Federico García Lorca

poeta e dramaturgo español

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.

Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.[1] Morreu fusilado polo bando franquista un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que desencadeou o inicio da Guerra civil española.

Federico García Lorca
Nome completoFederico del Sagrado Corazón de Jesús García Lorca
Nacemento5 de xuño de 1898
 Fuente Vaqueros
Falecementoagosto de 1936, 18 de agosto de 1936, agosto de 1936 e 19 de agosto de 1936
 Víznar
Causaferida por arma de fogo
Soterradovalor descoñecido
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) e Universidade de Granada
Ocupacióndirector teatral, letrista, dramaturgo e poeta
PaiFederico García Rodríguez
NaiVicenta Lorca Romero
IrmánsFrancisco García Lorca, Isabel Garcia Lorca e Concepción García Lorca
Coñecido/a porbodas de sangre, Yerma, Libro de poemas, Poeta en Nueva York, Poema del cante jondo, Así que pasen cinco años, El público, Diván del Tamarit, Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores, La casa de Bernarda Alba, Romancero gitano, Seis poemas galegos e Noche
Na rede
IMDB: nm0305030 Allocine: 37685 Allmovie: p317966 IBDB: 5514
Bitraga: 323 Dialnet: 2997550 Musicbrainz: 3e2efdb0-cd07-40e2-a39f-277c670e1d72 Discogs: 649970 IMSLP: Category:García_Lorca,_Federico WikiTree: García_Lorca-1 Find a Grave: 7014632 Genius: Federico-garcia-lorca Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu pai, Federico García Rodríguez (1859-1945), era un propietario andaluz, e a súa nai, Vicenta Lorca Romero (1870-1959), era mestra de escola. Vicenta deixou o seu traballo para dedicarse á educación do fillo, a quen lle transmitiu o amor pola música. Lorca foi un neno precoz quen lía a Victor Hugo e Miguel de Cervantes, malia non destacar na escola. En 1909 a familia trasladouse á cidade de Granada. Alí Lorca entrou nos círculos culturais locais e coñeceu a Fernando de los Ríos, Melchor Fernández Almagro e Manuel de Falla.

Comezou estudos na Universidade de Granada en 1914 e publicou o seu primeiro libro en 1918, Impresiones y paisajes. A obra estivo inspirada nunha viaxe de estudos que organizara un dos seus profesores a Galicia, onde chega por primeira vez o 25 de outubro de 1916. Visitou daquela Madrid, O Escorial, Ávila, Medina del Campo, Salamanca, Zamora, Astorga, Ourense, Redondela, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, León, Sahagún, Venta de Baños, Burgos e Segovia.[2]

En 1919 instalouse na Residencia de Estudiantes de Madrid e fixo amizade con Luis Buñuel e Salvador Dalí. Grazas á súa amizade co director do Teatro Eslava, Gregorio Martínez Sierra, escribiu a súa primeira obra teatral, en verso, El maleficio de la mariposa. Foi estreada alí en marzo de 1920, malia que só se mantivo en cartel catro días. Lorca non volveu estrear outra obra ata 1927, con Mariana Pineda, con maior éxito. Porén, seguiu a publicar poemarios como El libro de poemas (1921), Canciones (1927) ou Romancero gitano (1928).

Lorca caera nunha fonda depresión pola incomprensión por parte da súa familia da súa condición de homosexual. Mesmo considerou o filme feito polos seus amigos Dalí e Buñuel Un chien andalou (1929) como un ataque persoal. Ao mesmo tempo, estaba a deteriorarse a súa relación co escultor Emilio Aladrén, apaixonada pero non recíproca. Todo iso levouno de volta a Granada para rematar a carreira de Dereito.

En 1929, coa axuda dunha bolsa de estudos, emprendeu unha xira polos EUA. Unha estadía específica en Nova York inspiroulle o poemario Poeta en Nova York (escrito en 1930 e publicado en 1940), en que explora a súa alienación e illamento con novas técnicas poéticas. Máis adiante publicou dúas obras teatrais (Así que pasen cinco años e El público), escritas entre marzo e xuño de 1930 durante a súa estadía en Cuba.

O 25 de outubro é considerado o Día de Federico García Lorca en Galicia.

Segunda República editar

Coa chegada da Segunda República Española, o seu mentor, Fernando de los Ríos, foi nomeado Ministro de Instrución Pública. Lorca faise cargo do grupo teatral ambulante La Barraca (1932), co que percorre a España rural e achega o teatro clásico ao pobo. As diferentes actuacións lévano a Galicia, onde visita A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Baiona e Ribadeo,[3] e entra en contacto coa intelectualidade galega. Nesa época escribe a triloxía rural: Bodas de sangre (1933), Yerma (1934) e La casa de Bernarda Alba (1936). En 1933 realizou unha xira pola Arxentina. O 11 de agosto de 1934 morreu o seu amigo toureiro Ignacio Sánchez Mejías por unha cornada. O poeta dedicoulle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías.

Nesa época significouse politicamente. Asinou varios manifestos antifascistas e tiña relación con organizacións como Socorro Vermello Internacional.[4]

Guerra civil e asasinato editar

Lorca marchou de Madrid cara a súa terra antes do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En Granada refuxiouse coa familia do poeta Luis Rosales, amigo seu.[5] Sentíase máis seguro alí, pois dous dos seus irmáns eran destacados membros da Falange de Granada.[6] Con todo, o 16 de agosto de 1936 Lorca foi detido pola Garda Civil. Cos gardas estaban Juan Luis Trescastro Medina, Luis García-Alix Fernández e Ramón Ruiz Alonso, exdiputado da CEDA, quen denunciara a Lorca como espía ruso[7] no Goberno Civil de Granada. Segundo o historiador Ian Gibson, Lorca estaba acusado de «ser espía dos rusos, estar en contacto con estes por radio, ser secretario de Fernando de los Ríos e ser homosexual».[8]

Semella definitivamente probado que Federico García Lorca foi fusilado ás 4:45 h da madrugada do 18 de agosto[9][10][7][11]nun camiño entre Víznar e Alfacar. O seu corpo, nunca recuperado,[12] permanece enterrado nunha fosa común anónima nalgún lugar desas paraxes. Xunto ao seu, está o cadáver dun mestre nacional, Dióscoro Galindo, e os dos anarquistas Francisco Galadí e Joaquín Arcollas Cabezas, xunto a quen foi executado o poeta.[13]

O autor material dos feitos foi o terratenente falanxista Juan Luis Trescastro Medina, quen diría máis tarde:

Acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón.[14]

Lorca en Galicia editar

 
Seis poemas galegos, con prólogo, en castelán, de Eduardo Blanco Amor (E.B.A), Nós, 1935.[3]
Artigo principal: Seis poemas galegos.

Federico García Lorca visitou Galicia por primeira vez en 1916 nunha viaxe de estudos. En Madrid, na Residencia de Estudiantes, coñeceu o musicólogo galego Jesús Bal y Gay, co que ensaiaba cántigas do folclore musical galego. Nesa época lía tamén os cancioneiros galego-portugueses e a autores galegos como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio.

En 1931 coñeceu a Ernesto Guerra da Cal, nacionalista galego que residía en Madrid dende a infancia. A través del entrou en contacto co ambiente galeguista de Madrid e asistía ós faladoiros que mantiñan Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo, quen daquela eran deputados.

En maio de 1932 realizou a súa segunda viaxe a Galicia para dar unha serie de conferencias. En Compostela fixo amizade con Carlos Martínez-Barbeito, a cal se afianza ao marchar este a estudar a Madrid ese mesmo ano.

En agosto de 1932 visitou Galicia por terceira vez coa compañía teatral "La Barraca", e actuou en varias cidades e vilas galegas. En novembro ditou unha serie de conferencias xunto con Xosé Filgueira Valverde. Estreou na revista Yunque de Lugo o primeiro dos seus poemas galegos: Madrigal â cibdá de Santiago, escrito co asesoramento de Francisco Lamas López e Luís Manteiga.

 
Ernesto Guerra da Cal e Lorca en Madrid en 1934.[15]

En 1933 Eduardo Blanco Amor, entón correspondente do xornal arxentino La Nación, coñeceu a Lorca e presentouno na Arxentina. Así, cando Lorca viaxou á Arxentina, recibiu unha calorosa acollida, en especial pola comunidade galega. En agradecemento, Lorca escribiu Cántiga do neno da tenda. De volta en España, desenvolveu unha intensa relación con Blanco Amor, quen mesmo pasou algunhas tempadas na casa familiar de Lorca en Fuente Vaqueros.

Animado polo ourensán, Lorca accedeu a publicar os seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos en 1935 coa Editorial Nós.[3] Eran composicións naturais e espontáneas que lembraban os poemas publicados en Canciones (1927), mais ó mesmo tempo insírense na tradición literaria galega. Eduardo Blanco Amor, autor do limiar (aínda que en castelán), sempre mantivo que os poemas eran esencialmente creacións de Lorca, tanto dende o punto de vista lingüístico como estilístico. Porén, Ernesto Guerra da Cal afirmaba que fora el quen os vertera en galego, visión apoiada por Xosé Luís Franco Grande. Con todo, o resto das investigacións déronlle a razón a Blanco Amor.

Obra editar

Prosa editar

Poesía editar

  • Libro de poemas (1921)
  • Oda a Salvador Dalí (1926)
  • Canciones (1927)
  • Romancero gitano (1928)
  • Poema del cante jondo (1931, [1921])
  • Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935)
  • Seis poemas galegos (1935), Santiago de Compostela, Nós.[17]
  • Diván del Tamarit (1936)
  • Sonetos del amor oscuro (1936)
  • Poeta en Nova York (1940, [1929])[18]

Teatro editar

 
Lorca, Pura Maortua e Valle-Inclán na preestrea de Yerma, Madrid, 1934.[19]
 
Placa na praza de Sta María de Lugo.

Con versión en galego editar

As obras de Lorca que contan cunha versión publicada en galego son:

Recoñecementos editar

Levan o seu nome rúas, avenidas, prazas, parques, centros culturais, auditorios, un buque da navieira Baleària e o aeroporto de Granada, oficialmente chamado Federico García Lorca Granada-Jaén.[26]

En 2018 dedicóuselle o Día do Orgullo Galego.[27] En 2019, o concello de Redondela propúxolle á Real Academia Galega que lle dedicase a Lorca un Día das Letras Galegas.[28]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Federico García Lorca. Biografía" (en castelán). Instituto Cervantes. 
  2. Mariscal, Luis (2018). Alvarellos, H., ed. El gran viaje de estudios de García Lorca (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-35-9. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Iglesias López, Francisco Xabier (14/11/2014). "Seis poemas galegos". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  4. Preston 2016, p. 121
  5. Preston 2016, p. 121
  6. Una vida en breve, Christopher Maurer. Fundación Federico García Lorca. Consultado o 10 de agosto de 2014.
  7. 7,0 7,1 Preston 2016, p. 122: aquí se indica a madrugada do 19 de agosto.
  8. Federico García Lorca, De Nueva York a Fuente Grande (1929-1936), Ian Gibson. Grijalbo, Barcelona, 1987. vol. II, pág. 476.
  9. Titos Martínez 2005, pp. 45-64, 122.
  10. Valverde, Fernando (1 de xuño de 2005). "Un libro aporta datos sobre el asesinato de García Lorca". El País. 
  11. Preston 2011, p. 248.
  12. Bustelo, Gabriela (agosto de 2006). "¿Quién mató a García Lorca?". Arcadia (11): 12. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  13. "Familiares de fusilados junto a Lorca piden a Garzón la exhumación de los cuerpos". Diario de Mallorca. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 2009. 
  14. Preston 2011.
  15. Pérez Rodríguez 2011.
  16. Impresiones y paisajes Biblioteca Digital Hispánica.
  17. Alvarellos, H., ed. (2018). Seis poemas galegos (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-53-3. Arquivado dende o orixinal (facsímile) o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 Edición de Poeta en Nova York do ano 2020, na páxina web da Editorial Galaxia.
  19. Alvarellos, Quique (4/11/2018). "García Lorca recita, en galego, en Torrejón". La Voz de Galicia. 
  20. García Lorca, Federico (1999). Menarini, Piero, ed. El maleficio de la mariposa. Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-1706-0. 
  21. Estreada en galego por Sarabela Teatro en 2003 (Así que pasen cinco anos).
  22. "El Aula de Teatro de la UA estrena la obra inacabada de Lorca “Comedia sin título”". Alicantehoy (en castelán). 18/5/2017. 
  23. "Lluis Pasqual destroza el escenario en 'Comedia sin título'". El País (en castelán). 24/5/1989. 
  24. "Una 'Comedia sin título'" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09/06/2020. Consultado o 19/6/2017. 
  25. Mantilla, Jesús Ruiz (16/12/2016). "La inacabada ‘Comedia sin título’ de Lorca ya tiene final". El País (en castelán). 
  26. Aeropuerto F.G.L. Granada-Jaén Aena.
  27. "O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'". Praza Pública. 18/6/2018. Consultado o 19/6/2018. 
  28. Leis, Iván (9/2/2019). "Redondela propondrá a la RAG que dedique un Día das Letras Galegas a Federico García Lorca". Faro de Vigo (en castelán). 
  29. Huerta de San Vicente, Granada Museo Raíña Sofía.
  30. Pérez Rodríguez 2011.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Multimedia externa
Gravacións de son
  "Alberti recita poemas de Lorca". UNLP. 1961. 
Vídeos
  "Para todos la 2" (en castelán). La 2. 2011. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar