MS-DOS

primeiro sistema operativo para o PC da IBM

MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.

MS-DOS


Instancia deDOS, sistema operativo e single-user operating system (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Subclase deplataforma Editar o valor en Wikidata
Influído porCP/M (pt) Traducir, Xenix e UNIX Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza MIT e licenza de propiedade Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribución5¼-inch floppy disk (en) Traducir e 3½-inch floppy disk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
PlataformaIntel 8086 (pt) Traducir e IBM PC compatible Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónlinguaxe ensambladora Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUliña de comandos Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Publicación12 de agosto de 1981 Editar o valor en Wikidata
Creación12 de agosto de 1981 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorMicrosoft Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porQDOS Editar o valor en Wikidata
Sucedido porMicrosoft Windows Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBmicrosoft.com… Editar o valor en Wikidata
Repositoriogithub.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesador Intel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como PC-DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.

Versións

editar
  • PC DOS 1.0 - agosto de 1981 - Versión inicial, IBM PC
  • PC DOS 1.1 - maio de 1982, daba soporte a disquetes de dúas caras.
  • MS-DOS 1.25 - maio de 1982 - Primeira versión que se empregou en hardware non IBM
  • MS-DOS 2.0 - marzo de 1983 - Introducido para xestionar o IBM XT, incorporaba soporte para disco ríxido, e incluía elementos collidos de Unix como os subdirectorios.
  • PC DOS 2.1 - outubro de 1983
  • MS-DOS 2.11 - marzo de 1984
  • MS-DOS 3.0 - agosto de 1984 - deseñado para soportar o IBM AT coa posibilidade de discos ríxidos máis grandes e disquetes de 1.2MB
  • MS-DOS 3.1 - novembro de 1984
  • MS-DOS 3.2 - xaneiro de 1986 - admitía unidades de disquetes de 3'5 polgadas.
  • PC DOS 3.3 - abril de 1987
  • MS-DOS 3.3 - agosto de 1987 - con capacidade para crear múltiples particións no disco ríxido.
  • MS-DOS 4.0 - xullo de 1988 - xestionaba discos ríxidos con particións de máis de 32 MB e ata 512 MB. Nova interface gráfica e permitía o emprego da memoria expandida
  • MS-DOS 4.01 - novembro de 1988 -
  • MS-DOS 5.0 - xuño de 1991 - En resposta ao DR-DOS proporciona controladores para xestionar novas ampliacións de memoria, incorpora editor, liguaxe de programación QBasic
  • MS-DOS 6.0 - marzo de 1993 - En resposta ao DR-DOS 6.0, incluía unha ferramenta de compresión de disco e MemMaker, administrador de memoria ampliada. Versión con moitos fallos polo que foi substituída por:
  • MS-DOS 6.2 - novembro de 1993
  • MS-DOS 6.21 - febreiro de 1994
  • PC DOS 6.3 - abril de 1994
  • MS-DOS 6.22 - xuño de 1994
  • PC DOS 7.0 - abril de 1995
  • MS-DOS 7.0 - agosto de 1995 - Incluída en Windows 95.
  • MS-DOS 7.1 - agosto de 1996
  • MS-DOS 8.0 - setembro de 2000 - Incluída en Windows ME.
  • PC DOS 2000 - Derradeira versión da familia de MS-DOS

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar