Lista de comandos do MS-DOS

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista dos comandos máis empregados do sistema operativo MS-DOS de Microsoft.

Nesta lista, cando un comando pode aceptar máis dun nome de ficheiro ou un nome de arquivo con comodíns (* e ?), dise que aceptan un parámetro ficheirospec. Os comandos que só aceptan un nome de arquivo dise que aceptan un parámetro ficheiro.

Para moitos dos comandos tamén se da a súa equivalencia cós de Unix.

Commandos editar

attrib editar

Cambia ou amosa os atributos dun ou máis ficheiros. Por defecto amosa os atributos de tódolos ficheiros no directorio actual.

Opcións

  • Para engadir un atributo inclúese un '+' diante.
  • Para quitar un atributo inclúese un '-' diante.

Atributos

  • R - só lectura
  • A - ficheiro
  • S - sistema
  • H - oculto
attrib [+|-ahrs] [''ficheirospec'']

Equivale ao comando de Unix chmod. En Linux o comando chattr tamén realiza funcións similares.

cd editar

Cambia o directorio actual.

cd ''directory''

Equivale ao comando de Unix cd (con parámetros), ou pwd (sen parámetros).

chkdsk editar

Verifica a integridade do sistema de ficheiros dun disco duro ou disquete

Opcións

  • /F - amaña os erros do disco
  • /V - amosa a dirección completa e nome de tódolos ficheiros do disco
chkdsk ''unidade'' [[ruta]ficheiro] [/F] [/V]

Equivale ao comando de Unix fsck.

cls editar

Limpa a pantalla.

cls

Equivale ao comando de Unix clear.

copy editar

Copia ficheiros dun lugar a outro. O destino por defecto é o directorio actual. Se se indican múltiples ficheiros de orixe, o destino debe ser un directorio ou da como resultado un erro.ror will result.

Atributos

  • /a - modo texto, copia o contido de texto do ficheiro, parando cando chega ao carácter de fin de ficheiro.
  • /b - modo binario, concatena os ficheiros enteiros, ignorando os caracteres de fin de ficheiro.
copy ''ficheirospec'' [''destino'']

Equivale ao comando de Unix cp.

copy dispositivo editar

Empregado desta forma, o comando copy permite escribir datos dende o dispositivo dado ao ficheiro especificado ata que se atopa có carácter de fin de ficheiro (carácter 26 do código ASCII, tecléase con ctrl-Z). O dispositivo máis común e con (consola), có que copy con ficheiro permite escribir directamente nun ficheiro.

copy ''dispositivo'' ''ficheiro''

En Unix esta función ven dada polo comando cat. cat > ficheiro (sendo ctrl+D para rematar) sería o equivalente a este comando.

defrag editar

Defragmenta unha unidade de disco

defrag ''letraunidade''

Non ten equivalente en Unix.

del editar

Borra un ficheiro dado

del ''ficheiro''

Equivale ao comando de Unix rm.

deltree editar

Elimina un directorio xunto con todos os ficheiros e subdirectorios que conteña. Antes de o facer realiza unha pregunta de confirmación.

Atributos

  • /y - Non amosa a pregunta de confirmación
deltree [/y] ''directorio''

En Unix a función de deltree vén dada polo comando rm có parámetro -r.

dir editar

Amosa o contido dun directorio

Atributos

  • [unidade:][ruta][ficheiro] - Especifica a unidade, directorio e/ou ficheiros a listar.
  • /A - Amosa arquivos con atributos específicos:
    • D - directorios.
    • R - ficheiros de só lectura.
    • H - ficheiros ocultos.
    • A -
    • S - ficheiros do sistema.
    • - - prefixo para non amosar.
  • /B - Usa o formato nu (sen información de cabeceira ou sumario).
  • /C[H] - Amosa relacións de compresión nun volume comprimido.
  • /L - Emprega minúsculas.
  • /O - Lista de ficheiros segundo:
    • N - por nome (alfabeticamente).
    • S - por tamaño (os máis pequenos primeiro).
    • E - por extensión (alfabeticamente).
    • D - por data/hora (os máis antigos primeiro).
    • G - grupos de directorios primeiro.
    • - - prefixo para reverter a orde.
  • /P - Pausa despois de cada pantalla de información.
  • /S - Amosa os ficheiros no directorio especificado e tódolos subdirectorios.
  • /T - Controla o campo de tempo que se amosa ou se emprega para ordenar:
    • C - Creación.
    • A - Último acceso.
    • W - Última modificación.
  • /W - Emprega formato ancho de lista.
  • /4 - Amosa anos de 4 díxitos.
DIR [/A[[:]atributos]] [/B] [/C] [/D] [/L] [/N] [/O[[:]orde]] [/P] [/Q] [/S]
    [/T[[:]campodetempo]] [/W] [/4] [unidade:][ruta][ficheiro]

Equivale ao comando de Unix ls.

echo editar

Imprime os seus propios argumentos a saída estándar, normalmente a pantalla, aínda que pode ser redirixido coma calquera outro comando. Emprégase habitualmente nos ficheiros batch para amosar texto ao usuario.

echo ''isto é texto'' Amosa 'isto é texto'
echo. Amosa unha liña en branco

Outro uso importante do comando echo é acender ou apagar a saída por pantalla de comandos nos ficheiros batch.

echo on acende o eco dos comandos
echo off apaga o eco dos comandos

É equivalente ao comando de Unix echo.

exit editar

Sae do procesador de comandos.

EXIT

Tamén existe nos shells Unix.

fc editar

Compara dous ficheiros ou conxuntos de ficheiros e amosa as diferenzas entre eles.

Atributos

  • /A - Amosa só a primeira e a última liña de cada conxunto de diferenzas.
  • /B - Realiza unha comparación binaria.
  • /C - Non ten en conta as maiúsculas/minúsculas.
  • /L - Compara os ficheiros como texto ASCII.
  • /LBn - Limita o máximo número de diferenzas consecutivas a un número especificado de liñas.
  • /N - Amosa os números de liña nunha comparación ASCII.
  • /T - Non expande tabulacións a espazos.
  • /W - Comprime os espazos en branco (tabulacións e espazos) para a comparación.
  • /nnnn - Especifica o número de liñas consecutivas que deben coincidir tras unha diferencia.
  • [unidade1:][ruta1]ficheiro1 - Especifica o primeiro ficheiro ou conxunto de ficheiros a comparar.
  • [unidade2:][ruta2]ficheiro2 - Especifica o segundo ficheiro ou conxunto de ficheiros a comparar.
FC [/A] [/C] [/L] [/LBn] [/N] [/T] [/W] [/nnnn] [unidade1:][ruta1]ficheiro1 [unidade2:][ruta2]ficheiro2

FC /B [unidade1:][ruta1]ficheiro1 [unidade2:][ruta2]ficheiro2

Equivale aos comandos de Unix comm, cmp e diff.

fdisk editar

Manipula táboas de partición de discos duros. Cando se executa na liña de comandos amosa un menú con distintas operacións :

1. Crear unha partición DOS ou Unidade Lóxica DOS
2. Elixir a partición activa
3. Eliminar unha partición ou Unidade Lóxica DOS
4. Amosar información das particións 
5. Cambiar o disco duro actual

Fdisk existe en Unix có mesmo nome pero é un programa completamente diferente, aínda que ten o mesmo propósito.

find editar

É un filtro empregado para atopar unha cadea de caracteres específica nun ficheiro ou ficheiros

Atributos

  • /V - Amosa tódalas liñas que non conteñan a cadea.
  • /C - Amosa só a conta de liñas que conteñen a cadea.
  • /N - Amosa os números de liña que conteñen a cadea.
  • /I - Ignora as maiúsculas/minúsculas.
  • "cadea" - Especifica a cadea de texto a procurar.
  • [unidade:][ruta]ficheiro - Especifica o ficheiro ou ficheiros a procurar.
FIND [/V] [/C] [/N] [/I] "cadea" [[unidade:][ruta]ficheiro[ ...]]

Equivale ao comando de Unix grep.

format editar

Elimina tódolos ficheiros no disco e reformatéao para MS-DOS.

Atributos

  • /V[:etiqueta]- Especifica a etiqueta de volume.
  • /Q - Realiza un formateo rápido.
  • /F:tamaño - Especifica o tamaño do disquete a formatear (160, 180, 320, 360, 720, 1.2, 1.44, 2.88).
  • /B - Aloxa espazo no disco formateado para os ficheiros de sistema.
  • /S - Copia ficheiros de sistema no disco formateado.
  • /T:pistas - Especifica o número de pistas por lado do disco.
  • /N:sectores - Especifica o número de sectores por pista.
  • /1 - Formatea un só lado dun disquete.
  • /4 - Formatea un disquete de 5.25" 360Kb.
  • /8 - Formatea oito sectores por pista.
  • /C - Testea os clústeres que estean marcados como defectuosos.
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/F:tamaño] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/T:pistas /N:sectores] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/1] [/4] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/Q] [/1] [/4] [/8] [/B | /S] [/C]

É equivalente ao comando de Unix mkfs.

help editar

Amosa a axuda. con help comando obtemos axuda dun comando específico.

É parcialmente equivalente ao comando de Unix man.

label editar

Cambia a etiqueta dunha unidade lóxica, coma por exemplo unha partición do disco duro ou un disquete

md editar

Crea un novo directorio. O directorio pai do que es especifica debe existir previamente.

md ''directorio''

Equivale ao comando de Unix mkdir.

mem editar

Amosa o uso da memoria.

mem

Equivale ao comando de Unix free.

more editar

Pasa de páxina a través da saída permitindo ver máis dunha pantalla de texto.

 ''command'' | more

Equivale aos comandos de Unix more e less.

move editar

Move ficheiros ou cambia de nome directorios

move ''ficheiro'' ''novonome''

move ''letraunidade:\vellodir'' ''letraunidade:\novodir''

Equivale ao comando de Unix mv.

msd editar

Amosa información técnica detallada sobre o hardware e software presente no ordenador

msd

Non ten equivalente en Unix.

rd editar

Elimina un directorio, que debe estar baleiro.

rd ''directorio''

Equivale ao comando de Unix rmdir.

ren editar

Cambia o nome dun ficheiro. Non se pode usar para cambiar o nome de subdirectorios ou de ficheiros a través de unidades. Pode usarse para cambiar o nome de ficheiros en masa empregando comodíns.

ren ''filename'' ''newname''

En Unix esta función vén dada polo comando mv, mentres que para cambiar o nome en masa se emprega o coamndo rename.

scandisk editar

É unha utilidade de diagnóstico de discos, substitúe a utilidade chkdsk.

sort editar

Filtra un arquivo para escoller liñas dun ficheiro de entrada e mandalas a un de saída.

sort < ''ficheiroentrada'' > ''ficheirosaida''

Equivale ao comando de Unix sort.

time / date editar

Establece ou amosa a data e a hora do sistema.

date

time

Equivale ao comando de Unix date.

tree editar

Amosa a árbore de directorios do directorio actual

Atributos

  • /F - Amosa os nomes dos ficheiros de cada directorio.
  • /A - Emprega caracteres ASCII en vez dos caracteres estendidos.
tree [/F] [/A] [''directorio'']

Equivale ao comando de Unix find.

type editar

Amosa o contido dun arquivo. O comando more pode usarse en conxunción con este comando da forma type ficheiro | more.

type ''filename''

O comando equivalente en Unix é cat.

ver editar

Amosa a versión de MS-DOS que se está a empregar. Algunhas versións do MS-DOS soportan un atributo /r que amosa a revisión ademais da versión.

ver [/r]

Equivale ao comando de Unix uname.

xcopy editar

Copia ficheiros e árbores de directorios incluíndo tódolos seus contidos.

Atributos

  • orixe - Especifica o(s) ficheiro(s) a copiar.
  • destino - Especifica a localización e/ou nome dos novos ficheiros.
  • /A - Copia ficheiros cós seus atributos, sen cambialos.
  • /D:data - Copia ficheiros cambiados na data especificada ou máis tarde.
  • /P - Pide confirmación antes de crear cada ficheiro de destino.
  • /S - Copia directorios e subdirectorios agás os que estean baleiros.
  • /E - Copia directorios e subdirectorios, incluso os que estean baleiros.
  • /W - Pide confirmación antes de comezar a copiar.
  • /C - Continúa copiando incluso se ocorre algún erro.
  • /I - Se non existe o destino e se copia máis dun ficheiro asume que o destino debe ser un directorio.
  • /Q - Non amosa o nome dos ficheiros mentres copia.
  • /F - Amosa o nome completo dos ficheiros de orixe e destino mentres copia.
  • /L - Amosa os ficherios que se van a copiar.
  • /H - Copia ficheiros ocultos e de sistema.
  • /R - Sobrescribe ficheiros de só lectura.
  • /T - Crea a estrutura de directorios pero non copia ficheiros. Non inclúe directorios ou subdirectorios baleiros.
    • /T /E - Inclúe directorios e subdirectorios baleiros.
  • /U - Actualiza os ficheiros que xa existen previamente no destino.
  • /K - Copia atributos.
  • /Y - Sobrescribe ficheiros existentes sen preguntar.
  • /-Y - Pregunta antes de sobrescribir ficheiros existentes.
XCOPY orixe [destino] [/A] [/D[:data]] [/P] [/S [/E]] [/W] [/K] 
                      [/C] [/I] [/Q] [/F] [/L] [/H] [/R] [/T] [/U]

En Unix unha función similar obtense có comando cp.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar