar, David (23 de outubro de 2016). "Prusia: el chivo expiatorio de Alemania". La Razón (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  5. "Kaliningrado: ¿Primeros pasos hacia la Unión Europea?". Cafe Babel. Refundación de la Unión Europea. 14 de xullo de 2006. Consultado o 16 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar