Provincia de Granada
![]() ![]() | |
![]() | |
Capital | Granada |
Área | 12.531 km² |
Poboación | 907.428 hab. (2009) |
Densidade | 72,41 hab./km² |
Concellos | 172 |
Xentilicio | Granadino/a |
A provincia de Granada é unha provincia española que forma parte de Andalucía, a súa capital é a cidade homónima de Granada. O xentilicio que designa aos seus habitantes é granadino.
Localización e característicasEditar
Limita, polo oeste, coas provincias de Málaga e de Córdoba; polo norte con Xaén, polo nordés con Albacete e máis Murcia; polo leste con Almería e polo sur linda co mar Mediterráneo.
Ocupa unha superficie de 12.635 km², cunha poboación de 854.419 habitantes (2005), dos que aproximadamente un 30% viven na capital. A densidade poboacional é de 68,18 hab/km². Está dividida en 172 concellos.
Os principais núcleos de poboación son Granada, a capital, e as localidades de Motril, Guadix, Baza e Loja.
A provincia está cruzada pola serra Penibética, onde salienta a montaña máis alta da Península Ibérica, o Mulhacén, cunha altura de 3.482 metros sobre o nivel do mar. Comparte coa provincia de Almería o Parque Nacional de Serra Nevada.
ComarcasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Granada |