Lingua grega
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A lingua grega[1] (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, ou ελληνική γλώσσα, ellinikí glóssa, "lingua grega") é a lingua materna de 12 millóns de falantes, dos cales 11 millóns viven en Grecia onde é lingua oficial, como en Chipre. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas.[2] O seu sistema de escrita foi o alfabeto grego durante a meirande parte da súa historia; outros sistemas como o Lineal B e o silabario chipriota, foron usados anteriormente. O alfabeto xurdiu a partir do alfabeto fenicio e foi a base do latino, do cirílico, do armenio, do copto, do gótico e moitos outros sistemas de escrita.
Lingua grega Ελληνικά | ||
---|---|---|
Falado en: | Grecia, Chipre | |
Total de falantes: | 13 millóns (2012) | |
Posición: | 74 | |
Familia: | Indoeuropea Helénica Ática Lingua grega | |
Escrita: | Alfabeto grego | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() ![]() ![]() | |
Regulado por: | Academia da Lingua Grega | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | el
| |
ISO 639-2: | gre (B) | ell (T) |
SIL: | GRK
| |
HistoriaEditar
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
O grego de hoxe deriva da koiné, herdeira directa do grego antigo, pero sufriu un gran número de transformacións fonéticas (como o iotacismo, a psilose, a desaparición das oposicións de cantidade vocálica, a espirantización das antigas aspiradas, o paso dun acento de altura a un acento de intensidade ou mesmo a caída dalgúns fonemas, como [n], en posición final), léxicas (numerosos préstamos das linguas modernas) e gramaticais (simplificación da flexión nominal, da conxugación).
De feito, a un falante de grego moderno non lle é posible comprender correctamente un texto en grego antigo, do mesmo xeito que un galego falante non é quen de traducir, sen ter estudado a lingua, un texto en galego antigo. Pódese ilustrar esta evolución cun curto extracto do Novo Testamento (Xoán I, 1) en grego moderno e en grego antigo (koiné, de feito). A pronunciación indícase de maneira fonolóxica e os tons do grego antigo nótanse de maneira simplificada. finalmente, escollemos transcribir o grego antigo tal como era pronunciado na época clásica e non como o era na época de redacción do texto, para marcar mellor as diferenzas:
Grego moderno | Grego antigo |
---|---|
1 Στην αρχή ήταν ο Λόγος, και ο Λόγος ήταν μαζί με τον Θεό, και ο Λόγος ήταν Θεός. | 1 Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ Λόγος, καὶ ὁ Λόγος ἦν πρὸς τὸν Θεόν, καὶ Θεὸς ἦν ὁ Λόγος. |
/stin ar'çi 'itan o 'loɣos ke o 'loɣos 'itan ma'zi me ton θe'o ke o 'loɣos 'itan θe'os/ | /en arkʰέì έὲn ho lógos kaí ho lógos έὲn prós tón tʰeón kaí tʰeón έὲn ho lógos/ |
2 Αυτός ήταν στην αρχή μαζί με τον Θεό. | 2 Οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν Θεόν. |
/af'tos 'itan stin ar'çi me ton θe'o/ | /hóòtos έὲn en arkʰέì prós tón tʰeon/ |
1 Ao principio era o Verbo e o Verbo era Deus. 2 Estaba ao principio con Deus. |
A lingua actual é unha variante chamada dhimotiki, que substituíu en 1975 a unha lingua artificial e arcaizante, a katharevousa. Ademais, desde 1982, a lingua escríbese co sistema monotónico.
Escritura e pronunciaciónEditar
O grego moderno escríbese cun alfabeto de vinte e catro letras, herdado do inicio do período arcaico (século VIII antes da nosa era). Cada letra correspondía ao principio a un son diferente (con ambigüidades, principalmente no caso das vogais), pero en grego moderno a pronunciación evolucionou, e varias letras ou grupos de letras se pronuncian da mesma maneira, cousa que fai que a súa ortografía sexa tan complexa como a do francés, por exemplo (oír unha palabra non é a miúdo suficiente para poder escribila: por exemplo, existen cinco grafías para o son «i», en razón do iotacismo). A táboa inferior dá a pronunciación das letras. O acento agudo (ou recto, segundo os tipos de letra) marca o acento tónico, en letra grosa na transcrición.
O grego moderno segue regras de sandhi tanto internes como externas. Por exemplo, un /n/ final adapta o seu punto de articulación á consoante inicial da palabra que segue (ante unha velar, pasa a [ŋ]; en posición final dalgunhas palabras gramaticais como την, τον, δεν, desaparece ante unha fricativa; sonoriza unha oclusiva xorda que o segue e pode impedir que unha sonora se espirantice, as asimilacións poden ser progresivas: τον πατέρα [tɔm ba'tεɾa]).
Letra | Nome | Pronunciación |
---|---|---|
Α α | άλφα (alpha) | /a/ |
Β β | βήτα (vita) | /v/ do francés “voiture” |
Γ γ | γάμμα (ghama) | ante os sons /a/, /o/ e /u/ (), /ɣ/ próxima do r francés de rien pero velar e non uvular; ante os sons /i/ e /ɛ/, iode /j/ como o i de Noia. |
Δ δ | δέλτα (dhelta) | /ð/ th inglés de «this» |
Ε ε | έψιλον (epsilon) | /ɛ/de apertura intermedia |
Ζ ζ | ζήτα (zita) | /z/ |
Η η | ήτα (ita) | /i/ |
Θ θ | θήτα (thita) | /θ/, th inglés de «to think» |
Ι ι | γιώτα (iota) | /i/ |
Κ κ | κάππα (kapa) | /k/ |
Λ λ | λάμδα (lamdha) | /l/ |
Μ μ | μυ (mi) | /m/ |
Ν ν | νυ (ni) | /n/ |
Ξ ξ | ξι (ksi) | /ks/ como o x de sexo (en xeral: ξέρω /'ksɛrɔ/ «eu sei») ou /gz/ como o x de exame (tras n: δεν ξέρω = /ðɛŋg'zɛrɔ/ podendo chegar ata /ðɛg-/ = «eu non sei») |
Ο ο | όμικρον (omicron) | /ɔ/ |
Π π | πι (pi) | /p/ |
Ρ ρ | ρω (ro) | /ɾ/ (mono)vibrante (italiano Roma, galego cara) |
Σ σ/ς | σίγμα (sighma) | /s/ alveolar (/z/ ante consoante sonora: σβέλτος, σμάλτο /sv-, sm-/ «esvelto, esmalte») |
Τ τ | ταυ (taf) | /t/ |
Υ υ | ύψιλον (ipsilon) | /i/, agás como segundo elemento de ditongo: ου pronúnciase /u/ como en “música”, αυ e ευ pronúncianse respectivamente /af/ e /ɛf/ ou /av/ e /ɛv/ (segundo que o son que siga sexa sonoro ou non: αυτό = /af'tɔ/ = «iso», αύριο = /'avriɔ/ = «mañá») |
Φ φ | φι (fi) | /f/ |
Χ χ | χι (chi) | /ç/: ch alemán de ich ante os sons /i/ e /ɛ/ (un iode /j/ non sonoro); /x/: ch alemán de ach ante os sons /a/ e /u/ (versión non sonora do /ɣ/) |
Ψ ψ | ψι (psi) | /ps/ como en psicoloxía |
Ω ω | ωμέγα (omegha) | /ɔ/ |
Ademais, algúns grupos de letras que forman dígrafos teñen unha pronunciación especial:
Letras | Pronunciación |
---|---|
αι | como ε: /ɛ/ |
γγ e γκ | /g-/ en inicial, /-ng-/ [-ŋɡ-] noutras posicións |
ει, οι, υι | como ι, υ, η: /i/ |
μπ | /b-, -mb-/ como en bar (que en grego se escribe μπαρ…) |
ντ | /d-, -nd-/ como en demo |
ου | /u/ como en cu |
τσ | /ʦ/ (africada) pero alveolar |
τζ | /ʣ/ (africada) pero alveolar |
λι + V | /ʎ/ como en galego solla |
Exemplos
Palabra | Transcrición | Significado |
---|---|---|
αίμα | èma | ‘sangue’ (pensar en «hematoma», «hematoloxía») |
καλοριφέρ | kalorifèr | ‘radiador’ :-) |
είναι | inè | ‘el/ela é’ ou ‘eles/elas son’ |
μπαρμπάς | barbas | ‘tío’ |
εντάξη | èndaksi | 'de acordo' |
GramáticaEditar
O grego moderno é unha lingua con declinacións (como o alemán, por exemplo): a terminación das palabras cambia segundo a función da palabra na frase. Mesmo os nomes propios se declinan: por exemplo, dirase ο Φίλιππος έφυγε (o Phílippos éfiye: «Filipe marchou»), βλέπω τον Φίλιππο (vlépo ton Phílippo: «Vexo a Filipe»), είναι το σπίτι του Φίλιππου (íne to spíti tou Phílippou: «é a casa de Filipe»).
Ademais, o grego distingue dous aspectos para cada verbo, marcados cada un por unha forma distinta: unha forma continua (calcada sobre o presente) e unha forma instantánea (calcada sobre o pasado, chamado aoristo). Esta diferenza é moi viva e vólvese atopar no futuro e no subxuntivo. Un Grego non ha confundir θα τον δω (tha ton dho) e θα τον βλέπω (tha ton vlépo): os dous significan «eu vereino», pero o primeiro sobreentende «unha vez» mentres que o segundo significa «continuamente».
LéxicoEditar
O grego moderno conserva moito léxico herdado do grego antigo, pero tomou prestadas tamén moitas palabras do latín, do turco, e, máis modernamente do francés e do inglés.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grego.
- ↑ "Greek language". Encyclopædia Britannica. Consultado o 29 de abril de 2014.
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua grega |