Século -IV
século
século V a. C. < Século IV a. C. > século III a. C.
Acontecementos
editarGuerras e política
editarGrecia
editar- 404 - 371 a. C.: Hexemonía de Esparta.
- 371 - 362 a. C.: Hexemonía de Tebas.
- Macedonia conquista Grecia e o Imperio aqueménida, nos reinados sucesivos de Filipo (359 - 336 a. C. e Alexandre o Grande (336 - 323 a. C.).
- 331 a. C.: Alexandre o Grande funda Alexandría en Exipto.
República romana
editar- Guerras samnitas (343 - 291 a. C.).
Península Ibérica
editar- 400 - 350 a. C.: Na Península Ibérica, configuráronse as etnias que despois coñerían os romanos.[1]
- 400 - 200 a. C.: Recintos fortificados na Bética (Turris Hannibalis).[2]
- O Pobo ibero dos bastetanos funda a cidade de Basti, hoxe Baza, en Granada (Andalucía).
- Téñense noticias do poboamento ibero ou tarteso chamado Mastia, despois refundado por Asdrúbal como Qart Hadasht actual Cartagena.
Exipto
editar- 398 - 378 a. C. - Dinastía XXIX de Exipto.
- 378 - 341 a. C. - Dinastía XXX de Exipto.
- 341 - 332 a. C. - Dinastía XXXI de Exipto.
Asia
editarCultura
editar- Fixación do calendario babilónico.
- En Mesoamérica desenvólvese a escritura zapoteca.
- Posta etrusca de Volterra.
- Na Antiga Grecia, desenvolven a súa obra os escultores Escopas, Praxíteles e Lisipo, así como o pintor Apeles.
- Morte de Sócrates no ano 399 a. C.
- Platón funda a Academia de Atenas (380 a. C.).
- Demóstenes pronuncia as súas Filípicas contra Filipo II de Macedonia (351 - 340 a. C.).
- Aristóteles funda o Liceo (336 a. C.).
Personaxes
editar- Alexandre o Grande (356 a. C. - 323 a. C.): Rei de Macedonia e conquistador do Imperio Persa.
- Apeles (352 a. C. - 308 a. C.): Pintor grego.
- Aristóteles (384 a. C. - 322 a. C.): Filósofo grego.
- Casandro de Macedonia (350 a. C. - 295 a. C.): Rei de Macedonia tras asasinar a dona e fillo de Alexandre.
- Chandragupta Maurya (340 a. C. -): Fundador da dinastía Maurya.
- Darío III (380 a. C. - 330 a. C.): Último rei do Imperio Persa e da dinastía Aqueménida.
- Demóstenes (384 a. C. - 322 a. C.): Orador e político ateniense.
- Dióxenes de Sinope (412 a. C. - 323 a. C.): Filósofo grego.
- Euclides (325 a. C. - 265 a. C.): Matemático e xeómetra grego.
- Filipo II de Macedonia (382 a. C. - 336 a. C.): Rei de Macedonia e pai de Alexandre o Grande.
- Lisipo (370 a. C. - 318 a. C.): Escultor grego.
- Olimpia de Epiro (375 a. C. - 315 a. C.): Dona de Filipo II de Macedonia e nai de Alexandre o Grande.
- Platón (428/427 a. C. - 327 a. C.): Filósofo grego.
- Tolomeo I Sóter (367 a. C. - 283 a. C.): Faraón exipcio e fundador da dinastía tolemaica.
Notas
editar- ↑ Páx. 145 de De Argantonio a los romanos, "Historia de España 2", Historia 16, Temas de hoy, 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa).
- ↑ A. Moure Romanillo e outros: Manual de Historia de España, "1. Prehistoria. Hª Antigua", páx. 574, Historia 16, 1991, ISBN 84-7679-193-3.
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |