1802
Calendario gregoriano1802
MDCCCII
Ab urbe condita2555
Calendario armenio1251
Calendario chinés4498 – 4499
Calendario hebreo5562 – 5563
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1857 – 1858
 ·  Shaka Samvat1724 – 1725
 ·  Kali Yuga4903 – 4904
Calendario persa1180 – 1181
Calendario musulmán1217 – 1218
Calendario rúnico2052
Década de 1800
1798 1799 1800 1801 1802 1803 1804 1805 1806

Acontecementos

editar

América

editar
  • En Haití, na cidade de Santo Domingo, ocorre no mes de marzo que o xeneral revolucionario e libertador de escravos, François Dominique Toussaint Louverture réndese ás tropas francesas de Charles Leclerc que invadiron o seu país. Toussaint Louverture foi nomeado no ano 1797 comandante supremo da colonia francesa de Santo Domingo (que tivo antecesións españolas), da que expulsou os británicos, conquistando a parte oriental da illa e poñéndose o título de "Gobernador Vitalicio". Pouco despois do seu rendemento é detido e trasladado a Fort Joux (unha fortaleza de Francia) onde morrería o 7 de abril de 1803.
  • En Chile iníciase a construción do canal de Maipo, tamén coñecido como Canal de San Carlos.

Vietnam

editar
  • En Vietnam é derrocada a dinastía Tai-Son, que dende 1788 reinaba no país. Asume o poder un príncipe do clan Nguyen Anh (chamado Gia-Long, de 40 anos, que reinará 18 anos -ata 1820-). Sobriño e herdeiro do emperador Du Tong (que fura destronado polos rebeldes no 1774). Co restablecemento da Cochinchina no ano 1788 na que se recibe axuda dos franceses, provocará que este príncipe reine sobre un territorio unificado. A dinastía Nguyen Anh perdurará ata 1945.

Europa

editar

España

editar
  • En Valencia o pintor Vicente López recibe o encargo de realizar o cadro conmemorativo da visita de Carlos IV. O lenzo ten de nome: A familia de Carlos IV recibida pola Universidade de Valencia, e daralle a Vicente o título de pintor de cámara honorífico de Carlos IV, e polo tanto o inicio dunha carreira de honras.
  • O 25 de agosto, o Príncipe de Asturias, Fernando, contrae casamento con María Antonia de Borbón (filla de Fernando IV e de María Carolina de Nápoles). O casamento, que máis ben foi unha voda política, faise ó mesmo tempo que o da irmá de Fernando, a infanta María Isabel (que casa co irmán de María Antonia, Francisco). O casamento de Fernando non durará moito tempo, xa que a princesa morre no 1806 (na localidade de Aranjuez) sen ter descendencia; porén constituirá unha influencia de grande importancia na formación da personalidade do futuro monarca. Tralo primeiro momento de susto no que a princesa chora ó coñecer a Fernando, ó seu aspecto nada agraciado acompañábao unha voz afrautada e unha esaxerada gordura. María Antonia chega a tomarlle aprecio, pero no común úneos o odio cara Godoy o que lle leva afirma-la súa personalidade. Mentres viviu con Fernando, Antonia exerceu grande influencia sobro o príncipe, chegando a desprazar o intrigante cóengo Juan de Escoiquiz, que fora o seu preceptor.

Francia

editar
  • O físico Louis Joseph Gay-Lussac publica o seu primeiro traballo co nome de: Sobre a dilatación dos gases e vapores. Neste traballo aparece a lei que cumpre co fenómeno. Gay-Lussac propón que os diversos gases que estuda (aire, nitróxeno, osíxeno etc.) dilátanse semellantemente nunha mesma temperatura. Polo que traballando de 0 a 100 °C, encontra que estes gases teñen unha dilatación uniforme e independente da súa natureza. A lei terá un seguimento no ano 1808 por outra, na que se fixa a combinación dos gases que fan relacións volumétricas simples.
  • Madame Récamier, fermosa anfitrioa dun dos salóns máis elegantes da cidade é retratada polo pintor parisiense François Gérard. Este pintor fora discípulo do coñecido Jacques Louis-David que empezara a facerse camiño nos máis refinados ambientes da cidade. Madame Récamier, cuxo nome de solteira era Jeanne Françoise Julie Alélaide Bernard, casara ós 16 anos co potenciado Jacques Rose Récamier (un dos banqueiros máis poderosos de Francia). Abrira un salón no ano 1799, percorrendo os pasos dunha amizade (a da famosa Madame de Staël, escritora viaxeira moi coñecida polas aventuras amorosas con varias personaxes da época).
  • Publícase a primeira das obras de Germaine de Staël (nada en 1766), baixo o nome de Delphine. Staël foi retratada, entre outros, por Jean Baptiste Isabey; filla do financeiro Necker (ministro de Facenda do axustizado Luís XVI), logra publicar un libro sobre España. Para non ser de menos que a súa amiga (Récamier), deixando un pouco de lado o terreo literario vive un apaixonado romance con Benjamin Constant, autor da novela Adolfo. Anos despois, no 1807, publicara Corinne, tamén da mesma autora.
  • O 27 de marzo, a paz de Amiens pon fin á segunda guerra de coalición entre Francia e mailos seus aliados contra Inglaterra. Co acordo de paz, a illa de Menorca, perdida dende 1798 sen que as forzas españolas ofrecesen resistencia ós ingleses, volve a España. Pola contra, Gran Bretaña queda coa posesión de Xibraltar, a par de que retén a illa da Trindade. Pero comprométese así mesmo a abandona-las súas posesión no Mediterráneo, volver Exipto ó Imperio Otomán, Malta a orde de San Xoán e quita-la frota do mar. Francia, pola súa parte retira as guarnicións de Nápoles, recoñece a independencia de Portugal (pero queda para si a colonia de Guinea), e renuncia ás súas conquistas no Mediterráneo, o que lle permite chegar a un acordo de paz co Imperio Otomán coa garantía de non lle entrar nas súas fronteiras. Pero a paz de Amiens deixa tras de si outras cuestións por resolver, tales como Bélxica, Savoia e Suíza, ó que lle habería que engadir o conflito de comercio entre Gran Bretaña e os estados europeos que están baixo control francés. Isto motivou que a paz volvera a romperse no maio de 1803.
  • O 19 de maio sae un decreto de Napoleón, na que se institúe a orde francesa da Lexión de Honor, que substitúe as antigas ordes da monarquía, para recompensa-los servizos civís e militares. Tamén se entregará por primeira vez, o 15 de agosto de 1804, os eivados da guerra.
  • O 26 de xuño fírmase un tratado de paz co Imperio Otomán, poñendo fin a un conflito que viña dende 1798 por mor dunha invasión francesa no Exipto. Aínda que fracasada a campaña de Francia no Exipto, pola alianza dos otománs co Reino Unido, e a perda da illa de Malta, tamén a mans dos británicos; os intereses franceses seguen en apoxeo na Europa.
  • O 2 de agosto unha revolución no Senado converte a Napoleón Bonaparte en cónsul vitalicio e concentra na súas mans a totalidade do poder político. Napoleón xa ostentaba o cargo de cónsul e polo seu carácter, dispoñía xa de amplas atribucións. Os triunfos militares franceses (confirmados na paz de Amiens o 27 de marzo), fan que Napoleón apareza fronte ós seus compatriotas coma un home providencial. O cónsul é quen nomea os altos funcionarios e os membros do Consello do Estado; tamén escollerá os integrantes do Senado, o Tribunal e o Corpo Lexislativo. O sufraxio universal é substituído polo voto do censo e só o cónsul vitalicio ten dereito a tomar iniciativas no campo lexislativo; polo que nin el, nin os seus ministros teñen a obriga de render contas da súa xestión. No cambio, as outras institucións non teñen a practica dos poderes: o Senado ten a encarga de vixia-lo cumprimento da constitución, o Tribunal revisa as propostas de lei, pero non as pode promulgar, o Corpo Lexislativo penaliza as leis pero non pode discuti-las (a este corpo acabará coñecéndose co alcume dos "trescentos mudos". Unha das primeiras medidas de Napoleón consistiu en invitar os emigrantes para que volvesen a Francia. Os anos da revolución provocaron que unhas 140 000 persoas deixaran o país. Moitos eran artesáns e comerciantes que perderan todo a causa das desordes; pero tamén eran numerosos os aristócratas que conseguiron levarse con eles as súas ganancias, polo que esta emigración afectoulle o país nunha considerable sangría de capitais. Napoleón aseguráballes que, na nova Francia, podería intervir e enriquecerse nun clima de paz social co apoio das baionetas. Con isto cumpría o acordo de amnistía proposto o 26 de marzo deste mesmo ano (o 6 de floreal do ano X, segundo o calendario revolucionario francés).

Imperio Otomán

editar
  • No Imperio Otomán, o sultán vese na obriga de recoñece-lo protectorado do tsar Alexandre I sobre os príncipes romaneses. Dende que se firmou o tratado de Kuchuk-Kainarzhi (no 1774), Rusia foise afianzando coma a potencia dominante nos principados romaneses acurrunchando a Sublime Porta. A partir deste momento o Imperio Otomán perde o dereito a destituír os hospodars (gobernadores), e vese na obriga de que sexan nomeados, o menos, por un período de 7 anos.

Italia

editar
  • O escritor Ugo Foscolo publica Últimas cartas de Jacopo Ortis, novela epistolar na que se contan amores de Ortis (refuxiado nos montes Euganeos trala ruína de Venecia) e Tareixa. Ao esta-la xove prometida con outro home, a súa unión aparece imposible polo que Ortis acaba suicidándose. Na novela únense a desesperación amorosa, a imitación do Werther de Goethe, e a desesperación patriótica.
  • O 25 de xaneiro a república Cisalpina, con capital en Milán, convértese na "República italiana". Bonaparte ostenta o cargo de presidente e Melzi está como vicepresidente ata 1805. Durante este período Francia sofre unha serie de anexións de reinos e principados: Piemonte (Turín) 1802; República lígur (Xénova) 1805; Etruria (antigo gran ducado de Toscana) 1808; Estados Pontificios 1809.

Reino Unido

editar
  • En Inglaterra apróbase a primeira lei laboral adoptada polo parlamento, onde se expón a prohibición de traballar, nas fábricas de algodón, máis de 12 horas diarias a nenos menores de 9 anos. A adopción da lei recibe o nome de: Factory Bill, que observa unha serie de medidas, pero dista moito de ser unha protección eficaz dos dereitos dos nenos traballadores das manufactureiras; polo que a situación dos rillotes nos primeiros anos da revolución industrial non é nada boa. Traballaban máis de 14 horas, soldos míseros que non tiñan ata de agora unha protección. Malia o Factory Bill non ser unha solución moi ben recibida, si resultou un paso adiante para os dereitos da infancia traballadora.
  • No Reino Unido, Willian Cobbett funda o semanario "The Political Registrer", que fará de órgano na facción "Tory" e antixacobina. Cobbett xa fixera carreira periodística nos Estados Unidos, a onde fuxiu no 1792, e en onde se converteu nun personaxe belicoso, ante a revolución francesa e a incerteza da democracia estadounidense. Ao volta-la política financeira de Willian Pitt e a miseria dos obreiros agrícolas empurrárano cara a unha política máis radical.

Sacro Imperio

editar
  • Un 4 de setembro, o filólogo alemán, Georg Friedrich Grotefend (que nacera o 9 de xuño de 1775) presenta un traballo sobre a escritura cuneiforme dos babilonios e os persas, é o primeiro intento de carácter positivo en descifrala, que acaba dando un alfabeto rectificado. A escrita, composta con marcas en forma de cuña, é feita cun cálamo sobre taboíñas de arxila fresca; este procedemento desenvolveríase en Mesopotamia entre os séculos XXX e X a.C. Sendo na época protohistórica a que dá lugar difusión en Mesopotamia a unha escrita de trazos largos e continuos, coa representación de ideogramas. No ver doutros historiadores, cabería a posibilidade de que se transmitira con posterioridade ós sumerios; sendo canda estes, introducida nos vales do Tigris e Éufrates. Dedúcese coma unha dobre evolución da escrita cuneiforme: unha interna (coa mellora da expresión dos conceptos abstractos pola substitución progresiva dos ideogramas) e outra externa (que trae consigo o logro da esquematización dos caracteres polos fonogramas). Dun xeito e do outro, o caso é que a partir do século XIV a.C. no reino de Ugarit se desenvolve esta escrita con novos vieiros.

Nacementos

editar

Mortes

editar

Outros

editar

Historia ano a ano