Málaga é unha cidade de España, capital da provincia de Málaga, en Andalucía. Está situada no extremo oeste do mar Mediterráneo e no sur da Península Ibérica, a pouco máis de 100 km ao leste do estreito de Xibraltar.

Modelo:Xeografía políticaMálaga
Imaxe

Localización
Mapa
 36°43′N 4°25′O / 36.72, -4.42Coordenadas: 36°43′N 4°25′O / 36.72, -4.42
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalMálaga City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación586.384 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.484,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie394,98 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude11 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Malaca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1834 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1487 (Gregoriano)Cerco de Málaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padrónNossa Senhora da Vitória (pt) Traducir e Ciriaco and Paula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco de la Torre (2000–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29001–29018 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico95 Editar o valor em Wikidata
Código INE29067 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmalaga.eu Editar o valor em Wikidata

Localización e características editar

Cos seus 560.631 habitantes en 2006, a cidade de Málaga é a sexta en poboación de toda España. A súa área metropolitana ten 1.099.004 hab., sendo a quinta máis populosa do estado. Demograficamente é a zona urbana máis densamente poboada (ademais de ser a capital) do conxunto de localidades que se localizan ao longo de 180 km da costa mediterránea, coñecidos como a Costa do Sol. Málaga é candidata a «Cidade Europea da Cultura» para o ano 2016.

A cidade de Málaga encóntrase rodeada de sistemas montañosos (Montes de Málaga). Dous ríos, o Guadalmedina e o Guadalhorce, pasan pola urbe, desembocando no Mediterráneo.

Historia editar

A cidade foi fundada por fenicios, procedentes de Tiro, co nome de Malaka, entre os séculos VIII e VI a.C. O nome parece que significou "porto de refuxio", segundo Nieto Ballester.

Cerca de seis séculos despois, os romanos ocuparon a cidade, xunto co resto de Hispania.

No século VIII, sería ocupada polos musulmáns, que converteron a cidade nun importante centro comercial. Málaga pertenceu primeiro ao Califato de Córdoba. Mais logo da caída da dinastía Omeia (Umayyad), foi capital do seu propio reino, entre 1026 e 1238, ata que pasou a depender do reino de Granada. Durante o período islámico, foi denominada Mālaqah (en árabe مالقة).

Málaga pasou a dominio cristián en 1487, durante a guerra contra Granada emprendida polos Reis Católicos.

Durante a sublevación militar contra a IIª República, Málaga foi ocupada por tropas italianas e, logo, sufriría unha forte represión. O boom turístico dos anos 1960, axudou ao impulso económico da cidade e as áreas próximas da Costa do Sol.

Economía editar

Cidade comercial, ten ademais no turismo unha das súas principais fontes de ingresos, fomentado polo importante aeroporto, ademais da crecente importancia do turismo de buques de cruceiro. O porto de Málaga está nun proceso de gran transformación para se converter en porto base de cruceiros, así como nun importante nodo de tráfico de contedores.

Tamén hai que destacar o pulo da cidade en industrias de novas tecnoloxías, localizadas principalmente no Parque Tecnolóxico de Andalucía, así como no sector da construción. A cidade é sede da Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos IASP, do proxecto Málaga Valley e27 e da principal entidade bancaria de Andalucía, a Caixa de Aforros Unicaja; así como das empresas malagueñas de moda infantil Mayoral e Charanga, da construtora Sando, do líder europeo en placas solares Isofotón ou a fabricante de teléfonos móbeis Vitelcom e outras multinacionais como Fujitsu España, Epcos (Siemens) ou as cervexas San Miguel.

Turismo e sitios de interese editar

Tras o devir histórico de varias civilizacións, a cidade conta co Teatro Romano, construído no século I d.C. Así como o castelo de Gibralfaro de base fenicia, construído polo rei Yusuf I na época árabe, e a Alcazaba, belo palacio-fortaleza, da mesma época.

Logo da conquista cristiá da cidade, edificouse a Catedral de Málaga ou Catedral da Encarnación, que ten como característica máis coñecida a de estar inacabada. A falla dunha das súas torres fai que os malacitanos a alcuñen, cariñosamente, como "La Manquita".

Do século XIX é o monumento a José María Torrijos, liberal español, que foi executado na cidade xunto a seus compañeiros, descansando os seus restos so o grande obelisco, erguido, na súa honra, na céntrica Praza da Mercé.

 
Casa natal de Picasso

A cidade é tamén coñecida por ser o lugar de nacemento do famoso pintor Pablo Ruiz Picasso, contando cun dos tres museos de maior importancia no mundo sobre o artista, así como a súa casa natal, sita tamén na Praza da Mercé, onde se conservan obxectos da infancia do artista máis célebre do século XX. O Museo Picasso de Málaga e mais o Centro de Arte Contemporáneo, CAC Málaga, reciben unha grande afluencia de visitantes. Esta oferta cultural levou a que Málaga optase por solicitar a candidatura de Capital Europea da Cultura para o ano 2016.

Ademais, os picos de afluencia turística prodúcense en Semana Santa e durante a Feira de Málaga, no mes de agosto, mes no que acrecentan a visitas dada a calidade das praias malagueñas.

Festas editar

A destacar:

  • Semana Santa, con vistosas procesións. Está declarada de interese turístico internacional.
  • Desde o segundo venres de agosto até o domingo da semana seguinte celebra a Feira de Agosto. Desde días previos ata o final da semana festiva, ten lugar tamén a Feira Taurina de Agosto de Málaga, con sede en La Malagueta, o seu coso taurino.

Clima editar

 
Vista do porto e da cidade

O clima de Málaga é mediterráneo subtropical húmido. A temperatura media anual é de 18 °C, sendo a máxima media de 25.4 °C en agosto e a mínima media de 11.9 °C en xaneiro. A suavidade domina o clima invernal, sendo moi excepcionais as xeadas, mentres os veráns son calorosos, normalmente húmidos excepto cando sopra o terral, un vento seco do interior, que eleva as temperaturas. Nestas situacións Málaga ten superado os 44 °C (1978 e 1994).

A humidade media é de 66 %, con 43 días de chuvia anuais, concentrados nos meses máis fríos, de feito entre os meses de novembro e xaneiro cai o 50% da precipitación media anual, que é de 524 mm. A irregularidade das chuvias evidénciase en episodios torrenciais de grande virulencia, sendo o récord de Málaga os 313 mm rexistrados no observatorio do aeroporto o 27 de setembro de 1957, e a chea do 14 de novembro de 1989. Anualmente hai 2.815 h de sol.

  Parámetros climáticos promedio no Observatorio do Aeroporto de Málaga (1971-2000)
xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 16,6 17,7 19,1 20,9 23,8 27,3 29,9 30,3 27,9 23,7 19,9 17,4 22,9
Temp. mínima (°C) 7,3 7,9 9,0 10,4 13,4 17,1 19,7 20,5 18,2 14,3 10,8 8,4 13,1
Precipitacións (mm) 81 55 49 41 25 12 2 6 16 56 95 88 524

Con todo os valores referidos ao aeroporto, sito a 10 km de distancia da cidade, son só indicativos, pois a propia Málaga ten un clima algo diferente.

Distritos editar

A cidade de Málaga está organizada en once distritos.

Distrito Distrito Mapa da cidade
1 Centro 7 Carretera de Cádiz  
2 Este 8 Churriana
3 Ciudad Jardín 9 Campanillas
4 Bailén-Miraflores 10 Puerto de la Torre
5 Palma-Palmilla 11 Teatinos-Universidad
6 Cruz de Humilladero

Galería de Imaxes editar

Artigo principal: Galería de Imaxes de Málaga.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar