Homero

poeta da antiga Grecia considerado o pai da cultura grega

Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

Homero
Nome completoὍμηρος
Nacementoc. século -VIII
 Antiga Grecia
Falecementoc. século VIII a. C.xuliano
 Ios - Ίος
NacionalidadeLiga Jônia
EtniaGregos
Ocupaciónpoeta, autor e escritor
Xénerosepopea
Coñecido/a porIlíada, Odisea e Homeric epics
Na rede
IMDB: nm0392955 Allocine: 68960 Allmovie: p310511 TCM: 2853451 Metacritic: person/homer TV.com: people/homer IBDB: 6330
Musicbrainz: ebde00ad-8f53-48bb-a6c8-a5b0d7c01705 Discogs: 706034 Find a Grave: 104368337 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Etimoloxía Editar

 
Homero e o seu lazarillo, por William-Adolphe Bouguereau (1874).

O nome Hómēros é unha variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garante. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa ‘fillos de reféns’, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Xa que estes homes non eran enviados á guerra ó dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían nel. Polo tanto, confiábaselles a tarefa de recordar a poesía épica local, para lembralos sucesos pasados, nos tempos anteriores á aparición da literatura escrita.

Tamén se suxeriu que o que podería conter o nome Hómeros é un xogo de palabras derivado da expresión ho me horón, que significa o que non ve.

Traxectoria Editar

Datos biográficos recollidos pola tradición Editar

O Himno homérico a Apolo delio menciona «que é un cego que reside en Quíos, a rochosa».[1] O poeta lírico Simónides de Amorgos atribúe ó «home de Quíos» o seguinte verso da Ilíada, «Por que me preguntas a miña liñaxe? Como a liñaxe das follas son», convertido en proverbio na época clásica.[2] Luciano de Samósata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén, (grego antigo ὅμηρος, homêros), e de aí o seu nome.[3]

Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:

Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que Euclo profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,
ó que dará a luz Temisto no campo,[4] divina entre as mulleres,
un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.[5]
Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,
Cantando el só o primeiro as glorias da espazosa Hélade
Será inmortal por sempre e non coñecerá a vellez
Pausanias, Descrición de Grecia x.24.3.

Porén, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ó poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se erixise unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fose un tal Demágoras:

Nin aínda que o martelo xurdir coma Homero de ouro me fixese entre raios flamexantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; así a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós os Helenos, Musas e Quíos, cantádeos.[6]

Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemuñada dende o século -V de que se produciu na illa de Ios.

Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en Delfos:

Podes ver tamén [no pronao do Templo de Apolo de Delfos] unha estatua de bronce de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,
Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria.
A illa de Ios é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma: dos novos rapaces.
Pausanias, op. cit.. x. 24.

Ademais sinala que:

Os de Ios ensinan tamén un sepulcro de Homero na illa e noutro lugar un de Clímene, e din que Clímene era a nai de Homero.[7]

E por último, o xeógrafo lidio revela que no lle agrada escribir sobre a época na que viviron Homero e Hesíodo:

Sobre a época de Hesíodo e de Homero indaguei coidadosamente e non me é agradable escribir sobre ela, porque coñezo o afán de censura doutros, sobre todo dos que no meu tempo se ocupan sobre a composición de poemas épicos.
Pausanias, op. cit. ix.30.3.

Malia que xa na época da Grecia Clásica non se coñecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do período helenístico comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus antergos.

Existe unha tradición na que se di que a Pitia deu unha resposta ó emperador Adriano sobre a procedencia de Homero e os seus antergos:

Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria dunha inmortal serea. Pola súa residencia é itacense; Telémaco é o seu pai e a nestórea Epicasta a súa nai, a que alumbrou con moito ó varón máis sabio dos mortais.[8]

Investigación moderna Editar

Considérase que a maior parte das biografías de Homero que circularon na antigüidade no conteñen ningún dato seguro sobre o poeta. Porén, adoita admitirse que o seu lugar de procedencia debeu ser a zona colonial xónica de Asia Menor, baseándose nos trazos lingüísticos das súas obras e na forte tradición que o fai proceder da zona.[9] O investigador Joachim Latacz sostén que Homero pertencía ou estaba en permanente contacto coa contorna da nobreza.[10] Tamén persiste o debate sobre se Homero foi unha persoa real ou ben o nome dado a un ou máis poetas orais que cantaban obras épicas tradicionais.

Notas Editar

  1. « En grego antigo: «τυφλὸς ἀνήρ, οἰκεῖ δὲ Χίῳ ἔνι παιπαλοέσσῃ», verso 172. O himno está datado entre mediados do século -VII e comezos do -VI
  2. IliadaVI, 146; citado por Simónides, Kirk, p. 2.
  3. Luciano de Samósata, Historia verdadeira ou Sobre a morte de Peregrino II, 20.
  4. Clímene e Temisto son exemplos da utilización de nomes de mulleres en tempos míticos e históricos.
  5. Sobreenténdese que fai referencia á cidade de Salamina de Chipre.
  6. Alceo de Mesene, Epigrama 555, recollido en Antoloxía Palatina
  7. É presumible que devandita estatua é a que reproduciu no relevo da Apoteose de Homero, obra do escultor Arquelao de Priene. Cf.Hitzig-Blümner, III.2, pág. 749.
  8. Certame de Homero e Hesíodo, 37, segundo a tradución de Aurelio Pérez Jiménez e Alfonso Martínez Díez. Madrid: Gredos, 2000. ISBN 84-249-2462-2.
  9. Joachim Latacz. Troya e Homero, página 212.
  10. Michael Siebler. A guerra de Troia. Mito e realidade, páxina 97.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Bibliografía Editar

  • Alsina, José (1991). Teoría literaria griega. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1457-0. 
  • Carlier, Pierre (2005). Homero. Madrid: Ediciones Akal S.A. ISBN 978-84-460-2151-3. 
  • Crespo, Emilio (1982). Ilíada. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1446-5. 
  • Dalby, Andrew (2008). La reinvención de Homero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-3574-0. 
  • García Gual, Carlos (2004). La Odisea. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-7750-7. 
  • Latacz, Joachim (2003). Troya y Homero. Barcelona: Ediciones Destino. 
  • Pomeroy, Sarah B. & Stanley M. Burstein, Walter Donlan y Jennifer Tolbert Roberts (2001). La Antigua Grecia. Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-302-1. 
  • Rodríguez Adrados, Francisco & Fernández-Galiano, Manuel & Gil, Luis & Lasso de la Vega, J. S. (1984). Introducción a Homero. Madrid: Labor Editorial. 
  • Ruipérez Sánchez (1965). Nueva Antología de la "Ilíada" y la "Odisea". Madrid: CSIC (reeditado en Ediciones Clásicas). 
  • Signes Codoñer, Juan (2004). Escritura y literatura en la Grecia arcaica. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 84-460-1748-2. 
  • Wernher, Gretel & Páramo, Jorge (1995). Micenas y Homero (A propósito de Ilíada XV 187-193). Santafé de Bogotá: Instituto Caro y Cuervo.