Abrir o menú principal

MSN ou Microsoft Network é un provedor de servizos por internet e un portal creado pola empresa Microsoft o día 24 de agosto de 1995, coincidindo co lanzamento mundial do sistema operativo Windows 95.

CaracterísticasEditar

MSN distribúe servizos como contas de correo en Hotmail, posibilidades de mensaxería instantánea (co protocolo .NET Messenger Service) a través do programa MSN Messenger, un servizo de blogs (MSN Spaces) ou un motor de buscas, MSN Search.

En EE.UU., MSN é o segundo ISP con máis de 9 millóns de clientes, America Online é o líder con algo máis de 26 millóns. A páxina web de MSN é tamén a segunda máis visitada de Internet, por detrás de Yahoo!.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar