Baixa Saxonia
A Baixa Saxonia[1][2] (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).
Baixa Saxonia | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Hannover | ||
• Poboación | 518 088 (2008) | ||
Lingua oficial | Alemán1 | ||
Forma de goberno | Estado federado | ||
Ministro-Presidente | David McAllister (CDU) | ||
Fundado | 1946 | ||
Superficie | Posto 2º | ||
• Total | 47 624 km² | ||
Poboación | Posto 4º | ||
• Total | 7 977 000 hab. | ||
• Densidade | 167 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .de | ||
Código ISO | DE-NI | ||
A Baixa Saxonia está bañado no seu extremo setentrional polo Mar do Norte, facendo fronteira cos Estados de Schleswig-Holstein, Hamburgo, e Mecklemburgo-Antepomerania ao norte; Brandeburgo e Saxonia-Anhalt ao leste; Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia ao sur; e cos Países Baixos ao oeste. En total, a Baixa Saxonia é o estado alemán que está rodeado por máis estados distintos. O Estado de Bremen forma dous enclaves dentro da Baixa Saxonia, un a Cidade de Bremen e outro a cidade portuaria de Bremerhaven. As principais cidades do estado son Hannover, Braunschweig, Lüneburg, Osnabrück, Oldenburg e Göttingen.
NotasEditar
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Diciopedia do século 21. Galaxia. p. 1508. ISBN 9788482893600.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |