O Aaiún[1] ou O Aiún[2][3] (en castelán: El Aaiún, en francés: Laâyoune, en árabe: العيون [Al-Ayun]) é unha cidade do Sáhara Occidental, considerada a súa capital pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática, pero na práctica atópase ocupada e administrada por Marrocos,​ como a maior parte do Sáhara Occidental. Está situada no interior do territorio, a 28 km da costa norte, xunto ao leito seco do río Saguia el Hamra, na rexión homónima.

Modelo:Xeografía políticaO Aaiún
العيون (ar)
El Aaiún (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 27°09′N 13°12′O / 27.15, -13.2
Territorio reivindicado porONU Editar o valor en Wikidata
Province of Morocco (en) TraducirLaâyoune (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
El Aiune-Saguia el Hamra (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación262.791 (2024) Editar o valor en Wikidata (12.513,92 hab./km²)
Número de fogares48.049 (2014) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie20,9999 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude72 m Editar o valor en Wikidata
Creación1938 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMoulay Hamdi Ould Errachid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Rúa céntrica do Aaiún.

A cidade contaba no ano 2014 cunha poboación dunhas 217.732 persoas, sendo a maior de todo o Sáhara Occidental.

Historia

editar

Foi fundada en 1938 e foi a capital do territorio de Saguia el Hamra. En 1967 tiña unha poboación de 16.300 habitantes (9.700 saharauís e 6.600 españois), e 42.500 en 1974 (24.000 saharauís e 17.500 españois).

En 2005, a cidade foi escenario de graves protestas en contra da ocupación marroquí e en apoio á independencia e da Fronte Polisario. Estas protestas tamén se produciron noutros núcleos urbanos do Sáhara Occidental, e nalgúns centros universitarios de todo Marrocos. A cidade foi recoñecida como a capital da República Árabe Saharauí Democrática por 82 estados.

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar