Éforo de Cumas
Éforo de Cumas (grego antigo Ἔφορος), nado en Cumas no -400 (outros din que no -380) e finado en -330, foi un historiador grego do século -IV.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 400 a. C. Cime, Turquía (pt) |
Morte | c. 330 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiador |
Ocupación | historiador, escritor |
Profesores | Isócrates de Atenas |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Demophilus |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Traxectoria
editarA información sobre a súa biografía é limitada. Foi o pai do historiador Demófilo, de quen seguiu os pasos como historiador, e segundo Plutarco, declinou a oferta de Alexandre Magno de acompañalo na súa campaña persa, como historiador oficial[1]. Xunto co historiador Teopompo, foi discípulo de Isócrates.
Obras
editarA súa principal obra é unha Historia universal en 29 libros, que foi editada polo seu fillo Demófilo, quen engadiu un tomo máis. Contén unha descrición das Guerras Sacras, con outras narracións do tempo dos Heráclidas, até a toma de Perinto por Filipo II de Macedonia, cubrindo un período de máis de setecentos anos[2]. Segundo Polibio, Éforo foi o primeiro historiador, autor dunha historia universal[3]. Para cada un dos 29 libros, Éforo escribiu un prooimion (prefacio). O traballo seguía unha temática, máis que unha estrita orde cronolóxica.
As súas fontes foron textos de Heródoto, Tucídides, Ctesias e Calístenes de Olinto. A súa actitude moralista e o racionalismo con que afronta os mitos, son dous constantes do seu estilo literario.
Diodoro Sículo foi o principal responsábel da preservación desta obra para a posteridade, ao copiar moitas dos seus partes, que constitúen a única narración continuada da historia de Grecia entre o -480 e o -340[4].