Berlín

cidade capital de Alemaña

Berlín[1][2] (en alemánBerlin[bɛɐ̯ˈliːn] (AFI)De-Berlin.ogg escoitar) é a capital e un dos dezaseis estados de Alemaña. Cunha poboación de 3,4 millóns nos límites do concello, Berlín é a meirande cidade do país xermano. Constitúe a segunda maior cidade da UE e a novena maior área metropolitana. Berlín atópase no nordeste do país, e constitúe o centro da área metropolitana Berlín-Brandeburgo, fogar de máis de 5 millóns de persoas de máis de 190 nacionalidades.[3][4]

Modelo:Xeografía políticaBerlín
Berlin (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°31′N 13°23′L / 52.52, 13.38Coordenadas: 52°31′N 13°23′L / 52.52, 13.38
EstadoAlemaña Editar o valor em Wikidata
Enclave enBrandeburgo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Alemaña (1990–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.755.251 (2022) Editar o valor em Wikidata (4.214,08 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie891,12 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Spree, Großer Wannsee (pt) Traducir, Lake Tegel (en) Traducir, Havel, Dahme, Müggelsee (en) Traducir, Aalemannkanal (en) Traducir, Neukölln Ship Canal (en) Traducir, Luisenstadt Canal (en) Traducir, Teltow Canal (en) Traducir, Landwehrkanal (pt) Traducir, Westhafen Canal (en) Traducir, Gosen Canal (en) Traducir, Tegeler Fließ e Berlin-Spandau Ship Canal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude34 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoArkenberge (121,9 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1244 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
• Governing Mayor of Berlin (en) Traducir Editar o valor em WikidataKai Wegner (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAbgeordnetenhaus of Berlin (en) Traducir , (Escano: 149) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of the State of Berlin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Orzamento28.000.000.000 € (2018) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10115–14199 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico030 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2DE-BE Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE3 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña110000000000 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán11000000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (2023–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webberlin.de… Editar o valor em Wikidata
Facebook: Hauptstadtportal Twitter: berlin_de_news Instagram: hauptstadtportal Youtube: UCbAm6ZWiv_pjfXTjXsqVSoA Editar o valor em Wikidata

Documentada por primeira vez no século XIII, ao longo da súa historia Berlín foi capital do Reino de Prusia (1701-1918), o Imperio alemán (1871-1918), a República de Weimar (1919-1933) e do Terceiro Reich (1933-1945).[5] Trala segunda guerra mundial, a cidade foi dividida; o Berlín do leste converteuse na capital da República Democrática Alemá mentres o Berlín do oeste converteuse na capital da Alemaña occidental, estando a cidade separada polo Muro de Berlín entre 1961-1989.[6] Trala Reunificación alemá en 1990, a cidade recuperou o seu status como capital de toda Alemaña.[7]

Historia editar

Artigo principal: Historia de Berlín.
 
Imaxe de satélite coa posición do muro de Berlín.

Algúns séculos antes da era actual, a zona onde hoxe se sitúa Berlín comezou a ser habitada por diversas tribos que se estabeleceron nas marxes dos ríos Spree e Havel. No século VI, diversas tribos eslavas construíron fortificacións nas actuais zonas suburbanas de Spandau e Köpenick. Por volta do século XI, Albrecht, guerreiro saxón da Casa dos Ascanios, derrota as tribos eslavas e convértese no primeiro Markgraf (conde) de Brandeburgo. Por esa altura, estabelecéronse, nas marxes do río Spree, inmigrantes doutras rexións, especialmente do val do Rin e da Franconia.[8][9]

O primeiro documento histórico berlinense remonta a 1237, aludindo ás poboacións de Cölln e Berlín, situadas en cada unha das marxes do río Spree, envolvendo o local onde hoxe se sitúa Nikolaiviertel. As dúas localidades aliáranse en 1307, constituíndo un só municipio.[8][10]

Coa morte, en 1319, do último gobernante ascanio, Brandeburgo foi disputado polas casas de Luxemburgo e Wittelsbach, o que orixinou loitas sanguiñolentas. En 1414, os habitantes de Berlín, cansados de tanto sufrimento, solicitaron o auxilio do emperador do Sacro Imperio Romano que lles enviou, como protector, a Friedrich von Hohenzollern, dando orixe a 500 anos de dominio da Casa de Hohenzollern.[11]

En 1432, Cölln e Berlín consolidan a alianza de 1307, unificándose formalmente. En 1486 converteuse na sede do electorado de Brandeburgo.

Coa subida, en 1640, de Friedrich Wilhelm von Hohenzollern ao trono de Brandeburgo, a cidade de Berlín desenvolveuse enormemente, tanto en extensión como en cantidade de habitantes, atixindo, no final do século XVII, o número de 20 000. Na segunda metade dese século fortificouse Berlín, guindouse coa canle ligando os ríos Spree e Oder, plantáronse tilias na Unter den Linden - hoxe unha das máis importantes arterias da cidade, en cuxo extremo poente situase o máis coñecido monumento de Berlín: a Porta de Brandeburgo.[12]

No inicio do século XVIII, Frederich III, sucesor de Friedrich von Hohenzollen, transforma Bradenburgo nun reino, e el é corado como Friedrich I de Prusia. Berlín pasa, entón, á categoría de capital prusiana, vendo nacer as Academias de Belas Artes e da Ciencia. Impoñentes edificios xorden por todos os lados, sendo de destacar a Zeughaus e o castelo de Verán (Charlottenburg).

No tempo de Friedrich Wilhelm I, fillo de Friedrich I, a poboación de Berlín acadaba os 90 000 habitantes. O rei seguinte, Friedrich II, transformou Berlín nunha cidade cultural. Cando na súa morte, nos finais do século XVIII, a poboación de Berlín atinguía os 150 000 habitantes.[13]

No inicio do século seguinte, Napoleón Bonaparte vence ós prusianos, ocupa Berlín e leva para París a cuadriga que está enriba da Porta de Brandeburgo, orgullo da cidade. Coa derrota de Napoleón, a cuadriga volta a ser colocada no mesmo local, con gran xúbilo da poboación. Iníciase, nesta época, a industrialización de Berlín: xorde unha fábrica de locomotoras en 1837 e, no ano seguinte, inaugúrase a liña ferroviaria entre a capital e Potsdam. Berlín énchese de edificios grandiosamente concibidos, na maior parte, por Karl Friedrich Schinkel. En 1850 Berlín xa tiña 300 000 habitantes.

En 1861, Otto von Bismarck , ó ser nomeado chanceler, principia, a partir de 1864, unha política para colocar Prusia á cabeza de todos os estados de lingua alemá en detrimento de Austria. Para o efecto, Prusia declarou, sucesivamente, guerra á Dinamarca, Austria e Francia, asumindo o control de Schleswig-Holstein, da Confederación do Norte da Alemaña (asociación que englobaba 22 estados e cidades libres) e das provincias de Alsacia e de Lorena. O 18 de xaneiro de 1871, Bismark proclama un Imperio Alemán, tendo por capital Berlín e Guillerme como emperador (káiser). A abolición das barreiras comerciais e as indemnizacións pagadas por Francia, permitiron un enorme desenvolvemento industrial, co conseguinte aumento da poboación da cidade de Berlín e unha melloría significativa das infraestruturas urbanas: novo sistema de sumidoiros (1876), iluminación eléctrica (1879) e instalación de teléfonos e da primeira liña férrea urbana (1881).

Século XX editar

 
Muro de Berlín.

A comezos do século xx, a cidade tiña 1,9 millóns de habitantes, duplicando ese número aos 20 anos.

A primeira guerra mundial non ten un reflexo moi grande sobre a estrutura da cidade.

O 30 de xaneiro de 1933, Adolf Hitler foi nomeado chanceler, iniciado, coa invasión de Polonia, a 1 de setembro de 1939, a segunda guerra mundial que se estendería ata 1945, altura en que a Alemaña perde a contenda e Berlín é invadida polas tropas soviéticas. A partir de 1940, Berlín sufriu numerosos bombardeos, especialmente no último ano da guerra, tendo a maioría dos edificios ficado en ruínas. Logo do fin da guerra, as tropas americanas, británicas, francesas e soviéticas, reunidas en Potsdam, dividen a cidade en catro sectores.

