Microsoft Office

suite de ofimática

Microsoft Office é unha suite ofimática desenvolvida pola empresa Microsoft e que conta con versións para os sistemas operativos Windows e Mac OS.

Microsoft Office
Desenvolvedor(es)Microsoft
Última versión15.0.4505.1510
(19 de xuño de 2013)
Sistema operativoWindows, Mac
TipoOfimática
Sitio webOffice.Microsoft.com

Características editar

Os tres programas 'centrais' ou básicos en toda versión desta suite son Microsoft Word, Microsoft Excel e Microsoft Powerpoint; procesador de texto, folla de cálculo e ferramenta de presentacións, respectivamente. As versións para Windows inclúen tamén o programa de xestión de bases de datos Microsoft Access e o xestor de correo electrónico Microsoft Outlook. Outros programas poden aparecer dependendo da versión de Office escollida.

O seu éxito nos Macintosh foi case inmediato, non así nos PC, nos cales as alternativas como WordPerfect tiñan a meirande parte da cota de mercado. A versión 95, e sobre todo a 97 suporán o dominio do mercado por parte de Microsoft.

Actualmente, alternativas de balde e libres como LibreOffice comezan a abrirse paso pouco a pouco, pero sen ameazar de momento a posición de monopolio de facto coa que conta a compañía estadounidense neste sector.

As últimas versións son Office 2010 para Windows e Office 2011 para Macintosh. Precisamente Microsoft, tras un convenio coa Xunta, presentou no ano 2004 a tradución ó galego da versión Windows.

Composición editar

Na actualidade, a familia Microsoft Office está formada por:

Notas editar

  1. "Microsoft, Nortel unveil ICA's first products". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar