Guadix é unha cidade e concello español da provincia de Granada. Está situada na cara norte da Serra Nevada. É a capital histórica da comarca de Guadix (coñecida tamén como Accitania).

Modelo:Xeografía políticaGuadix
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°18′02″N 3°08′06″O / 37.3006, -3.135
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalGuadix Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.725 (2024) Editar o valor en Wikidata (59,07 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie317 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude949 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe das Angustias Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal18500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE18089 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webguadix.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451770

É un dos asentamentos humanos máis antigos da Península. En época romana denominábase Julia Gemella Acci e de aí o seu xentilicio, accitanos. O nome actual da cidade remóntase á dominación musulmá, cando a cidade se chamaba Wadi Ash ("río Ash", arabización do nome Acci), pronunciado wad ish no árabe coloquial granadino. En época do Reino de Granada Wadi Ash era unha das súas 33 madinas ou cidades amuralladas que contaba con alcazaba. Durante este período a súa demarcación xurisdicional era case idéntica á da actual Accitania.

Cabe mencionar os numerosos monumentos que conforman a súa fisionomía arquitectónica, entre os que destacan a alcazaba árabe que domina a localidade, así como a catedral de Guadix, na que se superpoñen diversos estilos, desde o gótico ata o neoclásico que é unha das tres catedrais españolas con planta renacentista xunto ás de Granada e Málaga. Cabe destacar tamén as súas covas habitadas.

Demografía

editar

Segundo o INE, en 2024 tiña 18.725 habitantes.

Irmandamentos

editar

Véxase tamén

editar