El maleficio de la mariposa

Obra de teatro de Federico García Lorca

El maleficio de la mariposa é a primeira obra teatral do escritor andaluz Federico García Lorca, membro da xeración do 27. Escrita en verso, foi estreada o 22 de marzo de 1920 no Teatro Eslava de Madrid, dentro da programación do Teatro de arte de Gregorio Martínez Sierra e a súa esposa, María de la O Lejárraga. Con só catro representacións, apupos incluídos, supuxo un total fracaso para o seu autor. O texto é unha parábola sobre a frustración, o amor e a morte; os dous últimos son temas recorrentes na obra de Lorca. Está protagonizada por uns insectos -cascudas ou "curianitas"- que dan á historia un ambiente inquietante, con aires de conto infantil, pero en cuxo seo se encerra un drama profundamente humano, tal e como se advirte no prólogo:

El maleficio de la mariposa
AutorFederico García Lorca
Xénerodrama
Actos3 actos
Publicación
Linguacastelán
Posta en escena
Lugar de estreaTeatro Eslava
Data de estrea22 de marzo de 1920
editar datos en Wikidata ]
¿Por qué os causan repugnancia algunos insectos limpios y brillantes que se mueven graciosamente entre las hierbas? ¿Y por qué a vosotros los hombres, llenos de pecados y vicios incurables, os inspiran asco los buenos gusanos que pasean tranquilamente por la pradera tomando el sol en la mañana tibia? ¿Qué motivo tenéis para despreciar lo ínfimo de la Naturaleza? […] Dile al hombre que sea humilde. ¡Todo es igual en la Naturaleza![1]

Foi estreada con figurines de Rafael Barradas e decorados de Mignoni tras ser rexeitados os decorados de Barradas por La Argentinita,[2] que facía os danzables da obra no papel principal de bolboreta. A obra contou tamén con música incidental de Edvard Grieg, instrumentada por José Luís Lloret.

Argumento editar

A obra consta de varios personaxes como: Curianito, o Nene; Dona Curiana; Curianita Silvia; Alacranito, o cortamimbres; Mariposa; Curianas gardiás; Gusano número 1; Gusano número 2; Gusano número 3; entre outros.

Nunha comunidade de curianitas -ou cascudas- destaca Curianito entre os demais pola súa vocación poética, sendo desprezado polo resto de membros, entre eles a súa nai e a súa pretendente, a Curianita Silvia, á que el rexeita sistematicamente. A chegada dunha bolboreta coa á rota, moribunda, suporá un gran cambio para a visión que Curianito ten do mundo, que se namorará profundamente, e, no momento en que se declara, morre a bolboreta nunha danza (que na representación encarnou La Argentinita), provocando á súa vez a tráxica morte de Curianito.

Notas editar

  1. García Lorca, Federico (2009). Piero Menarini, ed. El maleficio de la mariposa. Cátedra. 
  2. Existe certa polémica sobre si foi La Argentinita ou o mesmo Lorca quen rexeitou os decorados, pero asemellan concluíntes as fontes achegadas por Piero Menarini: Menarini (2009). El maleficio de la mariposa. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar