República Romana

goberno de Roma e os seus territorios entre -510 e -27
Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo da Roma antiga e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Modelo:Xeografía políticaRepública Romana

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalRoma Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua latina
Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Relixiónrelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación 509 a. C.:  causado por Queda da monarquia romana Editar o valor em Wikidata
Disolución16 de xaneiro de 27 a. C. Editar o valor em Wikidata
Sucedido porImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoaristocratic republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoSenado romano , Editar o valor em Wikidata
MoedaMoeda da Antiga Roma Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Antes do triunvirato editar

 
O foro romano.

Na república, as atribucións do rei pasaron a ser exercidas por dous cónsules durante un ano que poden, con permiso do Senado romano, designar un ditador con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os patricios e os plebeos. Arredor do ano 300 a.C. os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real). A causa disto foi a situación exterior de Roma, que ata o ano 202 a.C estivo implicada sucesivamente en guerras contra os etruscos, os latinos, os volscos, os equos e os samnitas (guerras samnitas). Ao final destas guerras, Roma gobernaba toda Italia e estendíase alén do Mediterráneo coa conquista de Taranto (272 a.C.) e, seguindo coa súa política de expansión enfrontouse a Cartago nas guerras púnicas. Tras a derrota destes no ano 146 a.C., Roma pasou a controlar o norte de África. Nese mesmo ano Corinto foi arrasada e Macedonia conquistada; Roma adquiría así o control das dúas beiras do Mediterráneo e emprendía a conquista da Península Ibérica e das Galias.

Tras estas conquistas tivo lugar un intento de reforma agraria por parte dos irmáns Graco que trataba de mellorar a situación da plebe, cada día máis miserábel e numerosa. Pero a tentativa fracasou e a nobreza seguiu conservando a súa superioridade. A guerra de Numidia fixo que Mario destacase pola captura do rei Iugurta no 105 a.C., comezando así unha crise social debida á rivalidade entre Mario (apoiado polas clases populares) e Sila (apoiado pola aristocracia), na que este último venceu e se proclamou ditador sen límite temporal (82 a.C.).

Triunvirato editar

No ano 60 a.C., tras a abdicación de Sila, Pompeio tomou o poder e formou un triunvirato con Xulio César e Craso. A loita polo poder desencadeou unha guerra civil que deixou a César como ditador ata o seu asasinato en marzo do 44 a.C.. A súa morte levou a unha guerra civil entre Marco Antonio e Octavio Augusto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.