28 de xullo
data
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1794 - Guillotinan a Maximilien de Robespierre e a Louis Antoine de Saint-Just dando fin a súa etapa de goberno coñecida habitualmente coma "O Terror".
- 1821: en Lima (Perú), o xeneral arxentino José de San Martín proclama a Independencia do Perú.
- 1893 - Inaugúrase a Ponte de Biscaia ou Ponte de Portugalete, unha ponte con barca transbordadora que une Portugalete e Getxo, nas dúas ribeiras da ría do Nervión en Biscaia [1].
- 1914 - Comezo da primeira guerra mundial
- 1989 - Stephen P. Synnott e o equipo de imaxes da sonda espacial Voyager 2, descobren as lúas Despina e Galatea do planeta Neptuno, a partir de imaxes tomadas pola propia sonda; a data do descubrimento é unha especie de media, xa que no anuncio do descubrimento (feito o 2 de agosto do 1989) só se fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que a data inicial do descubrimento fora algún que outro día antes do 28 de xullo.
- 2022- Día da Sobrecapacidade da Terra, os recursos naturais dispoñíbeis para todo o ano 2022 esgotaronse nesta data.
Nacementos
editar- 1804 - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán (m. 1872).
- 1836 - Canuto Berea Rodríguez, empresario, músico e político galego (m. 1891).
- 1840 - Edward Drinker Cope, paleontólogo e anatomista estadounidense (m. 1897).
- 1859 - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego (m. 1917).
- 1878 - Emiliano Iglesias, político galego (m. 1941).
- 1887 - Marcel Duchamp, artista e pintor francés (m. 1968).
- 1902 - Karl Popper, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994).
- 1923 - Xia Peisu,informática chinesa (m. 2014).
- 1927 - John Ashbery, escritor estadounidense (m. 2017).
- 1949 - Randall Wallace, guionista, produtor e director estadounidense.
- 1951 - Santiago Calatrava, arquitecto español.
- 1951 - Alfredo Pérez Rubalcaba, político cántabro.
- 1954 - Hugo Chávez, militar e político venezolano (m. 2013).
Mortes
editar- 1655 - Cyrano de Bergerac, escritor francés (n. 1619).
- 1741 - Antonio Vivaldi, sacerdote e compositor veneto (n. 1678).
- 1794 - Maximilien de Robespierre, líder da Revolución Francesa (n. 1758).
- 1930 - Allvar Gullstrand, oftalmólogo sueco (n. 1862).
- 1968 - Otto Hahn, químico alemán (n. 1879).
- 1994 - Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego.
- 1996 - Manuel Beiras, intelectual e político galeguista (n. 1904).
- 2013 - Ersilio Tonini, cardeal italiano.
Festas e celebracións
editarEn 2022 estableceuse o 28 de xullo como o Día da Sobrecapacidade da Terra, para denunciar que nesa data se consideran agotados os recursos naturais que se deberían ter consumido ó longo de todo o ano. Quere dicir que a humanidade, como media, necesitaría 1,75 planetas para satisfacer a súa demanda de recursos naturais[3].
Outros
editar- Santoral: Santos Catarina, Celso, Nazario e Sansón.
Notas
editar- ↑ Calendario 2014 MUNCYT.
- ↑ "Un futuro sin hepatitis" (en castelán). Consultado o 2022-11-21.
- ↑ "Día de la Sobrecapacidad de la Tierra" (en castelán)..