En 1949 nace, nos territorios controlados polos soviéticos, a República Democrática Alemá, tendo por capital a zona oriental de Berlín. Os restantes sectores de Berlín fican, así, a constituír un enclave dentro do territorio da RDA. Para evitar a fuga dos berlineses para os sectores occidentais, o goberno comunista construíu, en 1961, un muro con preto de 150 km de extensión, envolvendo os restantes sectores. Quen tentase ultrapasalo, era inmediatamente morto.

A partir de 1989, as mudanzas políticas que ocorren na Europa Occidental levaran á queda do muro de Berlín e á abertura das fronteiras entre a RDA e o restante territorio da Alemaña (RFA).

En 1990, a Alemaña reunifícase e Berlín volta a ser a capital, sucedendo a Bonn, capital alemá dende os finais da segunda guerra mundial. De entón para acó, a cidade vén sufrindo unha completa transformación urbanística, coa reconstrución e rehabilitación de edificios históricos e a edificación de novos barrios, aproveitando especialmente as zonas anteriormente ocupadas polo Muro.

Berlín rexorde, actualmente, en toda a súa imponencia, podendo ser considerada unha das máis belas cidades europeas.

Economía editar

 
A Potsdamer Platz é a sede central do Deutsche Bahn

Logo da reunificación en 1990, importantes subvencións anteriormente recibidas polo Berlín Oeste foron eliminándose paseniñamente. A base industrial da antiga Berlín Leste diminuíu dramaticamente nunha soa década, dando lugar a unha taxa de desemprego de case o 20% e ao estancamento das taxas de crecemento do PIB ata o 2005. En 2006, o PIB nominal de Berlín experimentou unha taxa de crecemento do 1,5% (2,7% en Alemaña). Dende entón, a taxa de desemprego diminuíu de xeito constante ata chegar ao 14,1% (Nov/2007), sendo aínda moi superior á media alemá (8,4%/Set/2007), e á da UE (6,7%/Ago/2007).[14][15]

Das trinta empresas que conforman o índice alemán DAX, só Siemens AG ten a súa sede en Berlín. Entre os 20 maiores patronos en Berlín están a empresa ferroviaria Deutsche Bahn (DB), a empresa do hospital Charité, a empresa local de transporte público BVG, o provedor de servizos Dussmann e Piepenbrock. BayerSchering Pharma e Berlín Chemie son grandes compañías farmacéuticas con sede na cidade.[16]

Berlín Adlershof é un dos 15 maiores parques tecnolóxicos en todo o mundo. A investigación e o desenvolvemento revisten suma importancia económica, e a rexión Berlín-Brandeburgo sitúase entre as tres principais rexións innovadoras na UE.[17][18]

O crecente sector turístico abrangue 581 hoteis con 87.800 camas e ao redor de 15,9 millóns de pernoctacións, facendo de Berlín a terceira cidade máis visitada na Unión Europea.[19]

Lugares de interese editar

 
Porta de Brandeburgo coroada pola Cuadriga.
 
Gedächtniskirche (igrexa da lembranza) en Breitscheidplatz, Berlín

O Muro de Berlín: Aínda perduran algúns tramos desta construción que dividiu non só a cidade de Berlín, senón tamén o mundo en dúas ideoloxías diametralmente opostas. En Mühlenstrasse pódese ver un anaco de máis dun quilómetro desta reliquia do pasado. Así mesmo consérvase en bo estado o Checkpoint Charlie, que foi un dos puntos de acceso para estranxeiros en Berlín Leste e de escape clandestino dalgúns habitantes da RDA. Actualmente Checkpoint Charlie é un museo adicado á historia do muro e a aqueles que de diversos xeitos tentaron atravesalo.

A Porta de Brandeburgo: Monumento situado a poucos metros do derrubado muro, na terra de ninguén que había entre o muro mesmo e os cuarteis e torres de vixilancia da policía (Volkspolizei) da RDA, é hoxe símbolo da reunificación do país.

O Reichstag: É dende 1999 de novo sede do parlamento federal, hoxe chamado Bundestag. Na súa reconstrución, só se deixaron os muros exteriores; o interior é totalmente novo. A súa cúpula, de cristal, é accesible ao público e ofrece unha magnífica vista panorámica da cidade, sobre todo de noite.

A Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche: Igrexa localizada no Centro de Berlín Oeste (antigo Berlín Occidental), sufriu os bombardeos dos aliados durante a segunda guerra mundial. A estes bombardeos só sobreviviu unha gran torre que foi conservada sen restaurar para lembrar as consecuencias da guerra, albergando na súa parte alta a Freiheitsglocke (Campá da liberdade) e ao que lle foi anexado un edificio moderno para a parroquia. De feito, esta igrexa é tamén coñecida como "a igrexa en lembranza á futilidade da guerra". A entrada á igrexa é de balde e abre as súas portas de nove da mañá a sete da tarde, todos os días da semana.

Potsdamer Platz: No corazón do Berlín Occidental áchase a nova Potsdamer Platz, que nos anos 1920 era un dos puntos máis populares de toda Europa. A partir da caída do muro, pasou a ser un enorme proxecto de construción, no que hoxe en día pódense atopar modernos centros comerciais e rañaceos que marcan unha nova época para Berlín.

 
Unter den Linden é o principal bulevar da cidade
 
Alexanderplatz

Unter den Linden (Baixo os tilos) é o principal bulevar da cidade. Comeza na Pariser Platz (Praza de París) no lado oeste da porta de Brandeburgo, onde se atopan a Akademie der Künste (Academia de Arte), o coñecido Hotel Adlon e as embaixadas de Francia e dos Estados Unidos. Esta praza percorre 1,5 km en dirección Leste ata a ponte denominada Schlossbrücke, o cal serve de unión coa Illa dos Museos e o centro Leste de Berlín. Nunha praza adxacente a esta avenida Unter den Linden atópase a catedral (católica) de Berlín , xusto entre a Ópera (unha das tres que ten a cidade) e o edificio coñecido como a Kommode. Tamén nesta rúa está situada a prestixiosa Universidade Humboldt de Berlín, a máis antiga da cidade.

Alexanderplatz: No centro do antigo Berlín Leste atópase esta gran praza onde o antigo goberno comunista da RDA deixou a súa pegada máis visible. Preto desta praza áchase a torre de televisión (Fernsehturm) de 368m de altura, que pode ser vista dende case calquera punto da cidade. Construída nos anos 1960, a torre conta cun restaurante circular panorámico que vira sobre si mesmo e dende o que pode verse unha ampla panorámica da cidade.

 
Memorial do Holocausto, Peter Eisenman

As inmediacións da Alexanderplatz están ateigadas de monumentos e grandes edificios antigos, prazas e comercios de todo tipo. Entre os monumentos destaca o Concello (Rotes Rathaus) e a catedral (protestante) de Berlín (Berliner Dom); ambos edificios teñen unha arquitectura particular.

Friedrichstrasse: Antigo centro cultural, económico e comercial de Berlín. Actualmente intenta recuperar a súa importancia na cidade.

Memorial do Holocausto: Os 2711 bloques de formigón lembran os horrores do Holocausto xudeu por parte do nazismo. Este monumento, deseñado polo arquitecto Peter Eisenman, atópase a poucos metros da Porta de Brandeburgo.

Museos e pinacotecas editar

 
O Museo Bode na punta norte da Illa dos Museos
 
Raíña Nefertiti

En Berlín atópanse 365 museos. O conxunto na Illa dos Museos, lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e situado na parte norte da Illa Spree, entre o Spree e o Kupfergraben. Xa en 1841 foi nomeada -distrito adicado á arte e as antigüidades- por un decreto real. Por conseguinte, o Altes Museum (Museo Antigo) no Lustgarten, que mostraba o busto de a raíña Nefertiti,[20] e o Neues Museum (Museo Novo), o Alte Nationalgalerie (Antiga Galería Nacional), o Museo de Pérgamo e o Museo Bode (que tamén alberga o Gabinete Numismático de Berlín), erixíronse alí.

Fóra da Illa dos Museos, existen moitos outros. A Gemäldegalerie (Galería de Pinturas) céntrase nas pinturas dos "antigos mestres" dos séculos XIII ao XVIII, mentres que a Neue Nationalgalerie (Nova Galería Nacional, construída por Ludwig Mies van der Rohe) especialízase en pintura europea do século XX.

Na primavera de 2006, reabriuse o expandido Museo Alemán de Historia (Deutsches Historisches Museum) na Zeughaus cunha exposición adicada á historia alemá a través da caída do Muro de Berlín en 1989.

 
Checkpoint Charlie
 
Museo Xudeu de Berlín

No Museumszentrum Berlin-Dahlem (distrito de Dahlem), hai varios museos da arte e cultura mundiais, como o Museo de Arte India, o Museo de Arte de Asia Oriental, o Museo Etnolóxico, o Museo das Culturas Europeas, así como o Museo dos Aliados (un museo sobre a guerra fría), o Museo Brücke (un museo de arte).

Outros museos:

  • Bauhaus-Archive: é un museo de arquitectura.
  • Checkpoint Charlie, queda como lugar e museo dun dos puntos de cruzamento do Muro de Berlín. O museo, que é un negocio privado, exhibe material sobre o que a xente enxeñou para pasar o muro.
  • Museo Alemán de Tecnoloxía en Kreuzberg: ten unha ampla colección de artefactos técnicos históricos.
  • Museo Exipcio de Berlín: atópase ao outro lado da rúa respecto ao Palacio de Charlottenburgo, alberga unha das máis importantes coleccións mundiais de obxectos do Antigo Exipto.
  • Museo Erótico Beate Uhse preto do zoo: sostén que é o museo erótico máis grande do mundo.[21]
  • Museo Humboldt de Historia Natural preto de Berlin Hauptbahnhof: posúe o dinosauro reconstruído máis grande do mundo e o mellor exemplar existente dun archaeopteryx.[22]
  • Museo Xudeu de Berlín: ten unha mostra permanente sobre os máis de dous mil anos de historia xermano-xudía.[23]
  • Museo da Stasi, en Lichtenberg, sobre as bases do anterior Ministerio de Alemaña do Leste para a seguridade do estado (Stasi).
  • Museo Story of Berlin: combina novas tecnoloxías audiovisuais coa historia da cidade. Nel pódese visitar tamén un dos 23 búnkeres subterráneos que quedan na cidade.

Espazos naturais editar

 
O Tiergarten constitúe o principal parque de Berlín

O contrato do Bosque Permanente foi un acordo de 1915 entre Berlín e Prusia, para a adquisición de bosque en torno á cidade. O termo Bosque Permanente, como parte do nome do contrato, refírese ao seu propósito de permanecer inalterable no tempo.

En contraste coas partes central e leste da cidade, densamente urbanizadas, as zonas do oeste ábrense a zonas verdes boscosas, con lagos alimentados polos ríos Spree e Havel, que ofrecen ao visitante lugares de lecer e espazos naturais.

Tiergarten: É un gran parque localizado no centro da cidade. Nos seus primeiros anos foi unha zona de caza e posteriormente pasou a ser unha gran zona verde para uso e goce dos berlineses.

Xardín Botánico: É un dos máis grandes e coñecidos de Europa, ten ademais unha importante colección de plantas preparadas e unha Biblioteca especializada.

Cultura editar

 
Festival Internacional de Cine de Berlín

Principais eventos editar

Festival Internacional de Cine de Berlín: Tódolos anos no mes de febreiro, o festival Berlinale evoca a maxia do mundo cinematográfico entre as torres e os palacios de vidro da Potsdamer Platz. Un xurado internacional elixe aos ganadores do Oso de Ouro e de Prata.

Love Parade: Cada verán o maior desfile de amantes da música techno que atravesa o parque Tiergarten no centro da cidade. Máis dun millón de persoas danse cita cada ano no medio de carrozas e vestimentas coloridas. Este festival volveu celebrarse en 2006 tras ser suspendido durante dúas tempadas.

Festival Internacional de Literatura de Berlín: Achega anualmente a un gran número de espectadores ás tendencias ecuménicas da prosa e a lírica contemporáneas. Na primeira quincena do mes de setembro danse cita na capital xermana un centenar de autores que non só comparten os seus textos coa audiencia, senón que expresan as súas opinións e vicisitudes sobre temas de actualidade política ou cultural dos países de orixe nos simposios organizados para tal efecto.

Transportes editar

 
Estación Central

A cidade ten tres aeroportos: Schönefeld (que comezou a operar nos anos 1930 e trala división de Alemaña permanecera en territorio da RDA), Tegel e Tempelhof (pechouse o 31 de outubro de 2008), pero os tres xuntos rexistran menos tráfico que o aeroporto de Frankfurt e o de Múnic.

O Metro de Berlín (en alemán Berliner U-Bahn) é un dos máis funcionais e prácticos de Europa. Xunto co tren de proximidade (S-Bahn) conforma unha densa rede urbana de transporte que facilita os desprazamentos pola capital alemá. O Metro é xestionado pola Berliner Verkehrsbetriebe (BVG) á que tamén pertencen os buses e tranvías, o S-Bahn pola Deutsche Bahn (DB).

En canto ao sistema ferroviario, a Estación Central de Berlín (en alemán Hauptbahnhof) é un proxecto de 900 millóns de euros iniciado en 1992, que comezou a ser construído en 1995 e foi inaugurada en maio de 2006, xusto a tempo para a celebración da Copa Mundial de Fútbol en Alemaña.

Irmandada editar

Predecesor:
  Ámsterdan
 
Capital Europea da cultura

1988
Sucesor:
  París

Notas editar

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RAG
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Davies, Catriona (10 April 2010). "Revealed: Cities that rule the world – and those on the rise". CNN. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  4. Sifton, Sam (31 de decembro 1969). "Berlin, the big canvas". The New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  5. Documents of German Unification, 1848-1871 Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. Encyclopædia Britannica. "Berlin Wall". Consultado o 18-08-2008. 
  7. German Embassy in Washington. "Berlin Capital of Germany". Arquivado dende o orixinal o 18-05-2006. Consultado o 18-08-2008. 
  8. 8,0 8,1 "Berlin dig finds city older than thought". Associated Press. 
  9. "Spandau Citadel". Berlin tourist board. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  10. "Berlin ist älter als gedacht: Hausreste aus dem Jahr 1174 entdeckt". dpa. Consultado o 24 de agosto de 2012. 
  11. "The Hohenzollern Dynasty". Antipas. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  12. "Berlin Cathedral". SMPProtein. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2006. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  13. "Brandenburg during the 30 Years War". WHKMLA. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  14. Unemployment rate(German), www.tagesspiegel.de, Consultado o 17 de decembro de 2007
  15. "Eurozone jobless marks record low". BBC (en ingles). Consultado o 01/12/2007. 
  16. "Exporteinbruch stürzt deutsche Wirtschaft in die Krise" (en alemán). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2008. 
  17. "Berlin City of Design Press Release". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2008. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  18. "Arbeitslosigkeit sinkt auf niedrigsten Stand seit 20 Jahren" (en alemán). Berliner Morgenpost. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  19. "ICCA publishes top 20 country and city rankings 2007". ICCA. Consultado o 18 de agosto de 2008. 
  20. A 3,000-year-old smile Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Expatica.Com, Accessed November 1, 2006
  21. "In Berlin, the Art of Sex". Washingtonpost.com. 18 de abril de 1999. Consultado o 7 de abril de 2012. 
  22. "The World of Dinosaurs". Naturkundemuseum-berlin.de. 20 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 7 de abril de 2012. 
  23. "Exhibitions". Jewish Museum Berlin. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Berlín
 
Hamburgo
 
Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011