Galatea (ou en grego Γαλάτεια), tamén coñecida coma Neptuno VI, é o cuarto satélite máis próximo a Neptuno. Foi máis tarde nomeada Galatea, unha das Nereidas da mitoloxía grega.

Galatea

Galatea vista dende a Voyager 2
(o difuso da imaxe causa un excesivo alongamento).
Descubrimento
Descuberta por Stephen P. Synnott[1] e o equipo de imaxes da Voyager
Descuberta en xullo do 1989
Características orbitais[2]
Época 18 de agosto do 1989
Eixo Semi-maior 61.953 ± 1 km
Excentricidade 0,00004 ± 0,00009
Período orbital 0,42874431 ± 0,00000001 d
Inclinación 0,052 ± 0,011° (respecto do ecuador de Neptuno)

0,06° (respecto do plano local de Laplace)

É satélite de Neptuno
Características físicas
Dimensións 204×184×144 km (±~10 km)[3][4]
Radio medio 88 ± 4 km[5]
Masa 2,12 ± 0,08 x 1018 kg[6]
Densidade media 0,5 ± 0,1 g/cm3
Período de rotación asumida coma sincrónica
Oblicuidade da eclíptica ~presumiblemente cero
Albedo (albedo xeométrico) 0,08[3][4]
Temperatura superficial ~51 K de media (estimada)
Atmosfera sen atmosfera
Galatea dentro do feble arco do anel preto de Neptuno.

Galatea foi descuberta a finais de xullo do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle a designación temporal de S/1989 N 4.[7] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4824) o 2 de agosto do 1989, pero o texto só fala de "10 fotogramas tomados en 5 días", resultando así que o descubrimento fora uns cantos días antes do 28 de xullo. O nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[8].

Galatea amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[9].

A órbita de Galatea está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.

Galatea parece ser unha lúa pastor para o anel de Adam que está a 1000 km cara a fóra respecto da órbita da lúa. As resonancias con Galatea nunha taxa de 42:43 son consideradas coma o mecanismo máis probable de confinamento dos particulares arcos de anel que existen neste anel.[10] A masa de Galatea foi estimada a partir das perturbacións que esta crea no anel.[6]

Notas editar

  1. Planet Neptune Data http://www.princeton.edu/~willman/planetary_systems/Sol/Neptune/
  2. Jacobson, R.A.; W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037. 
  3. 3,0 3,1 Karkoschka, E. (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2. 
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 13-12-2008. 
  5. JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 13-12-2008. 
  6. 6,0 6,1 C.C. Porco (1991). "An Explanation for Neptune's Ring Arcs". Science 253: 995. PMID 17775342. doi:10.1126/science.253.5023.995. 
  7. IAUC circular 4824
  8. "IAU Circular No. 5347". 16 de setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007. 
  9. D. Banfield e N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z. 
  10. F. Namouni; C. Porco (2002). "The confinement of Neptune's ring arcs by the moon Galatea". Nature 417: 45. doi:10.1038/417045a. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar