Lorca

cidade e concello español da Rexión de Murcia

Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².

Lorca
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaMurcia Rexión de Murcia
ProvinciaMurcia Murcia
ComarcaAlto Guadalentín
Xeografía
Altitude353 msnm
Superficie1.676 km²
Demografía
Poboación92.869 hab. (INE 2011)
Densidade55,41 hab./km²
XentilicioLorquino/na
Outros datos
Código postal30800
AlcaldeFrancisco Jódar (PP)
www.lorca.es
Castelo de Lorca.

Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.

Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.

O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.[1]

O 31 de xaneiro de 2022 foi nova polo asalto ó seu concello no medio da polémica pola limitación das macrogranxas porcinas.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar