Goslar
Goslar é unha pequena cidade de Alemaña pertencente ao Land da Baixa Saxonia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
District of Lower Saxony (en) | Goslar (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Baßgeige (en) Cidade Histórica de Goslar (pt) Georgenberg (en) Hahndorf (en) Hahnenklee (en) Immenrode (en) Jerstedt (en) Jürgenohl (en) Lengde (en) Lochtum (en) Ohlhof (en) Oker Rammelsberg Steinberg (en) Sudmerberg Vienenburg Weddingen (en) Wiedelah (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 50.253 (2023) (306,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 163,88 km² | ||||
Altitude | 255 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Urte Schwerdtner (pt) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38640, 38642 e 38644 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 05321 e 05325 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | goslar.de |
Xeografía
editarSituada a 358 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 92,56 km².
Segundo o censo do 31 de decembro de 2021, contaba con 50 010 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboaión nese ano era de 305 hab./km².
A cidade encóntrase nas proximidades do Harz, zona montañosa do norte de Alemaña que ten as altitudes máis altas nesa rexión, e o seu terreo accidentado esténdese por partes da Baixa Saxonia, Saxonia-Anhalt e Turinxia. O nome Harz deriva da palabra do alto alemán medio Hardt ou Hart (bosque de outeiros), latinizada como Hercynia (Hercinia). O Brocken é o cumio máis alto do Harz, cunha altitude de 1 141,1 m sobre o nivel do mar. O Wurmberg (971 m) é o pico máis alto situado enteiramente dentro do estado de Baixa Saxonia.
Historia
editarFundada en 922 para protexer as ricas minas de prata descubertas na montaña Rammelsberg.[2] Na Alta Idade Media, nos séculos XI e XII, foi a residencia favorita dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico da dinastía Salia, e foi o escenario de frecuentes reunións do Reichstag. Incluso o último desta dinastía, Henrique V, naceu en Goslar.
No século XIII uniuse á Liga Hanseática. En 1290 foi unha cidade imperial libre, até que foi anexionada por Prusia en 1802. Pasou a Westfalia en 1807, volveu a Prusia en 1814, pasou a Hannover en 1815 e, co reino de Hannover, ao reino de Prusia en 1866. Adolf Hitler converteuna na sede da organización agrícola nazi en 1936. Indemne durante a segunda guerra mundial, a cidade recibiu moitos refuxiados doutros lugares de Alemaña.[2]
Economía
editarGoslar é un centro turístico, e unha importante porta de entrada para os turistas que van ás montañas do Harz. Ademais, produce produtos químicos, materiais sintéticos, materiais de construción, papel, vidro, produtos metálicos, téxtiles, alimentos e produtos eléctricos.[2]
Goslar ten dúas especialidades culinarias: o queixo Harz e a cervexa Gose.
Restos de tempos antigos
editarQuedan partes das antigas murallas da cidade, así como as torres do século XVI, especialmente a Breites Tor (Porta Ancha). Hai interesantes edificios de pedra e entramado de madeira dos séculos XIII-XVI pertencentes aos gremios de panadeiros e comerciantes de panos; un destes últimos (de 1494) é hoxe o Hotel Kaiserworth. O Palacio Imperial (c. 1040, restaurado a finais do século XIX) foi construído polo emperador Henrique III, cuxa tumba está na capela de San Ulrico. A casa do concello do século XII, posteriormente reconstruída, contén unha singular sala de homenaxe. A catedral (consagrada en 1050) foi demolida en 1819, pero os mosteiros medievais e varias igrexas parroquiais sobreviven.[2]
Patrimonio da humanidade
editarA cidade histórica de Goslar, coas minas de Rammelsberg, foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1992, uníndose á declaración o sistema de xestión hidráulica do Alto Harz en 2010.[3]
Notas
editar- ↑ Landesamtfür Statistik Niedersachsen, LSN-Online Regionaldatenbank, Tabelle A100001G: Fortschreibung des Bevölkerungsstandes, Stand 31. Dezember 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Goslar na Encyclopaedia Britannica.
- ↑ "Mines of Rammelsberg, Historic Town of Goslar and Upper Harz Water Management System". UNESCO Culture Sector. Consultado o 23 de xuño de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goslar |
Bibliografía
editar- Werner Gottschalk (1999): Chronik der Stadt Goslar: 919–1919; unter Einbeziehung des Reichs- bzw. Landesgeschehens und des Umlandes der Stadt. Goslar: Brumby. ISBN 3-9342-3120-9.
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial (en alemán).
- Den Rammelsberg und Goslar (en alemán).
- Goslar (Harz) Un patrimonio da UNESCO en 13.550 fotos. (en francés), (en inglés), (en alemán).