Iugurta

rei de Numidia entre -116 e -10

Iugurta (-160--106), foi rei de Numidia entre os anos -116 e -106.

Biografía editar

Trala morte de Masinisa en -148, sucedeuno o seu fillo Micipsa. Por entón o seu sobriño Iugurta era tan popular, que Micipsa se viu obrigado a envialo a Hispania, estancia que este aproveitou para establecer contactos con romanos influentes. Alí comprendeu a debilidade dos romanos para o suborno, o que aproveitou no futuro. Participou con Escipión Emiliano no asedio de Numancia na terceira guerra celtibera.

Cando morreu Micipsa en -118, o reino dividiuse entre os seus dous fillos (Aderbal e Hiempsal) e o seu sobriño Iugurta. Inmediatamente, Iugurta enfrontouse con Hiempsal e asasinouno. A seguir enfrontouse con Aderbal, que resultou vencido e fuxiu a Roma para pedir axuda. As oficiais romanos, probabelmente subornados, ou talvez polo desexo de terminar rapidamente co problema, dividiron Numidia en dúas partes, o leste para Aderbal, e o oeste para Iugurta.

Guerra de Iugurta editar

Artigo principal: Guerra de Iugurta.

Iugurta non quedou satisfeito, e no ano -113, invadiu Cirta, capital de Aderbal, incorrendo na cólera de Roma, ao resultar mortos varios comerciantes itálicos alí asentados, ademais do propio Aderbal. Roma viuse obrigada a intervir en -111, nunha breve campaña mandada polo cónsul Lucio Calpurnio Bestia. Iugurta rendeuse, pero obtivo unha paz moi favorábel, sospeitosa unha vez de máis de ter sido conseguida con subornos. Como consecuencia, Caio Memmio, tribuno da plebe, promoveu unha investigación, solicitando a presenza do propio Iugurta, pero foi vetado por outro tribuno subornado, Caio Bebio. Iugurta tivo que ir a Roma, pero non chegou a declarar.

Reanudada a guerra, Roma enviou ao cónsul Quinto Cecilio Metelo o Numídico, que se enleou nunha campaña interminábel durante cinco anos (-111 - -106). Impaciente polo curso da guerra, o seu lugartenente Caio Mario volveu a Roma para buscar o consulado, e unha vez logrado, volveu e tomou a dirección das operacións. Tras unha serie de vitorias importantes, Caio Mario, gañou a amizade de Bomílcar, o irmán da nai de Iugurta e principal lugartenente do rei númida, encomendándolle a misión de depoñer a Iugurta, pero descubriuse a trama e Iugurta executouno cando este se dedicaba a provocar descontentos entre a súa garda.

Mario enviou entón ao seu legado Lucio Cornelio Sila a Mauritania para privar de apoios a Iugurta. Sila logrou o apoio de Boco I, e a captura de Iugurta, que foi enviado a Roma cargado de cadeas e executado en -104

Notas editar

Historia universal século XXI. La formación del imperio romano. ISBN 84-323-0168-X