Microsoft
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
Historia
editarFoi fundada inicialmente para desenvolver e vender intérpretes de BASIC para o Altair 8800. A mediados dos anos 80 conseguiu dominar o mercado de ordenadores persoais co sistema operativo MS-DOS. A compañía iniciou unha oferta pública de venda no mercado de valores en 1986, a cal, debido á subida de cotización das accións, levou a catro empregados a converterse en milmillonarios e a 12.000 en millonarios.
Durante a súa historia, foi obxecto de críticas por parte da Comisión Europea e do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, que a acusaron de realizar prácticas monopolísticas.
Microsoft afianzou a súa posición noutros mercados como o dos sistemas operativos e suites de oficina, con recursos como a rede de televisión por cable MSNBC, o portal de Internet MSN, ou a enciclopedia multimedia Microsoft Encarta. A compañía tamén comercializa hardware, como o rato de Microsoft e produtos de entretemento caseiro como Xbox, Xbox 360, Zune ou MSN TV (antes WebTV). Microsoft deu soporte aos seus usuarios a través de Usenet en grupos de noticias e en Internet; tamén premia coa categoría de Microsoft MVP (Most Valuable Professional) a aqueles voluntarios que demostran ser útiles na asistencia á clientela.
A súa web oficial é unha das páxinas máis visitadas da rede. Segundo Alexa, en maio de 2008 recibía máis de 2,4 millóns de visitas únicas, co que se situaba como a 14ª web con máis visitas do mundo.
Produtos
editarSistemas operativos: MS-DOS, Windows (Windows 1.0, Windows 3.X, Windows 95, Windows 98, Windows ME, Windows 2000, Windows XP, Windows 2003 Server, Windows Vista, Windows Longhorn Server, Windows 7, Windows 8 e Windows 10).