Abrir o menú principal
Aleksandr Pushkin no Liceo imperial de Tsárskoye Seló.

Un liceo (do lat. ‘lyceum’, e á súa vez do gr. 'λύκειον' -lykeion-) é un centro de ensino, xeralmente institucionalizado dentro do sistema de educación media de moitos países, aínda que tamén pode designar asociacións culturais de índole diversa.[1] O nome provén do Liceo, fundado por Aristóteles na Antiga Atenas, onde xurdiu a escola peripatética.

OrixeEditar

O Liceo era un do tres ximnasios de Atenas, un espazo dedicado ó exercicio físico e a discusión filosófica, a reflexión e o estudo. Alí rendíase culto a Hermes, ás musas e ó deus Apolo. A escola data do ano 335 a. C., cando Aristóteles comezou os seus ensinos, e continuou sendo centro de reunión dos peripatéticos. O liceo foi en gran parte destruído durante o saqueo de Atenas polo militar romano Lucio Cornelio Sila no ano 86 a. C., e a súa actividade decreceu considerablemente. Máis tarde, chamóuselle así ós establecementos de ensino filosófico en Roma.[2]

NotasEditar

  1. «Liceo». Diccionario María Moliner.
  2. Le Lycée L'Encyclopédie Imago Mundi (en francés).